Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública do Plan parcial do solo urbanizable delimitado número 11 (SUD-11) Muíño de Vidán.

A Xunta de Goberno Local da cidade de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 7 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial de ordenación do SUD-11 (Muíño de Vidán), presentado con data do 28 de decembro de 2012 por Zoar Residencia, S.L., coa condición de que, antes da exposición pública, se emenden as deficiencias anteriormente sinaladas, ademais das que se recollen nos informes emitidos polos arquitectos xefes dos servizos de programación e de planeamento.

Segundo. Unha vez que se emenden as deficiencias sinaladas, someterase o expediente a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase citación persoal aos propietarios das parcelas afectadas, segundo figuran no Catastro, e publicarase o correspondente edicto no Boletín Oficial da provincia.

Durante o trámite de información pública solicitaranse os informes das empresas subministradoras de servizos, o do organismo autónomo Augas de Galicia e o do director xeral do Patrimonio Cultural.

Con data do 13 de maio de 2013, a promotora presentou un documento de cumprimento do sinalado no acordo de aprobación inicial.

O citado expediente sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e, de ser o caso, formulen as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible