Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña (expediente 47/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial da Coruña.

c) Número de expediente: 47/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración, mantemento e limpeza das instalacións dos campamentos xuvenís de Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son na provincia da Coruña.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 98, do 24 de maio de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 166.255,45 euros. IVE (10 %): 16.625,55 euros. Importe total: 182.881,00 euros.

5. Formalización:

a) Data: 20 de xuño de 2013.

b) Contratista: Galicia Vella de Inversiones y Logística, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 166.255,45 euros. IVE (10 %): 16.625,55 euros. Importe total: 182.881,00 euros.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

P.D. (Orde 19.8.2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña