Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de xullo de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao expediente 43/82.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o 19 de xuño de 2013 figura o acordo seguinte:

Monte Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo (expediente 43/82), pertencentes aos veciños da parroquia de Santa María e Santiago, no termo municipal de Viveiro, e clasificados como veciñais en man común por Resolución do Xurado Provincial do 11 de febreiro de 1985. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. O 16 de maio de 2013, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para os montes Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo, que quedan cunha superficie de 400,84 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con el.

Ao descoñecer o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio deste anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o devandito acordo.

Lugo, 1 de xullo de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo