Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2013 Páx. 29023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da subministración de contedores de lixo de carga traseira para a recolla de residuos urbanos.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 3/2013 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18671

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de contedores de lixo de carga traseira para a recolla de residuos urbanos.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 44613800-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 165.285,00 €.

5. Orzamento base de licitación: Importe neto: 165.285,00 €. Importe total: 199.994,85 €.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17.6.2013.

b) Data de formalización do contrato: 26.6.2013.

c) Adxudicatario: Plastic Omnium Sistemas Urbanos, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 165.278,82 €; Importe total con IVE: 199.987,37 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012, DOG nº 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas