Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28698

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 2 das normas subsidiarias deste concello.

Aprobadas inicialmente a modificación puntual nº 2 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilaboa, a ordenación detallada do sector UDI-4 Connorsa e a proposta de convenio urbanístico presentada pola empresa Connorsa, por Acordo do Pleno do 25 de xuño de 2013, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que o integran, á disposición de calquera que queira examinalo para que presente as alegacións que xulgue convenientes.

Quedan suspendidas, de conformidade co disposto no artigo 77.2 e 3 da Lei 9/2002, e 120 do Regulamento de planeamento, o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento en que as novas determinacións deste supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Vilaboa, 26 de xuño de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde