Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 1 de xullo de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado relativo ao expediente 94/79.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o 19 de xuño de 2013 figura o acordo seguinte:

Monte Rebordela, Currais e Forcadura e Fonterredonda (expediente 94/79), pertencentes aos veciños da parroquia de Vilaesteva de Herdeiros, no termo municipal de Láncara, e clasificados como veciñais en man común por Resolución do Xurado Provincial do 5 de decembro de 1980. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión que tivo lugar o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. En marzo de 2013, o Servizo de Montes, por instancia da comunidade propietaria, elabora unha proposta de novo esbozo para os montes Rebordela, Currais e Forcadura e Fonterredonda, que quedan cunha superficie de 56,5126 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia no nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con el.

Ao descoñecer o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio deste anuncio, e conforme o disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ponse no seu coñecemento o dito acordo.

Lugo, 1 de xullo de 2013

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo