Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (457/2013).

María Luisa Filgueiras Jaspe, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento número 457/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago García García contra a empresa Restaurante Los Bastones, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se expediu as seguintes cédulas de citación:

– Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 457/2013.

Persoa á cal se cita: Restaurante Los Bastones, S.L., como parte demandada.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao acto de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo a tales actos coas probas de que se intente valer e tamén, se a parte contraria o pide, e o Tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 27.9.2013, ás 11.45 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita na planta 4, sala 9, edificio dos xulgados ao acto de conciliación ante a secretaria xudicial e, en caso de non avinza, ás 11.45 horas do mesmo día, na planta 4, sala 9, edificio dos xulgados ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 LPL/LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intente valer (art. 82.2 LPL/82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con aqueles que legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer á persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco dias de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.2 LPL/90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas: interrogatorio representante legal demandada.

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do art. 53.2 LXS (art.53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC); fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales se lle convoca (art. 83 LPL/LXS 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder os quince días.

Lugo, 22 de maio de 2013.

A secretaria xudicial.

– Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: despedimento/cesamentos en xeral 457/2013.

Persoa que se cita: José Luis Fernández Pérez, representante legal demandada.

Obxecto da citación: comparecer na sala de audiencia deste xulgado, co obxecto de practicar interrogatorio de partes; advírteselle que, en caso de non comparecer, se poderán ter por recoñecidos os feitos cuxa fixación como certos lle sexan enteiramente prexudiciais.

A incomparecencia do litigante, sen mediar escusa previa, á práctica da proba de interrogatorio de parte determinará a imposición a este dunha multa de 180 a 600 euros, de conformidade co previsto no artigo 292-1º LAC.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 27.9.2013, ás 11.45 horas na sede do Xulgado do Social número 1, sita en planta 4, sala 9, edificio dos xulgados.

Lugo, 22 de maio de 2013.

A secretaria xudicial.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á empresa Restaurante Los Bastones, S.L. e a José Luis Fernández Pérez, expídese o presente edicto.

Lugo, 2 de xullo de 2013

A secretaria xudicial