Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de transporte do persoal sanitario nos puntos de atención continuada de Ferrol, Fene e Narón (AB-ASF1-13-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións.

c) Número de expediente: AB-ASF1-13-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte do persoal sanitario nos puntos de atención continuada de Ferrol, Fene e Narón.

c) Lotes (de ser o caso): tres lotes.

– Lote 1: Punto de Atención Continuada de Ferrol.

– Lote 2: Punto de Atención Continuada de Fene.

– Lote 3: Punto de Atención Continuada de Narón.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60140000-1.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación: DOG nº 69, do 10 de abril de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 195.973,02 euros.

5. Orzamento base de licitación:

– Lote 1: 30.862,22 € (sen IVE); 33.948,45 € (con IVE).

– Lote 2: 23.551,44 € (sen IVE); 25.906,58 € (con IVE).

– Lote 3: 30.792,00 (sen IVE); 33.871,20 € (con IVE).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 27 de xuño de 2013.

b) Data de formalización do contrato: 1 de xullo de 2013.

c) Contratistas:

– Lotes 1 e 3: Empresa Monforte, S.A.

– Lote 2: Mario Pita Jarel.

d) Importe ou canon de adxudicación:

– Lote 1: 30.090,67 € (sen IVE); 33.099,74 € (con IVE).

– Lote 2: 23.551,44 € (sen IVE); 25.906,58 € (con IVE).

– Lote 3: 30.790,00 € (sen IVE); 33.869,00 € (con IVE).

Ferrol, 3 de xullo de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol