Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29659

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (765/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíza que a dita: Flora Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 10 de xuño de 2013.

Demandante: Carolina Álvarez Requejo.

Procuradora: María Victoria Soñora Álvarez.

Demandado: Alfredo Carranza Espindola.

Procedemento: ordinario 765/2010-N (ETS-resto).

Decido que estimando a demanda promovida pola procuradora María Victoria Soñora Álvarez en nome e representación de Carolina Álvarez Requejo fronte a Alfredo Carranza Espindola debo condenar e condeno este a aboarlle a cantidade de 54.000 € máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá perante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto na conta deste expediente 3561-0000- indicando, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alfredo Carranza Espindola, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 12 de xuño de 2013