Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación na rúa Andrés Gaos 34.

O tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, o 3 de maio de 2013, por delegación do alcalde a través do Decreto do 13 de xuño de 2011; emite decreto no que se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

1. Aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial de Andrés Gaos 34, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

Titular: Amelia Rodríguez Rodríguez e Manuel López Jorge.

Ben: local comercial planta baixa.

Predio rexistral: predio 49.681, folio 7, libro 672.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 6.05 m2.

2. Optar para a tramitación deste expediente polo sistema de taxación conxunta.

3. Requirir a comunidade de propietarios de Andrés Gaos 34 en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, para que, con anterioridade á aprobación definitiva do expediente, deposite o importe ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a 3.149,64 euros».

O que se publica para efectos de inicio do trámite de información pública, de conformidade co artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación cos documentos sinalados será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 15 de maio de 2013

Martín Fernández Prado
Teniente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio