Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 28999

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, do 4 de xullo de 2013, polo que se aproba o anuncio da convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante na citada institución.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

Resolvo:

Facer público o Acordo da Comisión de Goberno, do 4 de xullo de 2013, polo que se aproba o anuncio da convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia e se ordena a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia polo que se aproba anuncio da convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia

De acordo co artigo 3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, a Comisión de Goberno

ACORDA:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indican no anexo I deste acordo.

Segundo. Poderán concorrer a el os funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Domingo Fontán, nº 7, Santiago de Compostela), directamente ou polas formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntarlle á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo citado no anexo I deste acordo un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento en que presta servizos, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado ao Consello de Contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o que foi seleccionado/a.

Sexto. Esta convocatoria será resolta pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia.

Sétimo. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Oitavo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición, ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte o da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Anexo I

Nº vacantes: 1.

Nº do posto de traballo: 042.

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Subgrupo: A2.

Nivel C. destino: 26.

Específico: 16.143,36 €.

Adscrición administracións públicas: A12 (C.A. Galicia, outras CC.AA., Estado e corporacións locais).

Méritos preferentes: experiencia en auditoría de contas.

missing image file
missing image file