Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 2 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles require documentación ás persoas solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59 e 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así, se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, nº 9 ).

A Coruña, 2 de xullo de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expediente

Concello

Documentación requirida

Efectos

Núñez Pérez, Mónica

76728415R

212/I/13

A Coruña

Contradición e xustificar estado civil

Desistido