Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28699

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de ampliación da delegación de competencias en materia de recadación do Concello do Páramo a esta deputación.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 41, do 19 de febreiro de 2008, publícanse as bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, así como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello do Páramo, que tamén foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 46, do 5 de marzo de 2008.

No Boletín Oficial da provincia número 286, do 13 de decembro de 2008, publícase a reforma das citadas bases.

O Concello do Páramo amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria, que tivo lugar o día 31 de maio de 2012, que é aceptada pola Deputación Provincial (Decreto 924, do 19 de abril de 2013), segundo o teor literal seguinte:

«Acordo:

Primeiro. Delegar as competencias que este concello ten atribuídas en materia de recadación, en período voluntario e período executivo da taxa por subministración domiciliaria de auga.

Segundo. Facultar o alcalde para a sinatura do convenio e todos os documentos que se precisen, así como a execución das actuacións necesarias para levar a efecto este acordo».

O día 16 de maio de 2013, Boletín Oficial da provincia número 112, publicouse o contido do acordo do citado concello.

Lugo, 3 de xuño de 2013

P.D. (Decreto 2821/2011, do 15.7.2011)
Mª del Pilar García Porto
Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

José Antonio Mourelle Cillero

Secretario da Deputación Provincial
de Lugo