Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29392

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da venda dunha parcela de titularidade municipal na Cruz (San Salvador de Budiño).

Por Decreto da Alcaldía, do 10 de xuño de 2013, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: venda dunha parcela de titularidade municipal, de 204,03 m2, sita na Cruz (San Salvador de Budiño), no concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto, cun único criterio de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: 16.750 € (IVE non incluído), mellorable á alza.

5. Garantías: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 17 de xuño de 2013

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde