Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28685

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, paquetaría, pequeno mobiliario e enxoval, mensaxaría, lenzaría, material de raios e produtos farmacéuticos ás unidades e servizos dependentes desta xerencia (AB-XPL1-13-018).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte. Departamento de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: praza Ferrol, nº 11, 4ª pranta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27001.

4º. Teléfono: 982 29 63 29; 982 29 62 29; 982 29 70 77; 982 29 62 09.

5º. Telefax: 982 29 62 28.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-XPL1-13-018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte e distribución de mostras clínicas, paquetaría, pequeno mobiliario e enxoval, mensaxaría, lenzaría, material de raios e produtos farmacéuticos ás unidades e servizos dependentes desta xerencia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: un ano.

f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: catrocentos cincuenta e catro mil trescentos vinte euros (454.320,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: cento ochenta e nove mil trescentos euros (189.300,00 €). Importe total: douscentos vinte e nove mil cincuenta e tres euros (229.053,00 €).

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 19.8.2013.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro de Entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

2º. Enderezo: praza Ferrol, nº 11, pranta baixa.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27001.

4º. Dirección electrónica:

ContratacionAdm.XAPL@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Data e hora: a data, hora e lugar de realización das mesas de apertura do sobre B e do sobre C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso): 1.7.2013.

12. Outras informacións:

Lugo, 21 de xuño de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte