Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 10 de xullo de 2013 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R002/1/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, dado que se ignora o lugar para realizar a notificación persoal.

O acto foi adoptado polo instrutor do expediente do Servizo de Consumo da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de xullo de 2013

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R002/1/2013.

Interesada: Internia (Victoria Busquet Lawrence).

NIF: 43120829S.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente.