Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 29 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil Eurocontrol y Accesos, S.L.

O 31 de outubro de 2007, a entidade mercantil Eurocontrol y Accesos, S.L., co CIF B36917713, no seu centro situado na rúa Conde de Torrecedeira, 75 baixo, 36202 Vigo, solicitou a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Coa solicitude de inscrición presenta a declaración ambiental validada así como o resto da documentación exixida no Decreto 185/1999.

O 21 de xaneiro de 2008 procédese á inscrición do centro sito na rúa Conde de Torrecedeira, 75 baixo, 36202 Vigo, e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000148.

Na citada declaración ambiental facíase constar que esta tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada non se recibiu por parte de Eurocontrol y Accesos, S.L. ningún tipo de comunicación.

Enviouse comunicación escrita á devandita entidade mercantil, mediante notificación con xustificante de recepción con data 4.2.2011, na cal se informaba que de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, procederíase a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), sen obter ningún tipo de resposta ou comunicación por parte de Eurocontrol y Accesos, S.L

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presenta a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non paga a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presenten as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificarase á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta secretaría xeral, en virtude da competencia que lle outorgan o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade mercantil Eurocontrol y Accesos, S.L., co CIF B36917713, no seu centro situado na rúa Conde de Torrecedeira, 75 baixo, 36202 Vigo, á cal se lle concede un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da dita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental