Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 41/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Número de expediente: 41/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza do albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín), do albergue xuvenil Area (Viveiro), do campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo) e do campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 90, do 13 de maio de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 203.473,64 € IVE (10 %): 20.347,36 €.

Importe total: 223.821,00 €.

5. Formalización:

a) Data: 26 de xuño de 2013.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L. (CIF B36932309).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Importe neto: 200.116,36 €, IVE (10 %): 20.011,64 €.

Importe total: 220.128,00 €.

Lugo, 28 de xuño de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo