Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2013, da XefaturaTerritorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Celanova (expediente IN407A 2012/50-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Asociación Arraianos.

Domicilio social: Santiago de Amoroce.

Denominación: LMT e CT Facenda O Agro.

Situación: Celanova.

Características técnicas: as características das instalacións figuran no proxecto presentado a trámite, asinado en Ourense en setembro de 2012 polo enxeñeiro técnico industrial Jorge Ferreirós Lama, colexiado nº 125, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense co nº 120797 do 1.10.2012, coas modificacións introducidas polo anexo 1, que foi redactado polo mesmo técnico e presentado o día 11.3.2013, sendo os seus datos básicos os seguintes:

– LMT aérea, a 20 kV, de 1.257 m de lonxitude con condutor LA-56 e orixe no apoio existente da compañía distribuidora ao CT 32A×94, e remate no CT aéreo intemperie proxectado, Facenda O Agro, de 50 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT subterránea de 12 m de lonxitude con condutor RV 0,6/1 kV derivada do CT proxectado Facenda O Agro.

– Orzamento: 39.623,16 €.

Vistas as alegacións presentadas pola empresa Yeguada GR, S.L., que facían alusión a determinadas servidumes e limitacións asi como á afección á área de protección dunha mámoa, alegacións que se referían precisamente ao trazado inicial da LMT, as cales foron consideradas polo promotor da instalación ao presentar a trámite o indicado anexo 1 ao proxecto, para correxir aquelas irregularidades.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación e o seu anexo 1, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 17 de xuño de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense