Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 173/2011).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171 A Coruña.

Denominación: LMT, CTI, RBT, Lume de Suso (proxecto e anexo I).

Situación: concello de Coristanco.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea tramo I, a 20 kV, cunha lonxitude 1,140 km, con condutor LA-56/54,6 mm2, con orixe en apoio existente s/n da LMT CBA-807 Carballo, no tramo entre o CT Centiña (expediente IN407A 1997/405) e o CT Carrizal (expediente IN407A 2003/109), e final en paso aéreo a soterrado a realizar no apoio nº 9 proxectado da LMT a CT Lume de Suso, onde se instalara un seccionador tipo SXS.

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,204 km, con orixen en paso aéreo-subterráneo a realizar en apoio nº 9 proxectado da LMT aérea a CT Lume de Suso, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 3(1×95) mm2 Al, e final en paso aéreo-soterrado a realizar en apoio nº 9/1 proxectado da LMT aérea a CT Lume de Suso.

Liña de media tensión aérea tramo II, a 20 kV, cunha lonxitude 0,204 km, con condutor LA-56/54,6 mm2, con orixe en apoio nº 9/1 proxectado da LMT aérea a CT Lume de Suso, e final no CT Lume de Suso proxectado. Así mesmo, instalarase un elemento de manobra SXS no apoio anterior a derivada a CT Rabuxenta (expediente IN407A 1994/53).

Centro de transformación intemperie (CTI) Lume de Suso, de potencia 100 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Rede de baixa tensión aérea, con orixe no CTI proxectado e unha lonxitude total de 270 m, sendo 170 m en condutor RZ-0,6/1 kV-2×25 Alm e 100 m en condutor
RZ-0,6/1 kV 3×150/95 Al e sobre apoios de formigón.

Resultando os seguintes feitos:

Primeiro. Por Resolución do 26 de agosto de 2011 esta xefatura territorial someteu a información pública, a solicitude de autorización administrativa, e declaración de utilidade pública do proxecto, en concreto, de acordo co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A resolución foi publicada no DOG do 23 de setembro de 2011, no BOP do 14 de setembro de 2011 , e no diario La Voz de Galicia do 9 de setembro de 2011, así mesmo consta o certificado de exposición ao público no taboleiro de anuncios do concello de Coristanco. Do mesmo xeito, notificouse aos propietarios dos bens e dereitos afectados.

Segundo. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, deuse traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizo de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, incluíndo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Remitíronse separatas aos seguintes organismos:

– Ao Concello de Coristanco, e a Telefónica de España. Non contestaron, reiteróuselles a solicitude sen ter resposta.

– A Augas de Galicia e ao Servizo de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os dous informaron favorablemente con condicionantes. A empresa promotora amosou a súa conformidade ao respecto.

Terceiro. Durante o período de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

Mª del Carmen Rodríguez Gerpe quen alega poñendo de manifesto o seu desacordo co trazado, dado que supón unha perda da súa propiedade, solicita que se faga o menor dano posible e, se é o caso, que se modifique o trazado.

Cuarto. As alegacións foron remitidas á empresa promotora, que contestou nos seguintes termos:

En relación coa alegación de Mª del Carmen Rodríguez Gerpe (predios nº 15 e 16), a empresa promotora responde que o prexuízo que se lle ocasione na propiedade será valorado no seu momento, e no caso de que o proxecto se declare de utilidade pública polo Xurado de Expropiación de Galicia sempre e cando non fose posible chegar a un acordo amigable, e que o proxecto se realizou segundo o disposto no punto 1.5.1. da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, que establece que as liñas eléctricas aéreas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen, considerando que o proxecto cumpre a normativa de aplicación; que non se producen limitacións ou prohibicións á constitución de servidume de paso establecidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico e 161 do Real decreto 1955/2000.

Quinto. Con data do 13 de setembro de 2012 a empresa presentou un anexo I LMT, CTI, RBT Lume de Suso que ten por obxecto modificar a LMT ao CT Lume de Suso como consecuencia dos cambios no proxecto orixinal polas obras da nova vía de alta capacidade AG-14 Carballo-Berdoias. Así, no dito anexo instálanse dous apoios en fin de liña, un a cada lado do viaduto da nova vía, dentro do límite de expropiación da estrada, soterrando un tramo de liña pola vía de servizo da nova estrada, que discorrerá por debaixo do viaduto.

Sexto. Por Resolución do 24 de outubro de 2012 esta xefatura territorial someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, e declaración de utilidade pública, en concreto, do anexo I, de acordo co establecido no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A resolución foi publicada no DOG do 27 de novembro de 2012, no BOP do 16 de novembro de 2012, e no diario La Voz de Galicia do 9 de novembro de 2012, así mesmo consta o certificado de exposición ao público no taboleiro de anuncios do concello de Coristanco. Do mesmo xeito, notificouse aos propietarios dos bens e dereitos afectados.

Remitíronse separatas aos seguintes organismos:

– Ao Concello de Coristanco, a Augas de Galicia e ao Servizo de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Os tres organismos informaron favorablemente con condicionantes que foron aceptados pola empresa promotora.

Sétimo. Durante este novo período de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

1) Manuel Pereira Gómez (predio nº 21), a cal alega que a liña pase pola marxe lateral da parcela.

2) Mª del Carmen e Digna Rodríguez Gerpe (predios 13, 15 e 16) alegan poñendo de manifesto o seu desacordo co trazado, dado que supón unha perda da súa propiedade; din que anteriormente xa presentaron outra alegación sen resposta; consideran que existen outras alternativas a ese trazado que non as prexudicaría.

3) María Carmen Seoane Torres (predio nº 19), alega que no sucesivo as comunicacións e trámites relacionados co expediente se fagan ante os herdeiros que identifica e sinala o domicilio; solicita información que consta no expediente de expropiación do predio, en especial a económica, e se é suficiente a documentación que achega para tramitar os cambios de titularidade.

4) María Carmen Seoane Torres (predio nº 19), alega que se remitiron notificacións aos herdeiros co domicilio ao revés.

Oitavo. As alegacións foron remitidas á empresa promotora, que contestou nos seguintes termos:

1) En relación coa alegación de Manuel Pereira Gómez (predio 21), a empresa promotora responde que a proposta suporía aumentar as afeccións nos predios nº 20 e 22 sen que os seus propietarios amosasen a súa conformidade coa proposta e que o solicitante non demostrou o cumprimento das condicións requiridas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Indica que o proxecto se realizou segundo o disposto no punto 1.5.1. da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008 que establece que as liñas eléctricas aéreas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, as prescricións que nesta instrución se establecen, considerando que no proxecto se respectan e cumpren coa normativa de aplicación.

Sinala que non se producen limitacións ou prohibicións á constitución de servidume de paso recollidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico e 161 do Real decreto 1955/2000 e que o prexuízo que se lle ocasione na propiedade será valorado no seu momento polo Xurado de Expropiación de Galicia, sempre e cando non fose posible chegar a un acordo amigable.

2) En relación coa alegación de Mª del Carmen e Digna Rodríguez Gerpe (predios nº 13, 15 e 16), a empresa promotora responde que respondeu a alegación do 24 de setembro de 2011 con data do 31 de outubro de 2011 polo que entende cumprida a tramitación regulamentaria e que a alegación reproduce as alegacións xa presentadas, polo cal reitera o manifestado ao respecto.

3) En relación coa alegación de María Carmen Seoane Torres (predio nº 19) a empresa promotora responde que se corrixe a titularidade do predio nº 19, e que entende que a propietaria ten comparecido no expediente.

4) En relación coa alegación de María Carmen Seoane Torres, a empresa promotora responde que toma nota dos enderezos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE nº 246, do 24 de xullo); a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro); o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; e o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, que establece os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 34, do 16 de febreiro).

Segundo. No presente expediente cumpríronse os trámites sinalados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Terceiro. A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións obxecto deste expediente, cumpren coa normativa vixente, isto é: a Lei 54/1997, do 27 de novembro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación (BOE número 288, do 1 de decembro); o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE número 68, do 19 de marzo); e o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE número 224, do 18 de setembro).

Cuarto. Á vista das alegacións formuladas e das contestacións achegadas pola empresa solicitante, cómpre facer unhas previas consideracións de carácter xeral en relación coa descrición dos bens afectados, coas peticións de modificación de trazado e coa valoración económica deses bens:

1) As manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, así como a medición e descrición exacta das superficies e bens afectados, faranse constar no levantamento da acta previa á ocupación, momento para o que os interesados afectados serán oportunamente convocados mediante notificación. Este acto desenvolverase de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

2) De conformidade co disposto no punto 1.5 da Instrución Técnica Complementaria ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose, en todo caso, ás prescricións que nesta instrución se establecen. É dicir, o trazado da liña será o elixido polo autor do proxecto, sempre que cumpra os requisitos xerais e de seguridade que establece o propio Real decreto 223/2008, de 15 de febreiro, e non infrinxa as limitacións e prohibicións que para a constitución de servidumes de paso de liñas aéreas establecen o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o artigo 161 do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro.

3) Polo que respecta á valoración dos terreos e bens afectados, para o caso de que as partes non acaden un acordo previo, a determinación do prezo xusto corresponde ao Xurado de Expropiación de Galicia, de conformidade coas normas establecidas no capítulo III da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e no tamén capítulo III do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Polo que se refire, en concreto, ás alegacións formuladas polos interesados afectados, ademais do sinalado nos tres puntos anteriores deste cuarto fundamento de dereito, cómpre manifestar o seguinte:

1) Respecto ás solicitudes de variación de trazado da liña aérea (alegacións de Manuel Pereira Gómez, Mª del Carmen e Digna Rodríguez Gerpe), esta xefatura territorial reitérase no establecido no punto 1.5. da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro. Así mesmo, non consta acreditado que no dito tramo existan limitacións á constitución de servidume de paso recollidas no artigo 57 da Lei do sector eléctrico e 161 do Real decreto 1955/2000.

2) Respecto a posibles erros na titularidade das parcelas (alegación de María Carmen Seoane Torres) indicar que a empresa promotora solicita a corrección da titularidade; así mesmo cabe dicir que sería durante o levantamento de acta previa á ocupación, acto ao cal deben ser convocados os interesados conforme establece o artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, onde se describirán o ben ou dereito expropiable e se farán constar todas as manifestacións e datos que acheguen uns e outros e que sexan útiles para determinar os dereitos afectados, os seus titulares, o valor daqueles e os prexuízos determinantes da rápida ocupación. O punto 1 do artigo 4 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, establece que: a declaración de utilidade pública levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3) Como consecuencia da construción da autovía AG14 Carballo-Berdoias o promotor presentou o anexo I ao proxecto, no cal se soterra a liña aérea proxectada dentro da zona delimitada en planos como límites de edificación da autovía, desaparecendo da relación de bens e dereitos afectados, os predios nº 23, 24 e 25, e se reduce a afección aérea nos predios nº 22 e 26.

4) Respecto á indemnización polo valor dos bens e dereitos a expropiar (alegacións de Mª del Carmen e Digna Rodríguez Gerpe e María Carmen Seoane Torres), cómpre citar que non corresponde a este momento procedemental, toda vez que segundo establece o artigo 156 do Real decreto 1955/2000, efectuada a ocupación do terreo, tramitarase o expediente de expropiación e imposición de servidume nas súas fases de prezo xusto e pagamento, segundo a regulación establecida na Lei de expropiación forzosa e as súas normas de desenvolvemento, así mesmo, a indemnización polo valor dos bens e dereitos a expropiar determinarase de conformidade co previsto no capítulo III do título II da Lei de expropiación forzosa; correspondendo a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a Comunidade Autónoma, ao Xurado de Expropiación de Galicia (artigo 232 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia); de conformidade coas normas establecidas no capítulo III da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e no tamén capítulo III do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, de 26 de abril de 1957.

De acordo co anterior, e no exercicio das competencias atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar, aprobar o proxecto de execución e o seu anexo I, e declarar de utilidade pública, en concreto, as ditas instalacións, nas que as características se axustarán en todas as partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 5 de xullo de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña