Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do arrendamento, sen opción de compra, de 10 vehículos, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB CHV1 13 016).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4. Teléfono: 986 21 91 29.

5. Telefax: 986 21 91 05.

6. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborais excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB CHV1 13 016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, de 10 vehículos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 34100000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

50

Características dos vehículos e cobertura do mantemento

30

Outros criterios valorables de forma automática

20

4. Valor estimado do contrato: 115.269,62 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 57.634,81 € IVE (21 %) 12.103,31 €. Importe total: 69.738,12 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe máximo estimado: 1.000,00 €.

Vigo, 13 de xuño de 2013

P.D. (artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo