Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 28 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade mercantil SIMCO, S.L.

O 29 de outubro de 2007, a empresa SIMCO, S.L. co CIF B36690485, con domicilio social en rúa Igrexa, nº 81, Valadares, Vigo (Pontevedra), solicitou a inscrición no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Coa solicitude de inscrición presenta declaración medioambiental validada así como o resto da documentación exixida no Decreto 185/1999.

O 11 de decembro de 2007 procédese á inscrición do centro sito na rúa Rans, 17, Praia América, 36369 Nigrán (Pontevedra), e pertencente á dita entidade mercantil, no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000128.

Na citada declaración ambiental facíase constar que esta tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Rematado este prazo dun ano para a presentación da seguinte declaración ambiental validada non se recibiu por parte de SIMCO, S.L. ningún tipo de comunicación.

Enviouse comunicación escrita á devandita entidade mercantil, mediante notificación con xustificante de recepción o 4.2.2011, na cal se informaba que de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, se procedería a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), sen obter ningún tipo de resposta ou comunicación por parte de SIMCO, S.L.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS) dispón que «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presenta a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non paga a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro, e informará de tal medida a dirección do centro».

Considerando que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado e concédeselle un prazo de quince días para que presenten as alegacións, documentos e xustificacións que xulgue oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificarase á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e no artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade mercantil SIMCO, S.L. co CIF B36690485, con domicilio social na rúa Igrexa, nº 81, Valadares, Vigo (Pontevedra); concédeselle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da devandita Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental