Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pontenova (expediente IN407A 2013/8-2, 8091 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: reforma CT 12958 Vides.

Situación: concello da Pontenova.

Características técnicas:

– Demolición da caseta que alberga o actual CTC V12958 Vides.

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio de celosía existente na LMT A Pontenova e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 98 metros en condutor LA-56.

– CTI Vides, cunha potencia proxectada de 160 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– Adecuación das RBT do CTI 12958 Vides.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de xuño de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo