Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29004

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (645/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza:

Maxistrada xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: 19 de xuño de 2013.

Demandante: General Electric Capital Bank, S.A.

Avogado: Jordi Bosh Viñas.

Procurador: Francisco Javier Toucedo Rey.

Demandados: José Luis Anido Mosquera, con DNI 36000530-X e José Antonio Pazos Leiros, con DNI 35279119-V.

Procedemento: procedemento ordinario 645/2012 MC.

Sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda interposta por General Electric Capital Bank, S.A., contra José Luis Anido Mosquera e José Antonio Pazos Leiros, debo condenar e condeno estes en forma solidaria a lle aboar á demandante a cantidade de 13.075,53 euros máis os xuros de demora do 5,01 % euros diarios desde a data de liquidación do saldo ata o seu completo pagamento, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo Concepto a indicación Recurso seguida do código 02 Civil-Apelación.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación Recurso seguida do código 02 Civil-Apelación.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo Observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, mándoo, acórdoo e asínoo.

A maxistrada xuíza

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados José Luis Anido Mosquera e José Antonio Pazos Leiros, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 21 de xuño de 2013

O secretario