Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29735

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a silo trincheira en formigón armado e fosa de xurro en formigón armado en Olveira.

María del Carmen Gómez Santos solicita deste concello licenza para ampliación de explotación familiar de vacún de leite con destino a silo trincheira en formigón armado e fosa de xurro en formigón armado en Olveira. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comenzará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 18 de xullo de 2013

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde