Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29745

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre varias actividades (expedientes 40337/422, 40320/422, 40335/422 e 39717/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a continuación se indican:

1. Solicitante: Enrique Gil Piñeiro. Actividade: taller mecánico do automóbil. Localización: rúa Mantelas, nº 69. Expediente: 40337/422.

2. Solicitante: Carmen Ceres Vega-Leal. Actividade: centro veterinario. Localización: avda. Alcalde Gregorio Espino, nº 50. Expediente: 40320/422.

3. Solicitante: Imes Api, SAT. Actividade: taller auxiliar de reparacións eléctricas. Localización: subida ao cemiterio de Puxeiros-Cabral, nº 33. Expediente: 40335/422.

4. Solicitante: Manuel López López. Actividade: elaboración e venda de comida. Localización: rúa Pizarro, nº 60. Expediente: 39717/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 19 de xuño de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos e Patrimonio