Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 26 de xuño de 2013 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión das bateas Cuco I, Melayro XV e Melayro XVII.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión das bateas Cuco I, Melayro XV e Melayro XVII e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 21 de marzo de 2013, Elena Rodríguez Freire solicitou autorización para transmisión da concesión das bateas anteriormente citadas.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG nº 97, do 22 de maio), e na Orde do 8 de maio de 2000, que modifica a do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor das concesións administrativas das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Cuco I.

Localización:

Cuadrícula nº: 64.

Polígono: B.

Distrito: Muros

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 11.3.1964.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro XV.

Localización:

Cuadrícula nº: 58.

Polígono: B.

Distrito: Muros.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 26.6.1975.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro XVII.

Localización:

Cuadrícula nº: 70.

Polígono: B.

Distrito: Muros.

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde outorgamento: 24.7.1974.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Elena Freire Mayo (76446777K), Elena Rodríguez Freire (33285276K) e Montserrat Celia Rodríguez Freire (33285277E).

Nova titular: Mejilloneras Elemont, S.L. (B15945041).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas das anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

(P.D. 20.1.2012)
P.D. de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar