Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: Jesusa Blanco Esmorís.

Último enderezo coñecido: Baio, 15150 Zas (A Coruña).

Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Ramón Fuentes Castiñeira contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baio (Zas-A Coruña), poñemos no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que o afecta.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, edificios administrativos de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 47 68.

Modificación que se propón:

1. Trazar un camiño público sobre a servidume de paso que daba acceso ás parcelas excluídas do polígono 6 das bases, reorganizando todas os predios dese lugar.

2. Modificar a configuración xeométrica do predio nº 674 do polígono 7 do acordo (do propietario nº 56), quedando unha superficie de 2.007 m2 e 1.046,15 puntos de valor.