Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28590

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de información pública para praza de traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 248, do 30 de decembro de 2010 e no número 120, do 26 de xuño de 2013, insírense os anuncios que conteñen as bases xerais e específicas así como a convocatoria que rexerán a seguinte convocatoria:

Persoal: laboral. Grupo II; denominación: traballador social; vacantes: 1; provisión: consolidación de emprego. Concurso-oposición; quenda: libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais que contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, só se publicarán no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

Oroso, 25 de xuño de 2013

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde