1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2013-011.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministracións.
b) Descrición do obxecto: subministración de equipamento de servidores, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).
c) CPV: 48820000-2.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 21.5.2013.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 198.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 198.000,00 euros. Importe total: 239.580,00 euros.
6. Financiamento.
Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13; nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) e con cargo á aplicación orzamentaria 06-A1.611A.626.0 do Cixtec para o exercicio 2013, onde existe crédito adecuado e suficiente, no seu orzamento de capital, para atender as obrigas derivadas desta contratación.
O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigo 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro de 2009.
7. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 28.6.2013.
b) Data de formalización do contrato: 1.7.2013.
c) Contratista: Hewlett Packard Española, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 165.000,00 euros. Importe total: 199.650,00 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable