Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29012

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1001/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza:

En Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013

Susana Villarino Moure, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos estes autos 1001/2012, promovidos ante este xulgado do Social sobre despedimento, extinción contractual e cantidade, por instancia de María de los Ángeles Castaño Dopazo, asistida polo graduado social Francisco Javier Castro Freire, contra Servanza, S.L., que non comparece, Fogasa, que non comparece, ditou esta sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María de los Ángeles Castaño Dopazo contra Servanza, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a lle aboar á demandante 3.183,39 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), e desestimo as accións de despedimento e resolución contractual. Non procede condenar o Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra a ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2013