Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28589

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública sobre a aprobación inicial do estudo de detalle do polígono 17, en Perillo, por Resolución 2927/2013 (expediente FG número 588).

Mediante Resolución desta Alcaldía nº 2927, do 8 de xullo de 2013, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle do polígono 17, A Ponte Pasaxe, en Perillo.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 10 de xullo de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente