Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 28 de xuño de 2013 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións e das bateas Lema I e R.T. I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Lema I e R.T. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 7 de xuño de 2013, Antonio Martínez Lojo, en representación da comunidade de herdeiros de Juana Lijó Fernández, solicitou autorización para transmisión das concesións e das bateas Lema I e R.T. I.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro), de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Antonio Martínez Lojo (19656770G) 3/6 privativos e o 100 % do usufruto, Manuela Martínez Lijó (76506552L), Esperanza Martínez Lijó (33254223H) e Antonio Martínez Lijó (33281237F) e adxudicar 1/6 a cada un dos fillos por partes iguais en núa propiedade, das concesións e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lema I.

Localización:

Cuadrícula nº: 7.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 14.10.1964.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R.T. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 66.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 25.2.1957.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Antonio Martínez Lojo e Juana Lijó Fernández (19656770G-35382609F) 100 % gananciais.

Novos titulares: Antonio Martínez Lojo (19656770G) 3/6 privativos e o 100 % do usufruto, Manuela Martínez Lijó (76506552L), Esperanza Martínez Lijó (33254223H) e Antonio Martínez Lijó (33281237F), adxudícase 1/6 a cada un dos fillos partes iguais en núa propiedade.

Os novos titulares quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do 12 de abril de 2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar