Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz (Vila de Cruces, Pontevedra) a varios propietarios.

De conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Notificar aos propietarios cuxo domicilio é descoñecido ou que, unha vez intentada a notificación, esta non se puido efectuar, a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz (Vila de Cruces, Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 3/1992, do 16 de xaneiro (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro), e dividida para efectos da execución dos traballos pola Orde do 9 de novembro de 1992 (DOG núm 232, do 27 de novembro).

Primeiro. A xunta local da zona de Brandariz-Obra, sector Brandariz, na súa reunión do día 19 de setembro de 2012, aprobou as bases definitivas da dita zona, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado das alegacións presentadas.

Segundo. As mencionadas bases definitivas estarán expostas ao público na casa do concello de Vila de Cruces (Vila de Cruces, Pontevedra) e nos lugares de costume da zona durante o período de interposición de recursos, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Terceiro. As persoas interesadas poderán interpoñer, por si mesmas ou por representación, recurso de alzada contra estas bases ante o conselleiro do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Os recursos poderanse presentar no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra, sito na rúa Fernández Ladreda, 43; no Rexistro Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, sito no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 5 de xullo de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº propietario

Nome

325

Pampín Rosende, Carmen

401

Rodríguez Vilas, María del Carmen

526

Souto Veiga, Manuel