Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 17 de xullo de 2013 Páx. 28561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con varios criterios de valoración e trámite ordinario da licitación, para a adxudicación do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada do servizo para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.488.338.SV).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web
http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.488.338.SV.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona de Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015.

c) Lugar de execución: zona Galicia-Norte da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7 e 45246200-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria de licitación.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 1.592.728,38 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 796.364,19 euros. Importe total: 963.600,67 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: (grupo, subgrupo e categoría): grupo O, subgrupo 6, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España de acordo co establecido nos artigos 66.1 e 59.4 do texto refundido da Lei de contratos do sector público deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2 do cadro de características do contrato.

c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 10 de setembro de 2013.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Augas de Galicia, no seu Rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas).

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18 baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A, relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar; do sobre B, cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C, cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia, rúa Doutor Maceira nº 18 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 20 de setembro de 2013, ás 9.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12 de xullo de 2013.

12. Outras informacións:

a) Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos); actuación 3.53.3: recuperación, limpeza e drenaxe de canles. Unha maneira de facer Europa.

b) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberalle anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañados de tradución oficial.

e) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificaráselle esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file