Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da subministración de asfalto e formigón ao Concello do Porriño.

Por Decreto de Alcaldía, con data do 28 de xuño de 2013, aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expdt. 26/13).

2. Obxecto do contrato: subministración de asfalto e formigón ao Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 130.000 € (IVE incluído). Prazo de execución 1 ano.

5. Orzamento por lotes: lote 1. Subministración de asfalto: 90.000 € (74.380,17 € + 15.619,83 € en concepto de IVE). Lote 2. Subministración de formigón: 40.000 € (33.057,85 € + 6.942,15 € en concepto de IVE). Os prezos unitarios veñen determinados nos pregos.

6. Garantías: non se esixen.

7. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

8. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

9. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

10. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 28 de xuño de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde