Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación ordinaria, da subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2013 (6/13-I), con dous lotes (expediente 35/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2013 (6/13-I), con dous lotes.

c) División por lotes e número: si. Lote 1: subministración e entrega dun mínimo de 13.240 quilos de bloqueante-inhibidor do lume. Lote 2: subministración e entrega dun mínimo de 70.000 litros de retardante a longo prazo.

d) Prazo de execución. Lote 1: primeira entrega: nun máximo de 7 días naturais desde o seguinte ao da sinatura do contrato (ou o prazo menor ofertado polo licitador). Entregas sucesivas: 36 horas, desde a notificación da entrega. Lote 2: primeira entrega: nun máximo de 4 días naturais desde o seguinte ao da sinatura do contrato (ou o prazo menor ofertado polo licitador). Entregas sucesivas: 36 horas, desde a notificación da entrega.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 35111520-6.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 182.628,00 €; IVE (21 %): 38.351,88 €; importe total: 220.979,88 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 182.628,00 €.

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas H e I da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas. Definitiva: lote 1: 3.111,40 €; lote 2: 6.020,00 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas); 981 54 60 56 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19259

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar