Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28874

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación para adaptar o edificio sito na rúa Europa, número 12, ás condicións de accesibilidade exixibles.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio, Ambiente, Infraestruturas e Territorio, con data do 5 de xuño de 2013, por delegación do alcalde a través de decreto do 13 de xuño de 2011, emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado na rúa Europa, 12, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titulares: Enrique Bellagona Cedeira e Mª Josefa Vega Fernández.

Ben: local comercial planta baixa.

Terreo rexistral: 23.156 do Rexistro da Propiedade nº 2 da Coruña.

Tipo de afección: parcial.

Superficie afectada: 2,57 m2.

2. En virtude do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

3. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e estará exposto na Oficina Municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

4. Requirirlle á comunidade de propietarios do edificio situado na rúa Europa, 12, en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que con anterioridade á aprobación definitiva do expediente deposite o importe ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a seiscentos noventa euros con oitenta e dous céntimos (690,82 €)».

O que se publica para os efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 5 de xuño de 2013

P.D.
Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio