Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 2 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se lles require documentación aos beneficiarios de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 76 e 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos interesados, requírense para que no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo, advertíndolles que, de non facelo así se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado, e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (r/ Salvador de Madariaga, nº 9).

A Coruña, 2 de xullo de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Boquete López, Mª Josefa

32771855Y

108/X/98

Ordes

Xustificar domicilio fiscal

Suspensión

Martínez Pérez, Carmen

33053244J

1234/X/01

O Pino

Pensión Arxentina

Suspensión

Montoya Ventos, Silvia

45870319Q

390/I/12

Melide

Libro de familia ou fe de vida e estado da interesada

Suspensión

Paredes González, Rosa

32330749V

49/I/07

A Coruña

Pensión compensatoria 2012 e xustificación inicio trámites actualización

Suspensión

Ramírez Montoya, Álvaro

45425009D

473/I/01

Padrón

Fe de vida e estado e convivencia fillos

Suspensión

Suárez Salazar, Carmen

32671135A

1/I/10

Ferrol

Renda 2011 interesada

Suspensión