Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28877

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas

ANUNCIO de modificación dos estatutos federativos para a súa adaptación á Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Aprobada a modificación dos estatutos pola asemblea xeral da Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas, en reunión extraordinaria do 22 de marzo de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 21 de maio de 2013 e de conformidade co artigo 54.7 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación de diversos artigos dos seus estatutos, depositándose copia íntegra deles no Rexistro de entidades deportivas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte.

Vigo, 13 de xuño de 2013

José Luis Olazabal Ibars
Presidente da Federación Galega de Loita e Disciplinas Asociadas