De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Baio (Zas-A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural
ANEXO
Expediente: trámite de audiencia.
Interesado: Manuel G. Rodríguez García.
Último enderezo coñecido: Baio, 15150 Zas (A Coruña).
Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por Carmen Torrado Torrado, en representación de Matilde Torrado Torrado, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Baio (Zas-A Coruña), poñemos no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que o afecta.
Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos e está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.
O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural e do Mar, edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Teléfono 981 54 47 68.
Modificación que se propón:
1. Modificar a configuración xeométrica do predio nº 397 do polígono 4 do acordo (do propietario nº 413), que queda coa mesma superficie e valor en puntos que no acordo.