Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29736

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva da reforma do Plan parcial modificado do sector do solo apto para urbanizar (SAU Z-12)-Lendo.

1. O Pleno do Concello da Laracha, en sesión ordinaria do día 30 de marzo de 2011, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a reforma do Plan parcial modificado do sector do solo apto para urbanizar (SAU Z-12)-Lendo, tramitado por instancia de Celsa Atlantic, S.L., redactado por Grupo Taller de Arquitectos y Urbanistas La Coruña, S.L., visado con data do 17 de abril de 2008, e plano O.2’ visado o día 5 de febreiro de 2009 e planos O.4a’ e O.4b’ visados o día 17 de febreiro de 2009.

Segundo. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do plan parcial, así como o acordo correspondente, no Boletín Oficial da provincia, que non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorrese o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime Local.

Terceiro. Os planos e documentos aprobados definitivamente serán dilixenciados polo secretario da Corporación.

Cuarto. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dando traslado de copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan.

Recursos. Este acordo será recorrible mediante:

Recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación, ou directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.

Pódese exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

2. De acordo co sinalado no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publicouse no BOP número 70, do día 12 de abril de 2011, o texto dos documentos que o integran.

3. En cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o acto de aprobación definitiva do citado plan parcial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 28 de xuño de 2013.

A Laracha, 28 de xuño de 2013

José Manuel López Varela
Alcalde