Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Electra de Cabalar, S.L.
Domicilio social: Arnoso, 1, 15613 A Capela.
Denominación: punto fronteira no Pazo e LMTS a CT Barcia.
Situación: concello de Cabanas.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,421 km, con orixe no centro de seccionamento prefabricado proxectado e final no CT Barcia existente, no cal se instalará unha cela de liña-entrada con autoválvulas (expediente 371/03), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).
– Centro de seccionamento prefabricado (CS) con rede de alimentación a 15 kV, equipado con 2 celas de liña, 1 cela de protección, 1 cela de medida, 1 cela de transformador monofásico e equipamentos de control e medida.
– 1 cela de liña con autoválvulas que se instalará no CT Barcia.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 20 de xuño de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña