Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento de LMT lugar Castelo da Rocha.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión soterrada (LMTS), a 20 kV, circunvalación a Santiago (expediente 10.513) de dobre circuíto, en substitución dun tramo de liña aérea triple circuíto que cruza o xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha, cunha lonxitude de 779 m, sendo un primeiro treito de 301 m (expediente IN407A 2004/479) e un segundo treito de 44 m (expediente IN407A 2007/552) ambos en canalización existente, e que ten orixe en punto de acceso á rede existente (expediente IN407A 2004/479) e final en punto de acceso á rede proxectada (expediente IN407A 2013/020) con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240) Al.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 21 de xuño de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña