Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas pola contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, reguladas na Orde do 11 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 73, do 16 de abril) relativa aos expedientes TR347H 2008/000065-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR347H 2008/000065-1.

Nome ou razón social: Tecalglass, S.L.

DNI/NIF: B70074364.

Último enderezo coñecido: rúa Entrerríos-Bertamiráns, 8, P2, 1º B, 15220 Ames (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000103-1.

Nome ou razón social: Escandón Aguilar, Mª Magdalena.

DNI/NIF: 09400525-B.

Último enderezo coñecido: rúa do Porto, 9, Aguiño, 15965 Ribeira (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000162-1.

Nome ou razón social: Mouronte Liz, Mª Carmen.

DNI/NIF: 32626980-P.

Último enderezo coñecido: César Alvajar Diéguez, 1, 5B, 15009 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000241-1.

Nome ou razón social: Desafío Joven Galicia.

DNI/NIF: G15967003.

Último enderezo coñecido: avenida da Constitución, 71, entr., 15930 Boiro (A Coruña).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR347H 2008/000261-1.

Nome ou razón social: Equipo de Analistas Socioeconómicos, S.L.

DNI/NIF: B15264096.

Último enderezo coñecido: rúa dos Matos, 7, 15189 Culleredo (A Coruña).