Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Alfoz (expediente IN407A 2013/11-2, 8094 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT 11604 Vilaúde.

Situación: concello de Alfoz.

Características técnicas:

– Desmontaxe da LMTA a 20 kV de 24 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, de derivación ao CTC 11604 Vilaúde e demolición do CTC existente.

– LMTS a 20 kV con orixe nun, paso aéreo a subterráneo en apoio de celosía existente e final no CTC Vilaúde proxectado, cunha lonxitude de 15 metros en condutor tipo RHZ1-150.

– CT en edificio prefabricado tipo E.P. baixo poste, cunha potencia proxectada de 250 kVA, unha potencia inicial de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Adecuación das RBT do CTC 11604 Vilaúde.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo