Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28876

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre instalación de cabina de pintura en taller de maquinaria agrícola, guindastres e elementos hidráulicos para a automoción (expediente 7048/13).

Por instancia da entidade Hidramaq Deza, S.L., representada por Marcos Rielo Crespo, estase a tramitar no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza para a instalación de cabina de pintura en taller de maquinaria agrícola, guindastres e elementos hidráulicos para a automoción, sito na nave número 11, Ciudad del Transporte, Parque Empresarial Lalín 2000, Lalín (Pontevedra) (expediente núm. 7048/13).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 12 de xullo de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo