Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2013 pola que se notifica a resolución de fraccionamento da multa-sanción imposta no expediente P-UL-76.02/01 devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 5 de xuño de 2013, ditou resolución en que resolvía a solicitude de fraccionamento da multa-sanción imposta a Carmen Lamas Sánchez e a José María Padín Oubiña no expediente P-UL-76.02/01 pola realización de obras de ampliación de edificación e construción de edificación, terraza, garaxe e muro na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Pragueira-Noalla, termo municipal de Sanxenxo (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben poderán interpoñer directamente reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, no prazo dun (1) mes. A reclamación económico-administrativa deberá interpoñerse ante o órgano que ditou a resolución, de conformidade co establecido no artigo 235.3 da Lei xeral tributaria.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística