Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28206

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 108/2013, do 20 de xuño, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 31, determina que é da competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme a alínea primeira do seu artigo 81, o desenvolvan.

A Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional, ten por obxecto a ordenación dun sistema integral de formación profesional, cualificacións e acreditación que responda con eficacia e transparencia ás demandas sociais e económicas a través das modalidades formativas.

A dita lei establece que a Administración xeral do Estado, de conformidade co que se dispón no artigo 149.1, 30ª e 7ª da Constitución española, e logo da consulta ao Consello Xeral de Formación Profesional, determinará os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade que constituirán as ofertas de formación profesional referidas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cuxos contidos poderán ampliar as administracións educativas no ámbito das súas competencias.

Establece, así mesmo, que os títulos de formación profesional e os certificados de profesionalidade terán carácter oficial e validez en todo o territorio do Estado e serán expedidos polas administracións competentes, a educativa e a laboral, respectivamente.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu capítulo III do título preliminar que se entende por currículo o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada unha das ensinanzas reguladas pola citada lei.

No seu capítulo V do título I establece os principios xerais da formación profesional inicial e dispón que o Goberno, logo da consulta ás comunidades autónomas, establecerá as titulacións correspondentes aos estudos de formación profesional, así como os aspectos básicos do currículo de cada unha delas.

A Lei 2/2011, do 4 de marzo, de economía sustentable, e a Lei orgánica 4/2011, do 11 de marzo, complementaria da Lei de economía sustentable, introducen modificacións na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, e na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, no marco legal das ensinanzas de formación profesional, que pretenden, entre outros aspectos, adecuar a oferta formativa ás demandas dos sectores produtivos.

O Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, tomando como base o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, as directrices fixadas pola Unión Europea e outros aspectos de interese social.

No seu artigo 8, dedicado á definición do currículo polas administracións educativas en desenvolvemento do artigo 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as administracións educativas, no ámbito das súas competencias, establecerán os currículos correspondentes ampliando e contextualizando os contidos dos títulos á realidade socioeconómica do territorio da súa competencia, e respectando o seu perfil profesional.

O Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia, determina nos seus capítulos III e IV, dedicados ao currículo e á organización das ensinanzas, a estrutura que deben seguir os currículos e os módulos profesionais dos ciclos formativos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Publicado o Real decreto 1577/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado e se fixan as súas ensinanzas mínimas, e de acordo co seu artigo 10.2, correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación establecer o currículo correspondente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o anterior, este decreto desenvolve o currículo do ciclo formativo de formación profesional de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado. Este currículo adapta a nova titulación ao campo profesional e de traballo da realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo canto á especialización e polivalencia, e posibilita unha inserción laboral inmediata e unha proxección profesional futura.

Para estes efectos, e de acordo co establecido no citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, determínase a identificación do título, o seu perfil profesional, o ámbito profesional, a prospectiva do título no sector ou nos sectores, as ensinanzas do ciclo formativo, a correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención, así como os parámetros do contexto formativo para cada módulo profesional no que se refire a espazos, equipamentos, titulacións e especialidades do profesorado, e as súas equivalencias para efectos de docencia.

Así mesmo, determínanse os accesos a outros estudos, as modalidades e as materias de bacharelato que facilitan a conexión co ciclo formativo, as validacións, exencións e equivalencias, e a información sobre os requisitos necesarios segundo a lexislación vixente para o exercicio profesional, cando proceda.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta o perfil profesional do título a través dos obxectivos xerais que o alumnado debe alcanzar ao finalizar o ciclo formativo e os obxectivos propios de cada módulo profesional, expresados a través dunha serie de resultados de aprendizaxe, entendidos como as competencias que deben adquirir os alumnos e as alumnas nun contexto de aprendizaxe, que lles van permitir conseguir os logros profesionais necesarios para desenvolver as súas funcións con éxito no mundo laboral.

Asociada a cada resultado de aprendizaxe establécese unha serie de contidos de tipo conceptual, procedemental e actitudinal redactados de xeito integrado, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para lograr as competencias profesionais, persoais e sociais propias do perfil do título.

Neste sentido, a inclusión do módulo de formación en centros de traballo posibilita que o alumnado complete a formación adquirida no centro educativo mediante a realización dun conxunto de actividades de produción e/ou de servizos, que non terán carácter laboral, en situacións reais de traballo no contorno produtivo do centro, de acordo coas exixencias derivadas do Sistema nacional de cualificacións e formación profesional.

O módulo de proxecto que se inclúe no ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado permitirá integrar de forma global os aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial.

A formación relativa á prevención de riscos laborais dentro do módulo de Formación e orientación laboral aumenta a empregabilidade do alumnado que supere estas ensinanzas e facilita a súa incorporación ao mundo do traballo, ao capacitalo para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

De acordo co artigo 10 do citado Decreto 114/2010, do 1 de xullo, establécese a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración, coa finalidade de facilitar a formación ao longo da vida, respectando, en todo caso, a necesaria coherencia da formación asociada a cada unha delas.

De conformidade co exposto, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, conforme os ditames do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de dous mil trece,

DISPOÑO

CAPÍTULO I
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado, establecido polo Real decreto 1577/2011, do 4 de novembro.

CAPÍTULO II
Identificación do título, perfil profesional, ámbito profesional e prospectiva do título no sector ou nos sectores

Artigo 2. Identificación

O título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado identifícase polos seguintes elementos:

– Denominación: Estilismo e Dirección de Peiteado.

– Nivel: formación profesional de grao superior.

– Duración: 2.000 horas.

– Familia profesional: Imaxe Persoal.

– Referente europeo: CINE – 5b (Clasificación internacional normalizada da educación).

– Nivel do Marco español de cualificacións para a educación superior: nivel 1: técnico superior.

Artigo 3. Perfil profesional do título

O perfil profesional do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado determínase pola súa competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título.

Artigo 4. Competencia xeral

A competencia xeral do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado consiste en dirixir e supervisar o desenvolvemento dos servizos de peiteado, planificar e realizar tratamentos capilares estéticos e deseñar estilismos de cambio de imaxe, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.

Artigo 5. Competencias profesionais, persoais e sociais

As competencias profesionais, persoais e sociais do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado son as que se relacionan:

a) Dirixir e xestionar as actividades de peiteado, organizando os recursos materiais, persoais e técnicos.

b) Planificar os servizos e os produtos da empresa, tendo en conta os parámetros do proxecto empresarial.

c) Deseñar os protocolos de actuación, para estandarizar os procesos de peiteado.

d) Xerar e ofrecer estilos propios de peiteado, adecuándose ás demandas da clientela.

e) Organizar o aprovisionamento e o mantemento da empresa, controlando a calidade e a documentación.

f) Realizar a análise do cabelo e do coiro cabeludo da clientela, utilizando instrumentos de diagnóstico.

g) Realizar o estudo da imaxe integral da clientela, relacionando as súas demandas cos elementos que conforman o estilo persoal.

h) Deseñar e organizar a realización de novos estilos no cabelo, empregando técnicas innovadoras de peiteado.

i) Asesorar persoas con necesidades especiais en coidados de peiteado, informando sobre técnicas, materiais e cosméticos.

j) Supervisar e/ou realizar peiteados para producións audiovisuais, escénicas, publicitarias e de moda, aplicando técnicas clásicas e avanzadas.

k) Supervisar e/ou aplicar tratamentos capilares, integrando técnicas electroestéticas, cosmetolóxicas e manuais segundo un diagnóstico previo.

l) Comercializar produtos e servizos de imaxe persoal, utilizando técnicas de márketing.

m) Diagnosticar desviacións nos procedementos establecidos, achegando solucións para mellorar resultados.

n) Asesorar profesionais e persoas usuarias acerca de produtos cosméticos e tratamentos capilares, informando sobre os seus efectos, a súa relación coa fisioloxía cutánea, os hábitos de vida saudables e as precaucións que cumpra seguir durante a súa aplicación, e antes e despois desta.

ñ) Adaptarse ás novas situacións laborais, mantendo actualizados os coñecementos científicos, técnicos e tecnolóxicos relativos ao seu ámbito profesional, xestionando a súa formación e os recursos existentes na aprendizaxe ao longo da vida e utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

o) Resolver situacións, problemas ou continxencias con iniciativa e autonomía no ámbito da súa competencia, con creatividade, innovación e espírito de mellora no traballo persoal e no dos membros do equipo.

p) Organizar e coordinar equipos de traballo con responsabilidade e supervisar o seu desenvolvemento, mantendo relacións fluídas, asumindo o liderado e achegando solucións aos conflitos de grupo que se presenten.

q) Comunicarse con iguais, superiores, clientela e persoas baixo a súa responsabilidade, utilizando vías eficaces de comunicación, transmitindo a información ou os coñecementos adecuados, e respectando a autonomía e a competencia das persoas que interveñen no ámbito do seu traballo.

r) Xerar ámbitos seguros no desenvolvemento do seu traballo e no do seu equipo, supervisando e aplicando os procedementos de prevención de riscos laborais e ambientais, de acordo co establecido pola normativa e os obxectivos da empresa.

s) Supervisar e aplicar procedementos de xestión de calidade e de accesibilidade e deseño universais nas actividades profesionais incluídas nos procesos de produción ou prestación de servizos.

t) Realizar a xestión básica para a creación e o funcionamento dunha pequena empresa, e ter iniciativa na súa actividade profesional con sentido da responsabilidade social.

u) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da súa actividade profesional, de acordo co establecido na lexislación, participando activamente na vida económica, social e cultural.

Artigo 6. Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais incluídas no título

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Peiteado técnico-artístico, IMP249_3 (Real decreto 790/2007, do 15 de xuño), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC0793_3: asesorar a clientela sobre a súa imaxe persoal, mediante o coidado e a transformación estética do cabelo e do pelo do rostro.

– UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.

– UC0795_3: dirixir e xestionar as actividades desenvolvidas en empresas de imaxe persoal.

– UC0348_2: realizar cambios de cor totais ou parciais no cabelo.

– UC0351_2: cortar o cabelo e realizar o arranxo e o rasurado de barba e bigote.

b) Tratamentos capilares estéticos, IMP397_3 (Real decreto 327/2008, do 29 de febreiro), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

– UC1261_3: realizar o diagnóstico e deseñar tratamentos capilares estéticos.

– UC1262_3: realizar tratamentos capilares estéticos en condicións de seguridade e hixiene.

– UC0795_3: dirixir e xestionar as actividades desenvolvidas en empresas de imaxe persoal.

– UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.

Artigo 7. Ámbito profesional

1. As persoas que obteñan o título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado exercerán a súa actividade na dirección de procesos de peiteado en empresas dedicadas ao sector e en producións audiovisuais e escénicas, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de deseño e innovación, organización e prestación de servizos, comercialización, loxística, calidade, prevención de riscos e xestión ambiental.

Actúan por conta propia, cun alto grao de autonomía, asumindo labores de xestión e dirección, ou por conta allea, integrándose nun equipo de traballo con persoas de nivel de cualificación igual, inferior ou superior.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Director/ora técnico/a en empresas de peiteado.

– Director/ora técnico/a artístico/a de peiteado en producións audiovisuais, escénicas e de moda.

– Especialista en tratamentos capilares.

– Asesor/ora artístico/a de peiteado.

– Estilista.

– Especialista en próteses capilares e postizaría.

– Conselleiro/a avaliador/ora de empresas de peiteado.

– Experto/a en coidados capilares en clientela con necesidades especiais.

– Técnico/a en análise capilar.

– Peiteador/ora especialista.

– Traballador/ora cualificado/a en clínicas capilares e centros de medicina e cirurxía estética.

– Técnico/a comercial.

– Asesor/ora de imaxe.

– Formador/ora técnico/a en peiteado.

– Asesor/ora de venda e demostrador/ora de produtos e aparellos de peiteado.

– Asesor/ora de prensa especializada en imaxe persoal e peiteado.

Artigo 8. Prospectiva do título no sector ou nos sectores

1. O perfil profesional do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado marca unha evolución cara ás competencias relacionadas coas técnicas que potencien a imaxe persoal a través de cambios de estilo. As persoas con esta titulación deberán ter un amplo coñecemento do estilismo e da imaxe persoal integral, e unha maior especialización en técnicas de peiteado. Outra liña de futuro é o mantemento da imaxe persoal a través dos tratamentos capilares, nomeadamente no campo dedicado aos coidados para clientela con problemas oncolóxicos ou outras afeccións con manifestación estética que necesite mellorar a súa imaxe.

2. A evolución tecnolóxica e o uso de aparellos e cosmética avanzada demandan un perfil profesional cada vez máis cualificado con coñecementos científico-tecnolóxicos e con capacidade para a organización e a planificación de procesos, que asuma funcións de calidade, de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e que sexa quen de manter un espírito aberto á innovación.

3. Canto á tipoloxía das empresas, a tendencia do mercado apunta, por unha banda, cara a establecementos independentes, e por outra parte, cara a un incremento de franquías e agrupacións corporativas cunha política técnica e empresarial definida, dirixidas por profesionais con competencia nestas funcións. As empresas do sector avanzan cara ao traballo en equipo e a colaboración con diferentes profesionais.

4. Por causa da especialización de actividades empresariais no sector de peiteado, faise indispensable a aparición de profesionais que saiban adecuarse e responder ás novas necesidades das empresas, que marquen as liñas de actuación e métodos de traballo e que leven a cabo as innovacións demandadas por un mercado globalizado.

5. En todos estes espazos, á parte de persoal técnico en peiteado con coñecementos específicos, hai un perfil profesional que se encarga da coordinación técnica, de dirixir e supervisar o equipo de traballo, de xestionar a loxística e de definir o plan de empresa. Enfoca a súa actividade ao asesoramento profesional e á atención personalizada.

6. Un novo perfil desta dirección técnica é o de conselleiro/a avaliador/ora, que establecerá o procedemento de observación da dinámica global da empresa e que analizará fallos na comunicación, a atención á clientela e a coordinación de equipos e provedores; detectará deficiencias técnicas no método de traballo e achegará solucións mediante cambios na metodoloxía empresarial.

7. As funcións que desempeñarán as persoas con esta titulación relaciónanse coa dirección, a comercialización e a organización de servizos de peiteado en distintos ámbitos, que van desde os salóns de peiteado ata as producións audiovisuais e de moda, a realización de tratamentos capilares estéticos e postraumáticos, e o asesoramento sobre estilismos de peiteado tras un estudo da imaxe persoal integral.

CAPÍTULO III
Ensinanzas do ciclo formativo e parámetros básicos de contexto

Artigo 9. Obxectivos xerais

Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado son os seguintes:

a) Identificar os recursos materiais, persoais e técnicos, organizándoos consonte os procesos, para dirixir e xestionar as actividades de peiteado.

b) Interpretar o proxecto empresarial, analizando os seus compoñentes e as súas variables, para planificar os servizos e os produtos da empresa.

c) Identificar os produtos e os servizos, recoñecendo as súas características, para deseñar os protocolos de actuación.

d) Analizar tendencias na imaxe persoal, identificando os parámetros que as caracterizan, para xerar e ofrecer estilos propios.

e) Recoñecer os cosméticos e os equipamentos de peiteado, caracterizando as súas propiedades e as condicións idóneas de conservación, para organizar o aprovisionamento e o mantemento.

f) Aplicar técnicas de diagnóstico capilar, seguindo o procedemento establecido para realizar a análise do cabelo e do coiro cabeludo.

g) Realizar o estudo estético, caracterizando os requisitos persoais, técnicos e cosméticos, para realizar o estudo da imaxe persoal integral.

h) Recoñecer e seleccionar técnicas de peiteado, caracterizando os requisitos persoais, técnicos e cosméticos, para deseñar e organizar a realización de novos estilos no cabelo.

i) Seleccionar e aplicar técnicas avanzadas de cambio de lonxitude, forma e cor capilar, analizando os requisitos, para deseñar e organizar a realización de novos estilos no cabelo.

j) Seleccionar técnicas e cosméticos, e aplicar próteses pilosas a persoas con necesidades especiais, analizando as características e as alteracións do órgano cutáneo para asesorar en coidados capilares.

k) Aplicar procedementos de montaxe de recollidos e peiteados para producións audiovisuais, publicitarias e de moda, utilizando as ferramentas e os instrumentos adecuados, para supervisar e realizar peiteados creativos.

l) Definir solucións capilares, coordinando os recursos, para supervisar e aplicar tratamentos capilares.

m) Identificar operacións de venda e técnicas publicitarias e de merchandising, avaliando as características e as demandas do mercado, para comercializar produtos e servizos de imaxe persoal.

n) Establecer programas de avaliación e control dos procesos, analizando medidas correctoras, para diagnosticar desviacións nos procedementos establecidos.

ñ) Identificar as operacións de formulación e elaboración de cosméticos, analizando as características, os efectos e as aplicacións dos seus principios activos, para asesorar as persoas usuarias e profesionais sobre os produtos cosméticos.

o) Identificar a variabilidade dos procesos estéticos en relación cos fundamentos anatomofisiolóxicos, os hábitos saudables e as principais patoloxías asociadas, para asesorar as persoas usuarias e profesionais sobre os produtos cosméticos e tratamentos capilares.

p) Analizar e utilizar os recursos e as oportunidades de aprendizaxe que se relacionan coa evolución científica, tecnolóxica e organizativa do sector, e as tecnoloxías da información e da comunicación, para manter o espírito de actualización e adaptarse a novas situacións laborais e persoais.

q) Desenvolver a creatividade e o espírito de innovación para responder aos retos que se presentan nos procesos e na organización do traballo e da vida persoal.

r) Tomar decisións fundamentadas, analizando as variables implicadas, integrando saberes de distinto ámbito e aceptando os riscos e a posibilidade de equivocación, para afrontar e resolver situacións, problemas ou continxencias.

s) Desenvolver técnicas de liderado, motivación, supervisión e comunicación en contextos de traballo en grupo, para facilitar a organización e a coordinación de equipos de traballo.

t) Aplicar estratexias e técnicas de comunicación, adaptándose aos contidos que se vaian transmitir, á finalidade e ás características das persoas receptoras, para asegurar a eficacia nos procesos de comunicación.

u) Avaliar situacións de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, propondo e aplicando medidas de prevención persoais e colectivas, consonte a normativa aplicable nos procesos de traballo, para garantir ámbitos seguros.

v) Identificar e propor as accións profesionais necesarias para dar resposta á accesibilidade e ao deseño universais.

w) Identificar e aplicar parámetros de calidade nos traballos e nas actividades que se realizan no proceso de aprendizaxe, para valorar a cultura da avaliación e da calidade, e ser quen de supervisar e mellorar procedementos de xestión de calidade.

x) Utilizar procedementos relacionados coa cultura emprendedora, empresarial e de iniciativa profesional, para realizar a xestión básica dunha pequena empresa ou emprender un traballo.

y) Recoñecer os dereitos e os deberes como axente activo na sociedade, tendo en conta o marco legal que regula as condicións sociais e laborais, para participar na cidadanía democrática.

z) Analizar e valorar a participación, o respecto, a tolerancia e a igualdade de oportunidades, para facer efectivo o principio de igualdade entre mulleres e homes.

Artigo 10. Módulos profesionais

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado, que se desenvolven no anexo I, son os que se relacionan:

– MP0750. Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal.

– MP1064. Dermotricoloxía.

– MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.

– MP1066. Tratamentos capilares.

– MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.

– MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.

– MP1069. Estilismo en peiteado.

– MP1070. Estudo da imaxe.

– MP1071. Dirección e comercialización.

– MP1072. Peiteado en coidados especiais.

– MP1073. Proxecto de estilismo e dirección de peiteado.

– MP1074. Formación e orientación laboral.

– MP1075. Empresa e iniciativa emprendedora.

– MP1076. Formación en centros de traballo.

Artigo 11. Espazos e equipamentos

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado son os establecidos no anexo II.

2. Os espazos formativos establecidos respectarán a normativa sobre prevención de riscos laborais, a normativa sobre seguridade e saúde no posto de traballo e cantas outras normas sexan de aplicación.

3. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou etapas educativas.

4. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

5. A cantidade e as características dos equipamentos que se inclúen en cada espazo deberá estar en función do número de alumnos e alumnas, e serán os necesarios e suficientes para garantir a calidade do ensino e a adquisición dos resultados de aprendizaxe.

6. O equipamento disporá da instalación necesaria para o seu correcto funcionamento, cumprirá as normas de seguridade e prevención de riscos, e cantas outras sexan de aplicación, e respectaranse os espazos ou as superficies de seguridade que exixan as máquinas en funcionamento.

Artigo 12. Profesorado

1. A docencia dos módulos profesionais que constitúen as ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado correspóndelle ao profesorado do corpo de catedráticos e catedráticas de ensino secundario, do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional, segundo proceda, das especialidades establecidas no anexo III A).

2. As titulacións requiridas para acceder aos corpos docentes citados son, con carácter xeral, as establecidas no artigo 13 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria decimo sétima da devandita lei. As titulacións equivalentes ás anteriores para efectos de docencia, para as especialidades do profesorado, son as recollidas no anexo III B).

3. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que formen o título, para o profesorado dos centros de titularidade privada ou de titularidade pública doutras administracións distintas das educativas, concrétanse no anexo III C).

A consellería con competencias en materia de educación establecerá un procedemento de habilitación para exercer a docencia, no que se exixirá o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

– Que as ensinanzas conducentes ás titulacións citadas engloben os obxectivos dos módulos profesionais.

– Se os ditos obxectivos non están incluídos, ademais da titulación deberá acreditarse mediante certificación unha experiencia laboral de, polo menos, tres anos no sector vinculado á familia profesional, realizando actividades produtivas en empresas relacionadas implicitamente cos resultados de aprendizaxe.

CAPÍTULO IV
Accesos e vinculación a outros estudos, e correspondencia de módulos profesionais coas unidades de competencia

Artigo 13. Preferencias para o acceso ao ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado en relación coas modalidades e as materias de bacharelato cursadas

Terá preferencia para acceder ao ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado o alumnado que cursase a modalidade de bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, ou a de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 14. Acceso e vinculación a outros estudos

1. O título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior nas condicións de admisión que se establezan.

2. O título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.

3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre o título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado e as ensinanzas universitarias de grao asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado.

Artigo 15. Validacións e exencións

1. As persoas que superasen o módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo profesional de Empresa e iniciativa emprendedora, en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validados os ditos módulos en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.

2. As persoas que obtivesen a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, poderán validar o módulo de Formación e orientación laboral sempre que:

– Acrediten, polo menos, un ano de experiencia laboral.

– Estean en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva, expedida de acordo co disposto no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

3. De acordo co establecido no artigo 39 do Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, poderá determinarse a exención total ou parcial do módulo profesional de Formación en centros de traballo pola súa correspondencia coa experiencia laboral, sempre que se acredite unha experiencia relacionada co ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado nos termos previstos no dito artigo.

Artigo 16. Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación, validación ou exención

1. A correspondencia das unidades de competencia cos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado para a súa validación ou exención queda determinada no anexo IV A).

2. A correspondencia dos módulos profesionais que forman as ensinanzas do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado coas unidades de competencia para a súa acreditación queda determinada no anexo IV B).

CAPÍTULO V
Organización da impartición

Artigo 17. Distribución horaria

Os módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado organizaranse polo réxime ordinario segundo se establece no anexo V.

Artigo 18. Unidades formativas

1. Consonte o artigo 10 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional no sistema educativo de Galicia, e coa finalidade de promover a formación ao longo da vida e servir de referente para a súa impartición, establécese no anexo VI a división de determinados módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

2. A consellería con competencias en materia de educación determinará os efectos académicos da división dos módulos profesionais en unidades formativas.

Artigo 19. Módulo de Proxecto

1. O módulo de Proxecto incluído no currículo do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias profesionais, persoais e sociais características do título que se abordasen no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva. A atribución docente será por conta do profesorado que imparta docencia no ciclo formativo.

2. Desenvolverase logo da avaliación positiva de todos os módulos profesionais de Formación no centro educativo, coincidindo coa realización dunha parte do módulo profesional de Formación en centros de traballo e avaliarase logo de cursado este, co obxecto de posibilitar a incorporación das competencias adquiridas nel.

Disposición adicional primeira. Oferta nas modalidades semipresencial e a distancia do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado

A impartición das ensinanzas dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado nas modalidades semipresencial ou a distancia, que se ofrecerán unicamente polo réxime para as persoas adultas, requirirá a autorización previa da consellería con competencias en materia de educación, conforme o procedemento que se estableza, e garantirá que o alumnado poida conseguir os resultados de aprendizaxe deles, de acordo co disposto neste decreto.

Disposición adicional segunda. Titulacións equivalentes e vinculación coas capacitacións profesionais

1. O título que se indica a continuación terá os mesmos efectos profesionais e académicos que o título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado, establecido no Real decreto 1577/2011, do 4 de novembro, cuxo currículo para Galicia se desenvolve neste decreto:

– Título de técnico especialista en Peiteado, rama de Peiteado e Estética, da Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.

2. A formación establecida neste decreto no módulo profesional de Formación e orientación laboral capacita para levar a cabo responsabilidades profesionais equivalentes ás que precisan as actividades de nivel básico en prevención de riscos laborais, establecidas no Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Disposición adicional terceira. Regulación do exercicio da profesión

1. Os elementos recollidos neste decreto non constitúen regulación do exercicio de ningunha profesión regulada.

2. Así mesmo, as equivalencias de titulacións académicas establecidas no punto 1 da disposición adicional segunda entenderanse sen prexuízo do cumprimento das disposicións que habilitan para o exercicio das profesións reguladas.

Disposición adicional cuarta. Accesibilidade universal nas ensinanzas do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado

1. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que o alumnado poida acceder e cursar o ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado nas condicións establecidas na disposición derradeira décima da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

2. As programacións didácticas que desenvolvan o currículo establecido neste decreto deberán ter en conta o principio de deseño universal. Para tal efecto, recollerán as medidas necesarias co fin de que o alumnado poida conseguir a competencia xeral do título, expresada a través das competencias profesionais, persoais e sociais, así como os resultados de aprendizaxe de cada un dos módulos profesionais.

3. En calquera caso, estas medidas non poderán afectar de xeito significativo a consecución dos resultados de aprendizaxe previstos para cada un dos módulos profesionais.

Disposición adicional quinta. Autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas reguladas neste decreto

A autorización a centros privados para a impartición das ensinanzas do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado exixirá que desde o inicio do curso escolar se cumpran os requisitos de profesorado, espazos e equipamentos regulados neste decreto.

Disposición adicional sexta. Desenvolvemento do currículo

1. O currículo establecido neste decreto require un posterior desenvolvemento a través das programacións didácticas elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo, consonte o establecido no artigo 34 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Estas programacións concretarán e adaptarán o currículo ao contorno socioeconómico do centro, tomando como referencia o perfil profesional do ciclo formativo a través dos seus obxectivos xerais e dos resultados de aprendizaxe establecidos para cada módulo profesional.

2. Os centros educativos desenvolverán este currículo de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Disposición derrogatoria única. Derrogación de normas

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Implantación das ensinanzas recollidas neste decreto

1. No curso 2012-2013 implantarase o primeiro curso polo réxime ordinario.

2. No curso 2013-2014 implantarase o segundo curso polo réxime ordinario.

3. No curso 2012-2013 implantaranse as ensinanzas reguladas neste decreto polo réxime para as persoas adultas.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

1. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

2. Autorízase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para modificar o anexo II B), relativo a equipamentos, cando por razóns de obsolescencia ou actualización tecnolóxica así se xustifique.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

1. Anexo I. Módulos profesionais.

1.1. Módulo profesional: Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP0750.

• Duración: 133 horas.

1.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Determina as normas hixiénico-sanitarias de aplicación nos procesos de imaxe persoal tendo en conta a relación entre a exposición a axentes biolóxicos e os riscos para a saúde.

– CA1.1. Relacionáronse os métodos de desinfección cos niveis de risco de infección de cada material.

– CA1.2. Determináronse os protocolos de limpeza, desinfección e esterilización aplicables ao ámbito da imaxe persoal.

– CA1.3. Caracterizáronse os tipos de axentes contaminantes.

– CA1.4. Especificáronse os elementos que conforman o sistema inmunitario e os factores que o regulan.

– CA1.5. Valorouse a aplicación da normativa na planificación da hixiene na imaxe persoal.

– CA1.6. Recoñeceuse o programa de vacinación obrigatorio para o persoal aplicador das técnicas de imaxe persoal.

– CA1.7. Xustificouse a xestión dos residuos producidos no ámbito da imaxe persoal.

– CA1.8. Estableceuse o plan de calidade no tratamento de residuos e nos procesos de hixiene na imaxe persoal.

– CA1.9. Especificáronse os equipamentos de protección individual utilizados en imaxe persoal.

• RA2. Caracteriza os compoñentes antropométricos relacionados coa imaxe persoal revisando a estrutura xeral do corpo humano.

– CA2.1. Identificáronse as rexións e as zonas do corpo humano.

– CA2.2. Determináronse as posicións anatómicas.

– CA2.3. Establecéronse os planos e os eixes anatómicos.

– CA2.4. Definíronse os termos de movemento, relación e dirección no espazo da estrutura xeral do corpo humano.

– CA2.5. Recoñecéronse a forma, o aspecto xeral e as proporcións corporais.

– CA2.6. Identificáronse os factores hereditarios e ambientais que determinan a constitución do corpo.

– CA2.7. Recoñecéronse os tipos constitucionais ou somatotipos.

– CA2.8. Relacionáronse os valores antropométricos coa súa aplicación en imaxe persoal.

• RA3. Caracteriza os compoñentes do aparello locomotor implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA3.1. Identificáronse a masaxe e os tratamentos electroestéticos relacionados co aparello locomotor.

– CA3.2. Especificáronse as funcións do sistema óseo.

– CA3.3. Establecéronse a composición, a estrutura e a clasificación dos ósos e dos músculos.

– CA3.4. Identificáronse as patoloxías óseas e articulares máis frecuentes e a súa influencia na imaxe persoal.

– CA3.5. Caracterizouse a fisioloxía muscular.

– CA3.6. Relacionáronse os tipos de movementos coas articulacións implicadas.

– CA3.7. Recoñecéronse as patoloxías do movemento e da marcha, así como as alteracións óseas vinculadas á aplicación de técnicas estéticas.

– CA3.8. Relacionouse a ergonomía coa hixiene postural e a patoloxía derivada.

– CA3.9. Propuxéronse correccións posturais para a clientela e para o persoal en función de análises ergonómicas.

• RA4. Caracteriza os compoñentes do medio interno implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA4.1. Relacionouse a anatomía do aparello circulatorio coas funcións hemodinámicas.

– CA4.2. Especificáronse os compoñentes sólidos e líquidos do sangue.

– CA4.3. Caracterizáronse a estrutura e a fisioloxía do sistema linfático.

– CA4.4. Relacionouse a influencia do sistema linfático nos procesos de imaxe persoal.

– CA4.5. Recoñecéronse os elementos que determinan o medio interno.

– CA4.6. Relacionouse o equilibrio do medio interno cos aspectos fisiolóxicos do aparello circulatorio, do sistema linfático e do sangue.

– CA4.7. Identificáronse as patoloxías asociadas a estes aparellos con influencia en imaxe persoal.

• RA5. Caracteriza os compoñentes dos sistemas endócrino e nervioso implicados na aplicación de técnicas de imaxe persoal revisando a súa estrutura anatómica e fisiolóxica.

– CA5.1. Especificáronse as glándulas endócrinas e as súas funcións.

– CA5.2. Establecéronse os mecanismos endócrinos.

– CA5.3. Xustificouse a influencia hormonal na pel e nos anexos cutáneos.

– CA5.4. Analizáronse os mecanismos de inhibición nerviosa utilizados en técnicas complementarias ás utilizadas en imaxe persoal: infiltracións, inxeccións etc.

– CA5.5. Establecéronse os mecanismos nerviosos.

– CA5.6. Estableceuse a relación entre os sistemas nervioso e endócrino.

– CA5.7. Xustificouse a influencia do sistema nervioso na pel e nos anexos cutáneos.

– CA5.8. Identificáronse os órganos sensoriais e as súas funcións.

– CA5.9. Relacionouse a fisioloxía sensorial coas técnicas utilizadas en imaxe persoal.

• RA6. Establece pautas de asesoramento en hábitos saudables en relación cos procesos de imaxe persoal.

– CA6.1. Caracterizouse o concepto de saúde.

– CA6.2. Recoñeceuse a influencia dos hábitos de vida na imaxe persoal.

– CA6.3. Identificáronse os métodos de prevención.

– CA6.4. Analizáronse as campañas de promoción da saúde.

– CA6.5. Determináronse os efectos dos tratamentos oncolóxicos no órgano cutáneo.

– CA6.6. Establecéronse os factores desencadeantes e as medidas de prevención do cancro.

– CA6.7. Diferenciáronse as etapas de avellentamento corporal.

– CA6.8. Determináronse os cambios da figura corporal en cada etapa da vida.

– CA6.9. Especificáronse os hábitos saudables que atrasan a aparición do avellentamento.

– CA6.10. Relacionáronse o aparello reprodutor, as súas patoloxías e as doenzas de transmisión cos hábitos de vida saudable.

– CA6.11. Establecéronse recomendacións saudables para potenciar a imaxe estética.

• RA7. Identifica pautas nutricionais saudables e recoñece a súa influencia sobre a imaxe estética.

– CA7.1. Caracterizáronse os alimentos e os nutrientes.

– CA7.2. Relacionáronse as características dos alimentos coa influencia da dieta na conservación da saúde.

– CA7.3. Especificouse a táboa de composición de alimentos.

– CA7.4. Determináronse os procesos bioquímicos da nutrición.

– CA7.5. Caracterizáronse os compoñentes dunha dieta equilibrada.

– CA7.6. Relacionáronse coas súas funcións as estruturas anatómicas dos aparellos e dos sistemas implicados na nutrición.

– CA7.7. Relacionouse o aparello dixestivo coa nutrición e a imaxe persoal.

– CA7.8. Recoñeceuse a influencia do aparello excretor e as súas patoloxías na imaxe persoal.

– CA7.9. Identificouse a influencia do aparello respiratorio e as súas patoloxías na nutrición e na imaxe persoal.

– CA7.10. Identificouse a relación entre os hábitos de vida saudables e as alteracións e as patoloxías humanas.

– CA7.11. Recoñecéronse os procesos patolóxicos implicados na nutrición e a súa influencia sobre pel e os seus anexos.

– CA7.12. Confeccionáronse dietas e indicacións dietéticas recomendables.

– CA7.13. Identificouse a relación entre os hábitos de vida saudables e as alteracións e as patoloxías humanas.

1.1.2. Contidos básicos.

BC1. Determinación das normas hixiénicas e sanitarias en procesos de imaxe persoal.

• Axentes contaminantes: clasificación dos microorganismos; mecanismos de transmisión; infeccións e infestacións.

• Pautas para a prevención da contaminación.

• Conceptos. Niveis de desinfección. Métodos de desinfección e esterilización. Área de desinfección das instalacións. Protocolos de actuación na limpeza, desinfección, esterilización e conservación de espazos, instalacións, equipamentos, utensilios e accesorios. Coidados e conservación do material estéril. Condicións hixiénico-sanitarias dos establecementos de imaxe persoal.

• Control de calidade destes procesos.

• Sistema de defensa e inmunitario. Tipos de inmunidade. A inflamación. Resposta inmunitaria e inmunidade. Trastornos do sistema inmunitario con repercusión na imaxe persoal: as alerxias.

• Vacinas: programas de vacinación obrigatorios en imaxe persoal.

• Normativa relacionada co ámbito da imaxe persoal: prevención de lexionelose, e condicións hixiénico-sanitarias dos establecementos de aplicación de tatuaxes, micropigmentación e piercing.

• Xestión dos residuos: concepto, tipoloxía e control de residuos.

• Equipamentos de protección individual específicos de estética.

BC2. Caracterización da estrutura anatómica xeral do corpo humano.

• Estrutura xeral do corpo humano: rexións e zonas corporais; posicións anatómicas; planos e eixes anatómicos; termos de relación ou direccións no espazo.

• Antropometría (forma, aspecto xeral e proporcións corporais; somatotipos ou tipos constitucionais; variables antropométricas de peso, talle, perímetros, pregamentos cutáneos e envergadura): relación coa imaxe persoal.

BC3. Relación dos procesos de imaxe persoal co aparello locomotor.

• Ergonomía aplicada á imaxe persoal:

– Hixiene postural: riscos ergonómicos relacionados coas prácticas profesionais de imaxe persoal.

– Patoloxía relacionada coa postura corporal: escoliose, lordose etc.

– Correccións posturais.

– Fisioloxía do movemento e da marcha.

• Sistema óseo:

– Esqueleto: composición e estrutura. Tecido óseo.

– Funcións dos ósos e das articulacións. Clasificación dos ósos.

– Osificación: control hormonal. Patoloxías máis frecuentes: osteoporose, osteopenia, osteomalacía, acondroplasia, condromalacía etc.

• Sistema muscular:

– Músculos: composición, estrutura e criterios de clasificación. Orixe e inserción dos músculos. Tecido muscular. Fibras musculares.

– Localización de músculos no corpo humano. Fisioloxía muscular: mecanismo da contracción.

• Procesos de imaxe persoal relacionados co aparello locomotor.

• Patoloxía do aparello locomotor relacionada coa imaxe persoal.

BC4. Caracterización do medio interno e do aparello circulatorio en relación cos procesos de imaxe persoal.

• Anatomofisioloxía do aparello circulatorio. Principios fundamentais da circulación. Retorno venoso. Influencia das patoloxías nos tratamentos de imaxe persoal.

• O sangue: tecido sanguíneo; funcións do sangue. Influencia das patoloxías nos tratamentos de imaxe persoal.

• Sistema linfático: anatomía e fisioloxía. A linfa. Factores que interveñen na circulación linfática. Influencia do sistema linfático nos procesos de imaxe persoal.

• Medio interno. Líquidos corporais: regulación e composición en distintos espazos.

• Influencia dos tratamentos de imaxe persoal no aparello circulatorio.

• Accións das técnicas mecánicas, electroestéticas e cosmetolóxicas.

• Clasificación dos efectos. Influencia da presión e da temperatura no sistema vascular.

BC5. Recoñecemento da estrutura e función dos sistemas de control e integración.

• Sistema nervioso: organización e estrutura. Células do sistema nervioso. Nervios. Transmisión neuronal: neuroutransmisores. Análise de inhibidores da transmisión nerviosa en imaxe persoal: toxina botulínica.

• Sistema nervioso autónomo: estrutura e funcións.

• Órganos dos sentidos. Receptores sensoriais: clasificación e mecanismo de resposta. Sentidos: tipos, anatomía e fisioloxía. Terapias sensoriais: aromaterapia, cromoterapia etc.

• Sistema endócrino: organización glandular. Hormonas. Fisioloxía hormonal. Regulación da secreción. Influencia das hormonas na pel e nos anexos.

BC6. Establecemento de pautas de asesoramento en hábitos saudables.

• Concepto de saúde.

• Influencia dos hábitos de vida na imaxe persoal.

• Prevención primaria como método de promoción da saúde: medidas colectivas (campañas de promoción da saúde e as súas implicacións na imaxe persoal) e individuais.

• Repercusión do cancro e dos tratamentos oncolóxicos na imaxe persoal. Etioloxía. Factores que predispoñen e que desencadean a aparición do cancro. O cancro e os hábitos de vida: medidas de prevención.

• Avellentamento corporal: cambios da figura corporal ao longo da vida. Fisioloxía do avellentamento. Modificacións nas estruturas corporais: causas. Relación entre o avellentamento e os estilos de vida.

• Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor: estrutura. Desenvolvemento e modificación ao longo da vida do individuo. Influencia do seu funcionamento nos procesos de imaxe persoal. Doenzas de transmisión.

• Anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio: estrutura. Respiración: bases fisiolóxicas. Influencia do funcionamento do aparello respiratorio nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello excretor: estrutura. Análise do proceso de formación da urina. Influencia do funcionamento renal nos procesos de imaxe persoal.

• Asesoramento en hábitos saudables. Avaliación dos hábitos saudables. Recomendacións sobre alimentación, exercicio físico, sono, hixiene persoal etc. Elementos que repercuten na imaxe estética.

BC7. Determinación de pautas nutricionais.

• Alimentos e nutrientes: tipos e función dos nutrientes. Necesidades e recomendacións nutricionais e hídricas. Táboas de composición dos alimentos.

• Anatomía e fisioloxía do aparello respiratorio: estrutura. Respiración: bases fisiolóxicas. Influencia do funcionamento do aparello respiratorio nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello excretor: estrutura. Análise do proceso de formación da urina. Influencia do funcionamento renal nos procesos de imaxe persoal.

• Anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo: estrutura. Análise do proceso da dixestión.

• Procesos bioquímicos da nutrición.

• A dieta: tipos e relación coa imaxe persoal. Alimentación equilibrada. Alimentos funcionais.

• Fisiopatoloxía estética relacionada coa alimentación: obesidade, sobrepeso e delgadeza. Lipodistrofias. Modificacións na conduta alimentaria: anorexia e bulimia, vigorexia, ortorexia etc. Desequilibrio de nutrientes e a súa relación coa pel e os seus anexos.

1.1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación de soporte necesaria para desempeñar as funcións de organización, desenvolvemento e asesoramento do traballo nos establecementos estéticos a través do estudo da fisioloxía humana, os hábitos de vida saudable, a xestión e o tratamento dos residuos, e a hixiene no ámbito laboral.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Xustificación da correcta aplicación dos tratamentos de imaxe persoal identificando a estrutura, as funcións e a regulación dos aparellos e dos sistemas máis importantes do corpo humano.

– Asesoramento sobre os hábitos de vida saudable e sobre unha dieta equilibrada como ferramenta de imaxe persoal.

– Organización dos protocolos de limpeza, desinfección e esterilización de utensilios, aparellos e accesorios no ámbito laboral.

– Selección dos métodos adecuados para o tratamento dos residuos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse no desenvolvemento dos tratamentos faciais e corporais en centros onde se desenvolvan actividades relacionadas coa imaxe persoal ou centros de técnicas hidrotermais.

A formación do módulo contribúe a lograr os obxectivos xerais c), ñ), o), u) e w) do ciclo formativo e as competencias c), n), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo relaciónanse con:

– Recoñecemento das partes, os órganos, os aparellos e os sistemas do corpo humano.

– Uso dos métodos de limpeza, desinfección e esterilización de utensilios, aparellos, accesorios, espazos e instalacións.

– Interpretación dos protocolos de calidade no tratamento dos residuos.

1.2. Módulo profesional: Dermotricoloxía.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP1064.

• Duración: 160 horas.

1.2.1. Unidade formativa 1: Anatomía, fisioloxía e patoloxías básicas do coiro cabeludo e os anexos cutáneos.

• Código: MP1064_12.

• Duración: 60 horas.

1.2.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza o coiro cabeludo analizando a súa estrutura e as súas alteracións.

– CA1.1. Identificáronse a estrutura anatómica e fisiolóxica do órgano cutáneo e dos seus anexos.

– CA1.2. Describiuse a fisioloxía do órgano cutáneo.

– CA1.3. Determináronse as funcións do órgano cutáneo.

– CA1.4. Caracterizáronse os anexos glandulares.

– CA1.5. Describíronse as características da emulsión e da flora epicutánea.

– CA1.6. Recoñeceuse a importancia da permeabilidade cutánea.

– CA1.7. Identificáronse a vascularización e a inervación do coiro cabeludo.

– CA1.8. Relacionáronse os tipos de coiro cabeludo coa súa emulsión epicutánea, a idade, a raza ou o sexo.

– CA1.9. Caracterizáronse as lesións elementais da pel.

– CA1.10. Clasificáronse as alteracións do coiro cabeludo.

– CA1.11. Determináronse as reaccións adversas da pel aos cosméticos e aos materiais utilizados en peiteado.

– CA1.12. Determináronse os efectos das radiacións solares no coiro cabeludo.

– CA1.13. Identificáronse as circunstancias e o estado do coiro cabeludo en que non estean indicados ou contraindicados os tratamentos capilares.

• RA2. Caracteriza os anexos cutáneos córneos analizando a súa estrutura e as súas alteracións.

– CA2.1. Identificáronse os anexos cutáneos córneos.

– CA2.2. Diferenciáronse os tipos, as propiedades físicas e a composición química do pelo.

– CA2.3. Determináronse as características do pelo da barba e do bigote, e as súas alteracións específicas.

– CA2.4. Establecéronse as fases do ciclo vital do cabelo.

– CA2.5. Relacionáronse as alteracións na cantidade do sistema piloso coa súa etioloxía.

– CA2.6. Diferenciáronse as alteracións estruturais e cromáticas do cabelo.

– CA2.7. Relacionáronse as modificacións estruturais do cabelo cos procesos (peiteados, aplicación de extensións etc.) e cos traballos técnicos (cambios de forma permanente, de cor etc.).

– CA2.8. Identificáronse as partes das uñas, as súas propiedades físicas e a súa composición química.

– CA2.9. Recoñecéronse as alteracións ungueais e periungueais.

– CA2.10. Determináronse as alteracións parasitarias e micolóxicas e a súa repercusión nos tratamentos.

– CA2.11. Relacionáronse as alteracións postraumáticas cos seus tratamentos en dermotricoloxía.

1.2.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización do coiro cabeludo.

• Estrutura macroscópica e microscópica da pel: características e propiedades (protección, inmunidade e termorregulación, sensorial etc.).

• Fisioloxía do órgano cutáneo: queratoxénese. Melanoxénese.

• Anexos cutáneos glandulares: tipos e descrición; distribución e secrecións.

• Emulsión epicutánea.

• Flora cutánea.

• Vascularización e inervación.

• Permeabilidade cutánea.

• Coiro cabeludo: estrutura, características e tipos en función da emulsión epicutánea.

• Estados evolutivos do coiro cabeludo: variacións relacionadas coas razas e cos sexos.

• Lesións elementais da pel (mácula, erupción, erosión, vesícula, nódulo, pústulas, quistes, placas, eritema, anxiomas etc.): forma, tipos e características.

• Reaccións adversas da pel (dermatite irritativa, alerxias etc.).

• Alteracións vasculares cutáneas do coiro cabeludo (eritemas, hematomas etc.).

• Alteracións da hidratación, a sudación, a lipidización, a pigmentación e a queratinización cutánea con repercusión en peiteado (descamación, pitiriase, seborrea, hiperhidrose etc.): definición, clasificación, extensión e características.

• Nevos e tumores malignos da pel. Fototipos cutáneos.

• Alteracións pigmentarias do coiro cabeludo de orixe conxénita ou adquirida (efélides, vitilixe, albinismo etc.): tipos e características.

• Outras alteracións (por influencia climática ou profesional, pel sensible, pel postraumática, pseudofoliculite etc.).

BC2. Caracterización dos anexos cutáneos córneos.

• Anexos cutáneos córneos (pelo e uñas): tipos, descrición e características; propiedades físicas e composición química.

• Barba e bigote: características con repercusión en dermotricoloxía.

• Ciclo vital do cabelo: descrición das fases. Asincronismo piloso. Porcentaxes asociadas a cada fase. Repercusión das desviacións observadas.

• Alteracións da cantidade do sistema piloso e a súa repercusión: hipertricose e hirsutismo, tricotilomanía, alopecias conxénitas, traumáticas, por efluvios, areata, androxenética no home e na muller etc.

• Alteracións estruturais: tipos e características. Alteracións de tratamento en dermotricoloxía: tricorrixe nodosa, tricoptilose, triconodose e tricoclasia. Outras patoloxías.

• Alteracións ou modificacións na estrutura do cabelo asociadas a cambios de forma temporal e permanente, e outros traballos técnicos como cambios de cor, aplicación de extensións etc.

• Alteracións cromáticas do cabelo de tratamento en dermotricoloxía: tipos e características. Canicie, heterocromías, coloracións e descoloracións. Outros tipos de cambios de cor de orixe profesional e cosmética.

• Alteracións ungueais da lámina, a estrutura, a curvatura, a consistencia ou o grosor. Alteracións na consistencia, a adherencia ou nos tecidos periungueais. Outras patoloxías ungueais: leuconiquia, sucos transversais de Beau, onicorrixe, oniquia punteada, onicomadese, onicolise, onicofaxia e uña encarnada.

• Alteracións parasitarias e micolóxicas con influencia nos anexos cutáneos: tipos e características. Pediculoses. Tiñas: precaucións. Desvío a diferentes profesionais.

• Outras alteracións: alteracións postraumáticas (cicatrices, queloides, alopecias cicatriciais, alopecias totais e/ou definitivas etc.): descrición, características e solucións no ámbito da dermotricoloxía.

1.2.2. Unidade formativa 2: Análise dermotricolóxica.

• Código: MP1064_22.

• Duración: 100 horas.

1.2.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Selecciona os medios e os equipamentos para a análise capilar e describe o seu fundamento científico.

– CA1.1. Identificáronse os medios e os equipamentos empregados na análise dermotricolóxica.

– CA1.2. Estableceuse o seu fundamento científico.

– CA1.3. Xustificouse a elección de medios e equipamentos en función da técnica de análise.

– CA1.4. Establecéronse as pautas e as normas de utilización dos medios e dos equipamentos de análise.

– CA1.5. Especificáronse as pautas de hixiene, desinfección, mantemento e calidade para o uso dos equipamentos de diagnóstico dermotricolóxico.

– CA1.6. Responsabilizouse da aplicación de normas de seguridade asociadas ao uso de medios e equipamentos.

• RA2. Aplica o protocolo de análise capilar establecendo a secuencia das fases de actuación e utilizando técnicas tricolóxicas.

– CA2.1. Deseñouse o protocolo de análise capilar.

– CA2.2. Establecéronse os medios para valorar as necesidades ou as expectativas da clientela.

– CA2.3. Caracterizáronse os tipos de documentación utilizada e xerada, asociada a un protocolo de diagnóstico.

– CA2.4. Deseñouse un modelo de historial e ficha técnica, artística e comercial da clientela determinando os datos que cumpra consignar.

– CA2.5. Redactáronse os modelos de información ou remisión a diferentes profesionais.

– CA2.6. Establecéronse as partes dun consentimento informado.

– CA2.7. Recoñeceuse a normativa legal do sector.

– CA2.8. Identificáronse as normas deontolóxicas da profesión.

– CA2.9. Diferenciáronse os métodos de exploración e observación dermotricolóxicos.

– CA2.10. Realizouse a análise capilar.

– CA2.11. Relacionáronse os resultados das análises capilares cos parámetros de normalidade do ciclo piloso.

– CA2.12. Realizáronse técnicas de diagnóstico complementario do coiro cabeludo e do talo capilar.

– CA2.13. Elaborouse o informe final onde se xustifican os datos da análise realizada para elaborar a proposta de tratamento.

• RA3. Deseña protocolos de tratamentos capilares estéticos integrando medios técnicos, manuais e cosmetolóxicos.

– CA3.1. Establecéronse os elementos e as fases para o deseño de protocolos capilares estéticos.

– CA3.2. Determináronse as características dos tipos de tratamentos capilares.

– CA3.3. Establecéronse protocolos de tratamentos de alteracións do coiro cabeludo.

– CA3.4. Deseñáronse procedementos de aplicación de tratamentos para as alteracións estruturais do cabelo.

– CA3.5. Establecéronse protocolos de tratamentos capilares para as alteracións da cantidade do cabelo.

– CA3.6. Deseñáronse procedementos de aplicación de tratamentos estéticos noutras alteracións relacionadas co cabelo e o coiro cabeludo.

– CA3.7. Coordináronse os tratamentos profesionais personalizados no salón de peiteado cos tratamentos de continuidade realizados pola clientela.

– CA3.8. Elaboráronse sistemas de avaliación e control dos protocolos de tratamento.

– CA3.9. Elaborouse documentación para a consulta con diferentes profesionais.

• RA4. Elabora a proposta personalizada de tratamento interpretando a análise previa.

– CA4.1. Establecéronse as pautas para a elaboración da proposta de tratamento.

– CA4.2. Presentouse o informe da análise e o tratamento proposto.

– CA4.3. Elaboráronse documentos de información complementarios ao diagnóstico.

– CA4.4. Estableceuse un protocolo de tratamento capilar personalizado segundo o diagnóstico.

– CA4.5. Proporcionouse información do servizo e das sensacións que se vaian percibir.

– CA4.6. Asesorouse sobre as pautas de vida saudable e a inxestión de nutricosméticos como complemento ao tratamento dermotricolóxico.

– CA4.7. Especificáronse os parámetros do plan de calidade.

– CA4.8. Describíronse os contidos que inclúe un manual de procedementos.

– CA4.9. Identificáronse as pautas de atención á clientela.

– CA4.10. Elaboráronse enquisas para avaliar o grao de satisfacción.

– CA4.11. Elaboráronse propostas para a xestión de suxestións, queixas e reclamacións.

– CA4.12. Determináronse recomendacións cosméticas e/ou de servizos alternativos.

1.2.2.2. Contidos básicos.

BC1. Selección dos medios e dos equipamentos de análise capilar.

• Medios e equipamentos empregados na análise da pel e dos seus anexos. Clasificación:

– Medios ópticos: descrición, características, normas de utilización, indicacións, precaucións e criterios de selección. Tipos: lupa, microscopio, microcámara, microvisor etc.

– Aparellos emisores de luz: lámpada de Wood.

– Técnicas biométricas para avaliar a emulsión epicutánea: medidor de hidratación cutánea, sebómetro, medidor de pH etc. Descrición, características, fundamento científico, modo de aplicación, normas de utilización, precaucións e criterios de selección.

• Cálculos asociados a aparellos. Establecemento de valores de referencia. Interpretación dos resultados.

• Pautas de hixiene, desinfección e mantemento dos aparellos de uso no diagnóstico capilar.

• Innovacións en aparellos de análise da pel e dos seus anexos.

• Normativa asociada aos aparellos de diagnóstico.

BC2. Aplicación do protocolo de análise capilar.

• Protocolo: definición e fases para a súa elaboración. Secuencia e temporalización.

• Documentación xerada e utilizada:

– Historial e ficha técnica, artística e comercial da clientela.

– Protocolos personalizados. Consentimento informado.

– Información técnica de equipamentos, aparellos e cosméticos utilizados.

– Informes asociados ao diagnóstico capilar: informes emitidos a profesionais; fichas de avaliación do servizo; documentación subministrada á clientela. Sistemas de arquivamento.

• Normativa legal do sector.

• Normas deontolóxicas.

• Análise capilar: fundamento, características e metodoloxía.

• Obtención de imaxes de referencia.

• Entrevista: obxectivos, organización e contido. Métodos de exploración e observación directos e indirectos. Zonas de exploración. Medidas de seguridade e hixiene. Medios e materiais empregados na análise capilar.

• Tricograma.

• Técnicas de análise capilar para o diagnóstico: observación visual, amplificación, táctil, de biometroloxía cutánea etc. Informe do diagnóstico: información dos resultados; proposta de tratamento tras o diagnóstico.

BC3. Deseño de protocolos de tratamentos capilares estéticos.

• Bases para o deseño dos protocolos de tratamento capilares.

• Elementos: proceso, secuencia, temporalización; medios técnicos, cosmetolóxicos e manuais. Criterios de avaliación de resultados.

• Fases do protocolo do tratamento: estudo da zona; selección e preparación dos medios técnicos; preparación; núcleo do tratamento; finalización do tratamento; asesoramento profesional.

• Clasificación dos tratamentos capilares.

• Deseño de protocolos de alteracións do coiro cabeludo, estruturais do cabelo, da cantidade do sistema piloso capilar e outras alteracións do cabelo.

• Deseño de protocolos de tratamentos en alteracións postraumáticas.

• Deseño de protocolo de tratamento personalizado no salón de peiteado e no domicilio.

• Avaliación e control. Elaboración de fichas de seguimento. Revisión e modificacións.

• Documentación asociada.

BC4. Elaboración da proposta personalizada de tratamento.

• Proposta de tratamento: elaboración de documentos de información á clientela. Forma de realizar a presentación da proposta.

• Outros servizos asociados ao tratamento.

• Técnicas externas alternativas de tratamento: cirurxía, microenxertos, enxertos etc.

• Elaboración de documentos de asesoramento á clientela e tratamento domiciliario.

• Protocolos personalizados segundo o diagnóstico previo e a súa adaptación.

• Información e asesoramento sobre o tratamento dermotricolóxico.

• Asesoramento sobre hábitos de vida saudable, nutricosméticos e outros aplicados á dermotricoloxía.

• Asesoramento sobre servizos alternativos: postizos, complementos etc.

• Protocolo de calidade:

– Elaboración do plan de calidade.

– Aplicación dos criterios en todas as fases do proceso.

– Manuais de procedementos.

– Técnicas de corrección das desviacións.

– Atención á clientela.

– Enquisas de satisfacción.

– Tratamento de queixas, suxestións e reclamacións.

1.2.3 Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional permítelle ao alumnado ter os coñecementos necesarios para realizar unha análise dermotricolóxica cuxas conclusións lle permitirán elaborar un diagnóstico e unha proposta de tratamento na cal se incluirán os protocolos de traballo e os recursos cosmetolóxicos e materiais e cantos sexan necesarios para a súa execución.

A análise e o diagnóstico dermotricolóxicos abranguen aspectos como:

– Análise da microestrutura e da macroestrutura dermotricolóxica.

– Alteracións dermotricolóxicas con repercusión en peiteado.

– Tricograma.

– Presentación do diagnóstico e do seu tratamento.

– Recomendacións cosméticas ou doutro tipo relacionadas cos tratamentos capilares.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Salóns de peiteado.

– Clínicas capilares.

– Empresas de produción e distribución de cosmética de tratamentos capilares e empresas de aparellos de uso capilar, exercendo funcións de demostración ou formación.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), e), f), l), n), p), r), t), u) e w) do ciclo formativo e as competencias c), e), f), k), m), ñ), o), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Análise e diagnóstico dermotricolóxico.

– Organización e planificación dos recursos necesarios para poder realizar diagnósticos e aplicar tratamentos.

– Proposta de tratamentos.

– Elaboración de protocolos de actuación.

– Determinación de solucións capilares en persoas necesitadas de coidados especiais.

Coa finalidade de aplicar unha secuencia lóxica das ensinanzas, recoméndase iniciar o módulo pola unidade formativa 1 (Dermotricoloxía) e continuar coa unidade formativa 2 (Análise dermotricolóxica).

1.3. Módulo profesional: Recursos técnicos e cosméticos.

• Equivalencia en créditos ECTS: 11.

• Código: MP1065.

• Duración: 187 horas.

1.3.1. Unidade formativa 1: Recursos técnicos.

• Código: MP1065_12.

• Duración: 40 horas.

1.3.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica os recursos empregados nos procesos de peiteado analizando a súa tipoloxía e a normativa que deben cumprir.

– CA1.1. Determináronse os tipos de recursos.

– CA1.2. Recoñecéronse os equipamentos técnicos empregados en peiteado.

– CA1.3. Identificáronse os tipos de masaxe.

– CA1.4. Estableceuse a clasificación dos cosméticos.

– CA1.5. Analizouse a regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

– CA1.6. Comprobouse que os equipamentos e os accesorios cumpren os requisitos de seguridade exixidos pola normativa.

– CA1.7. Especificáronse as normas de seguridade eléctrica.

– CA1.8. Identificáronse os requisitos de instalación para aplicar técnicas de emisión de radiación electromagnética.

• RA2. Caracteriza os aparellos capilares relacionando os efectos producidos coas súas indicacións.

– CA2.1. Especificouse o funcionamento dos equipamentos de acción mecánica, térmica e química.

– CA2.2. Identificáronse os tipos de correntes eléctricas utilizadas en peiteado.

– CA2.3. Especificouse o funcionamento dos equipamentos baseados na aplicación de correntes eléctricas.

– CA2.4. Relacionáronse os efectos fisiolóxicos cos tipos de corrente e o seu xeito de actuar.

– CA2.5. Recoñeceuse o fundamento científico dos aparellos emisores de radiacións electromagnéticas.

– CA2.6. Establecéronse os efectos, as indicacións e as contraindicacións dos aparellos capilares.

– CA2.7. Estableceuse a finalidade dos cosméticos que se empregan en técnicas de electroestética.

– CA2.8. Analizáronse criticamente as novidades do sector.

• RA3. Aplica os aparellos capilares xustificando o protocolo de utilización.

– CA3.1. Interpretáronse os expedientes técnicos de funcionamento dos equipamentos.

– CA3.2. Determináronse as normas de seguridade de cada aparello.

– CA3.3. Estableceuse a secuencia de protocolos de aplicación dos equipamentos.

– CA3.4. Seleccionáronse accesorios, utensilios e cosméticos en función das características de cada técnica.

– CA3.5. Axustáronse os parámetros e a dosimetría ao protocolo de aplicación de técnicas e equipamentos.

– CA3.6. Xustificáronse as normas e as precaucións de utilización.

– CA3.7. Establecéronse as condicións de hixiene e desinfección de equipamentos, accesorios e materiais.

– CA3.8. Aplicáronse protocolos de utilización e eliminación de materiais dun só uso.

– CA3.9. Establecéronse pautas para o mantemento e o almacenamento de equipamentos e accesorios e materiais.

– CA3.10. Determináronse as operacións de control do proceso.

– CA3.11. Avaliáronse o proceso e os resultados obtidos e establecéronse medidas correctoras cando os resultados non sexan os previstos.

– CA3.12. Avaliáronse os riscos na aplicación de equipamentos de tratamentos capilares

– CA3.13. Identificáronse as medidas de emerxencia que cumpra tomar nas situacións de risco.

• RA4. Caracteriza os tipos de masaxe capilar relacionando os efectos coas técnicas que cumpra realizar.

– CA4.1. Estableceuse o concepto de masaxe capilar.

– CA4.2. Identificáronse os efectos xerais da masaxe capilar.

– CA4.3. Xustificouse a secuencia das manobras dunha masaxe de tratamento capilar.

– CA4.4. Establecéronse o percorrido, os efectos e o xeito de realización de cada manobra.

– CA4.5. Determináronse os obxectivos da masaxe de hixiene capilar.

– CA4.6. Estableceuse o protocolo de realización da masaxe de hixiene.

– CA4.7. Especificáronse os efectos e as manobras da drenaxe linfática.

– CA4.8. Estableceuse o protocolo de aplicación da DLM.

– CA4.9. Establecéronse as indicacións e as contraindicacións de cada tipo de masaxe.

1.3.1.2. Contidos básicos.

BC1. Identificación dos recursos empregados nos procesos de peiteado.

• Clasificación dos recursos. Tipos de recursos.

• Recursos electroestéticos (equipamentos de acción térmica e de acción químico-mecánica, equipamentos xeradores de correntes eléctricas, equipamentos de radiacións electromagnéticas etc.): clasificación e tipos.

• Recursos manuais. Masaxes capilares: clasificación e tipos.

• Recursos cosméticos: clasificación e tipos.

• Regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos.

• Normativa de calidade de produtos e equipamentos.

• Sistemas e normas de seguridade eléctrica. Requisitos de instalación para aplicar técnicas de emisión de radiación electromagnética. Normas sobre aparellos. Requisitos dos equipamentos electroestéticos.

BC2. Caracterización dos aparellos capilares.

• Equipamentos xeradores de calor: clasificación, descrición, fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións. Efectos da calor seca e húmida no cabelo e no coiro cabeludo, e nos procesos de peiteado.

• Equipamentos de acción químico-mecánica: tipos, descrición, fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións. Tipos: compresores (vacuumterapia), vibradores, xeradores de ozono seco etc.

• Clasificación das correntes eléctricas empregadas en peiteado: correntes continuas e correntes variables.

• Equipamentos xeradores de corrente variable: alta frecuencia e alta frecuencia diatermia. Características, fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións en tratamentos capilares. Criterios de selección.

• Equipamentos xeradores de corrente continua ou galvánica: características, fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións. Criterios de selección dos cosméticos que hai que empregar cos equipamentos de corrente galvánica.

• Introdución ás radiacións electromagnéticas: fundamento físico, clasificación e radiacións electromagnéticas con aplicación en peiteado.

• Equipamentos emisores de radiacións electromagnéticas: equipamentos de radiación infravermella, de radiación ultravioleta e de radiación láser, luz LED e luz pulsada. Características. Fundamento científico, efectos, indicacións e contraindicacións.

• Asociación das técnicas en dermotricoloxía.

• Innovacións de técnicas e equipamentos.

BC3. Aplicación dos aparellos capilares.

• Documentación técnica: interpretación de manuais.

• Operacións previas. Medidas de seguridade e precaucións na aplicación de equipamentos e aparellos.

• Protocolo de uso e aplicación de equipamentos. Selección de accesorios e cosméticos, regulación de parámetros, secuencia, normas de utilización e precaucións. Manuais de procedementos.

• Protocolos de hixiene, desinfección e/ou esterilización e precintaxe de materiais, equipamentos e accesorios.

• Procedementos para a utilización e a eliminación do material dun só uso.

• Mantemento e almacenamento de equipamentos e accesorios. Precaucións.

• Supervisión do proceso e recollida de incidencias.

• Avaliación de riscos na aplicación de equipamentos de tratamentos capilares.

• Prevención de accidentes e xeito de actuar fronte a eles.

BC4. Caracterización dos tipos de masaxe capilar

• Masaxe capilar: concepto; efectos fisiolóxicos.

• Masaxe de tratamento capilar: tipos de manobras e efectos; protocolo de realización; indicacións e contraindicacións.

• Masaxe para a hixiene capilar: efectos; protocolo de realización.

• Masaxe de drenaxe linfática capilar: efectos; tipos de manobras; protocolo de realización; indicacións, precaucións e contraindicacións.

1.3.2. Unidade formativa 2: Recursos cosméticos.

• Código: MP1065_22.

• Duración: 147 horas.

1.3.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza os recursos cosméticos capilares describindo os seus compoñentes.

– CA1.1. Clasificáronse as substancias e as mesturas químicas que interveñen nos cosméticos segundo a súa composición, o pH ou as reaccións químicas que establecen.

– CA1.2. Especificouse a función dos principios activos, excipientes e aditivos nos cosméticos.

– CA1.3. Estableceuse a diferenza entre composición cuantitativa e cualitativa.

– CA1.4. Avaliouse a importancia das concentracións das mesturas de substancias como auga oxixenada ou amoníaco nos efectos do cosmético sobre a fibra capilar e o coiro cabeludo.

– CA1.5. Recoñecéronse os compoñentes externos do cosmético.

– CA1.6. Establecéronse as indicacións que deben figurar na etiquetaxe do produto.

– CA1.7. Identificáronse as características e as funcións das substancias máis utilizadas na elaboración dun cosmético.

– CA1.8. Analizouse a lexislación sobre cosméticos e identificáronse as substancias prohibidas e as restrinxidas.

– CA1.9. Identificouse a composición xeral e a parte externa dun cosmético comercial.

– CA1.10. Identificáronse as vías e o grao de penetración dos cosméticos na pel e no pelo.

– CA1.11. Clasificáronse os vectores cosméticos.

– CA1.12. Vinculouse o emprego dos vectores cosméticos co aumento da eficacia dos principios activos que transportan.

• RA2. Prepara produtos cosméticos organizando as operacións de elaboración.

– CA2.1. Establecéronse as diferenzas entre sistemas dispersos homoxéneos e heteroxéneos.

– CA2.2. Distinguíronse os compoñentes das disolucións, os factores que afectan a solubilidade e a forma de expresar a súa concentración.

– CA2.3. Identificáronse as fases e as propiedades das suspensións e das suspensións coloidais.

– CA2.4. Caracterizáronse as emulsións en función da composición das súas fases.

– CA2.5. Especificáronse as formas de presentación dos cosméticos.

– CA2.6. Recoñeceuse a importancia do tipo de envase na determinación da forma cosmética.

– CA2.7. Identificáronse as substancias, os materiais e as técnicas para a elaboración dunha fórmula cosmética.

– CA2.8. Especificáronse as partes dunha fórmula cosmética (composición cuantitativa, modus operandi e características dos seus ingredientes).

– CA2.9. Preparáronse fórmulas de cosméticos no laboratorio.

– CA2.10. Aplicáronse protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasamento de mesturas e cosméticos sinxelos, en condicións de seguridade e saúde.

– CA2.11. Identificáronse as medidas hixiénico-sanitarias do persoal profesional no laboratorio, necesarias para realizar os procesos de preparación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos, en condicións de seguridade e saúde.

– CA2.12. Realizouse o envasado de preparados cosméticos.

– CA2.13. Aplicáronse controis de calidade nos procesos de elaboración de fórmulas e preparados cosméticos capilares.

– CA2.14. Aplicáronse medidas para a xestión de residuos.

• RA3. Selecciona cosméticos capilares tendo en conta a relación entre a súa composición e as indicacións.

– CA3.1. Identificáronse os cosméticos para a hixiene e o acondicionamento capilar.

– CA3.2. Estableceuse o xeito de actuar dun cosmético de hixiene e un acondicionador.

– CA3.3. Caracterizáronse os cosméticos de mantemento e protección.

– CA3.4. Establecéronse os efectos dos cosméticos de tratamento sobre a fibra capilar.

– CA3.5. Identificáronse os cosméticos adecuados ás aplicacións de traballos técnicos.

– CA3.6. Describíronse os mecanismos de acción dos cosméticos utilizados en procesos e traballos técnicos de peiteado.

– CA3.7. Definiuse o xeito de actuar dos principios activos contidos nos cosméticos para alteracións do coiro cabeludo.

– CA3.8. Estableceuse o mecanismo de acción dos produtos para pediculose.

– CA3.9. Estableceuse o protocolo de actuación ante un caso de pediculose.

– CA3.10. Xustificouse a elección do cosmético en cada tipo de alteración.

– CA3.11. Especificáronse as pautas de manipulación, conservación, almacenamento e xestión de residuos dos produtos cosméticos.

• RA4. Identifica cosméticos especiais e innovadores analizando os seus efectos e o xeito de actuar.

– CA4.1. Estableceuse a finalidade dos cosméticos innovadores que se empregan en técnicas de electroestética.

– CA4.2. Xustificouse o uso da nutricosmética como complemento ao tratamento.

– CA4.3. Caracterizáronse os cosméticos que se vaian empregar en persoas usuarias con necesidades especiais.

– CA4.4. Diferenciouse a cosmética natural da convencional.

– CA4.5. Especificáronse os extractos vexetais e os aceites esenciais con efectos en alteracións capilares.

– CA4.6. Estableceuse a relación dos principios activos de orixe mariña e os seus efectos.

– CA4.7. Identificáronse os cosméticos termais con aplicación en alteracións capilares.

– CA4.8. Relacionouse a composición química dos principios activos de nova xeración cos seus efectos e indicacións.

– CA4.9. Valorouse a importancia de incorporar novos activos e excipientes nos procesos de peiteado.

1.3.2.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización dos recursos cosméticos capilares.

• Clasificación das substancias e as mesturas químicas que interveñen nos cosméticos segundo a súa composición, o pH ou as reaccións químicas que establecen.

• Concepto de cosmético.

• Composición xeral: principios activos, excipientes e aditivos.

• Composición cualitativa e cuantitativa. Código INCI.

• Parte externa do cosmético: elementos que a constitúen, envase, embalaxe, prospecto e etiqueta. Importancia do deseño para a venda. Packaging.

• Análise da regulamentación técnico-sanitaria de produtos cosméticos. Substancias prohibidas e restrinxidas nos cosméticos.

• Substancias empregadas frecuentemente nos cosméticos capilares (auga, auga oxixenada, amoníaco, compoñentes lipídicos e tensoactivos, siliconas cosméticas etc.): funcións e efectos.

• Actuación dos cosméticos sobre a pel e o pelo: penetrabilidade e factores que inflúen nela.

• Vectores cosméticos.

BC2. Preparación de produtos cosméticos.

• Sistemas dispersos homoxéneos (disolucións) e heteroxéneos: tipos e características.

• Formas cosméticas: tipos e características; criterios de selección.

• Laboratorio cosmético:

– Equipamentos e material de laboratorio.

– Protocolos de limpeza e hixiene do material e dos equipamentos necesarios para a fabricación e o envasamento de mesturas e cosméticos sinxelos en condicións de saúde.

– Aplicación das medidas hixiénico-sanitarias do persoal profesional no laboratorio, necesarias para realizar os procesos de preparación de mesturas de compostos e cosméticos sinxelos en condicións de seguridade e saúde.

– Fórmula cosmética: ingredientes; composición cuantitativa.

– Procedemento de elaboración de fórmulas cosméticas: protocolo.

– Exemplos de preparación de cosméticos: preparación de auga oxixenada de distinta concentración, emulsións, xeles etc.

– Envasamento.

– Control de calidade do proceso.

– Xestión de residuos.

• Control de calidade do proceso.

BC3. Selección de cosméticos capilares.

• Cosméticos para a hixiene e o acondicionamento capilar: composición e mecanismo de actuación; criterios de selección. Xampús: formulación e función de cada compoñente. Tipos de xampús. Xampús específicos para tratamentos capilares: características. Acondicionadores: clasificación dos principios activos; tipos.

• Cosméticos complementarios á hixiene. Exfoliantes: composición, mecanismo de acción, indicacións e precaucións.

• Cosméticos para cambios de forma temporal (fixadores) e permanente do cabelo (cosméticos para rizar e desrizar o cabelo): composición e mecanismo de acción; indicacións e precaucións.

– Modificacións na estrutura capilar nos cambios de forma temporal no cabelo.

– Modificacións na estrutura capilar nos cambios de forma permanente no cabelo. Secuencia da aplicación de cosméticos.

• Cosméticos de mantemento e protección do cabelo e do coiro cabeludo (hidratantes, protectores solares etc.): composición, indicacións, xeito de actuar e formas cosméticas.

• Cosméticos para aplicacións de traballos técnicos e tratamentos do talo capilar (restauradores capilares, máscaras, tinturas e descolorantes): composición, principios activos, mecanismo de acción e indicacións; criterios de selección.

• Cosméticos para alteracións do coiro cabeludo (deshidratación, seborrea, pitiriase e alopecia): principios activos, accións, formas cosméticas e xeito de aplicación.

• Produtos para pediculose (xampús e locións): composición e mecanismo de acción. Recomendacións para a aplicación no domicilio. Factores que determinan a eficacia.

• Manipulación, conservación e almacenamento dos produtos cosméticos.

• Xestión de residuos. Coidado do ambiente.

BC4. Identificación de cosméticos especiais e innovadores.

• Innovacións en cosmética asociada a técnicas electroestéticas.

• Nutricosmética para o cabelo e as uñas: compoñentes principais, efectos e indicacións, criterios de clasificación e formas de presentación.

• Cosméticos en persoas usuarias con necesidades especiais: características e propiedades específicas.

• Cosmética natural en tratamentos capilares:

– Fitocosmética e aromaterapia: concepto. Concepto de extractos vexetais e aceites esenciais. Efectos e usos en peiteado.

– Cosmética mariña animal e vexetal.

– Cosmética termal empregada en tratamentos capilares (barros, arxilas etc.): accións.

• Innovacións en cosmética capilar. Principios activos de nova xeración. Novos excipientes, filtros UV etc.

1.3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de recoñecer, seleccionar, manipular e conservar os recursos técnicos, manuais e cosméticos empregados en peiteado e tratamentos capilares.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Identificación dos recursos empregados en peiteado.

– Caracterización e manipulación dos aparellos capilares.

– Caracterización dos tipos de masaxe capilar.

– Caracterización dos cosméticos segundo os ingredientes que os constitúen.

– Preparación dos produtos cosméticos.

– Selección, manipulación e conservación dos cosméticos empregados en peiteado e en tratamentos capilares.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Establecementos de peiteado.

– Centros de tratamentos capilares.

– Establecementos de venda de cosméticos de peiteado.

– Distribuidoras de cosméticos.

– Grandes superficies comerciais.

– Feiras e congresos profesionais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), e), ñ), p), r), t), u) e w) do ciclo formativo e as competencias e), i), n), ñ), o), q), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Identificación dos recursos empregados en peiteado e tratamentos capilares.

– Identificación das características e manipulación dos aparellos capilares.

– Identificación das características e dos efectos dos tipos de masaxe capilar.

– Identificación dos compoñentes dos cosméticos.

– Preparación de fórmulas cosméticas.

– Selección e manipulación dos cosméticos.

– Identificación dos cosméticos innovadores no sector.

1.4. Módulo profesional: Tratamentos capilares.

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP1066.

• Duración: 105 horas.

1.4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Organiza o posto de traballo identificando os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para a súa prevención.

– CA1.1. Determináronse as características e as condicións da zona de traballo.

– CA1.2. Preparáronse a área de traballo, os medios técnicos, os aparellos e os cosméticos necesarios para realizar un tratamento capilar.

– CA1.3. Establecéronse as pautas de hixiene e o mantemento dos equipamentos eléctricos e os seus accesorios.

– CA1.4. Identificáronse as actitudes e as aptitudes do persoal profesional e as capacidades e competencias previas necesarias.

– CA1.5. Seguíronse as normas sobre hixiene, indumentaria e imaxe persoal do persoal profesional nos procesos de tratamentos capilares.

– CA1.6. Identificáronse as posicións anatómicas adecuadas e as medidas de preparación e protección do persoal profesional e da clientela.

– CA1.7. Establecéronse as normas de comportamento e de actuación interpersoal.

– CA1.8. Establecéronse os métodos de hixiene, desinfección, esterilización e precintaxe aplicables aos utensilios e aos materiais empregados.

– CA1.9. Determináronse as pautas de aplicación dos métodos de hixiene, desinfección e esterilización.

• RA2. Deseña solucións capilares personalizadas interpretando os datos obtidos do diagnóstico.

– CA2.1. Clasificáronse os tipos de tratamentos capilares.

– CA2.2. Determináronse as características dos tipos de tratamentos capilares: efectos, indicacións e contraindicacións.

– CA2.3. Establecéronse os protocolos de acollemento, atención e preparación da clientela.

– CA2.4. Aplicáronse as técnicas de comunicación nas entrevistas coa clientela.

– CA2.5. Establecéronse criterios de identificación das demandas e das expectativas da clientela.

– CA2.6. Seleccionáronse as técnicas para a análise da zona que se vaia tratar.

– CA2.7. Aplicáronse as técnicas de análise capilar en casos reais para a obtención de diagnósticos.

– CA2.8. Valoráronse as alteracións do cabelo e do coiro cabeludo distinguindo as que son obxecto de tratamento por diferentes profesionais.

– CA2.9. Derivouse a clientela cara a diferentes profesionais (superiores, persoal médico etc.) en caso necesario, e emitiuse o informe correspondente.

– CA2.10. Rexistrouse na ficha técnica a información obtida na entrevista e o diagnóstico resultante da análise capilar.

– CA2.11. Cubriuse e formalizouse o consentimento informado.

– CA2.12. Personalizouse o tratamento estético capilar adaptándoo ao diagnóstico resultante da valoración dos datos obtidos na análise.

• RA3. Aplica técnicas previas aos tratamentos capilares xustificando a súa integración no tratamento capilar.

– CA3.1. Caracterizáronse as técnicas previas aos tratamentos estéticos capilares.

– CA3.2. Seleccionáronse as técnicas de preparación e acondicionamento do cabelo.

– CA3.3. Establecéronse as fases e os parámetros das técnicas de hixiene e acondicionamento.

– CA3.4. Seleccionáronse os cosméticos e os medios para a preparación do cabelo e do coiro cabeludo (hixiene e acondicionamento).

– CA3.5. Realizouse a técnica de hixiene e acondicionamento en función do tratamento proposto.

– CA3.6. Identificáronse os tipos, as características e as pautas de aplicación das técnicas de exfoliación.

– CA3.7. Aplicáronse as técnicas de exfoliación seguindo o protocolo establecido.

– CA3.8. Identificáronse outras técnicas para a preparación do cabelo e do coiro cabeludo para tratamento: vapor, masaxes mecánicas, radiacións electromagnéticas etc.

– CA3.9. Aplicáronse outras técnicas de preparación en función dos efectos pretendidos.

• RA4. Realiza masaxes capilares manuais e mecánicas aplicando técnicas e manobras específicas.

– CA4.1. Identificáronse as técnicas de masaxe estética capilar (manuais e mecánicas).

– CA4.2. Seleccionáronse as manobras do masaxe e/ou drenaxe estética para os procesos de tratamentos capilares en función das necesidades da clientela.

– CA4.3. Relacionouse a técnica de masaxe e/ou drenaxe coas características da zona que se vaia tratar.

– CA4.4. Relacionouse a técnica de masaxe e/ou drenaxe co tipo de tratamento indicado.

– CA4.5. Determináronse as pautas que haxa que seguir na masaxe capilar manual e mecánica.

– CA4.6. Determináronse as pautas que haxa que seguir na drenaxe estética capilar.

– CA4.7. Establecéronse os parámetros específicos para a realización da masaxe e a drenaxe personalizada (tempo, ritmo, intensidade e dirección).

– CA4.8. Realizáronse as manobras da masaxe e da drenaxe estética capilar segundo os efectos pretendidos.

• RA5. Aplica tratamentos capilares personalizados coordinando as técnicas cosmetolóxicas, electroestéticas e manuais.

– CA5.1. Establecéronse pautas de información ás persoas usuarias sobre as técnicas, os seus efectos e as sensacións que se perciben.

– CA5.2. Xustificouse o procedemento de aplicación dos tratamentos capilares personalizados.

– CA5.3. Seleccionáronse os materiais cosméticos, equipamentos e accesorios para o tratamento capilar en función das necesidades da persoa usuaria.

– CA5.4. Establecéronse e axustáronse os parámetros de aplicación dos aparellos.

– CA5.5. Aplicáronse correctamente tratamentos capilares estéticos coordinando as técnicas electroestéticas, manuais e cosmetolóxicas segundo as características e a sensibilidade das persoas usuarias, e as especificacións do fabricante.

– CA5.6. Usáronse as medidas de seguridade e hixiene e os medios de protección persoal adecuados durante todo o proceso.

– CA5.7. Rexistráronse na ficha da persoa usuaria os datos do tratamento realizado e calquera posible incidencia xurdida.

– CA5.8. Estableceuse o procedemento de aplicación dos tratamentos posmedicina e cirurxía capilar.

– CA5.9. Aplicáronse medidas para a eliminación dos residuos xerados.

• RA6. Realiza técnicas de finalización e asesoramento do tratamento capilar establecendo as pautas de actuación.

– CA6.1. Seleccionáronse as técnicas de secado e peiteado para a finalización do tratamento.

– CA6.2. Establecéronse os criterios de selección de cosméticos acondicionadores e produtos de acabamento.

– CA6.3. Aplicáronse as técnicas de secado e peiteado seleccionadas.

– CA6.4. Establecéronse pautas de asesoramento postratamento capilar para mellorar o resultado.

– CA6.5. Determináronse os cosméticos de uso persoal para os coidados no domicilio.

– CA6.6. Especificáronse as pautas de aplicación dos cosméticos de tratamento de uso no domicilio.

– CA6.7. Determináronse as pautas que debe seguir a persoa usuaria para a hixiene, a automasaxe, o secado e o peiteado do cabelo no domicilio.

– CA6.8. Rexistráronse na ficha técnica da persoa usuaria os datos do tratamento recomendado para uso no domicilio.

• RA7. Avalía a calidade do servizo realizando o seguimento do proceso e analizando os resultados.

– CA7.1. Identificáronse os parámetros que definen a calidade nos procesos de tratamentos capilares.

– CA7.2. Valoráronse os resultados obtidos.

– CA7.3. Aplicáronse os métodos para detectar o grao de satisfacción da clientela.

– CA7.4. Identificáronse as principais causas que poden dar lugar a deficiencias nos procesos de tratamentos capilares.

– CA7.5. Establecéronse as medidas para a corrección das posibles desviacións nos procesos de tratamentos capilares.

– CA7.6. Recoñecéronse as pautas para mellorar a calidade do servizo.

– CA7.7. Caracterizouse a resolución de posibles dúbidas, queixas e reclamacións presentadas.

– CA7.8. Recoñecéronse outros posibles tratamentos asociados.

1.4.2. Contidos básicos.

BC1. Organización do posto de traballo.

• Instalacións e espazos de traballo para os tratamentos capilares: moblaxe, materiais e equipamentos técnicos.

• Medidas de preparación da cabina de tratamentos capilares.

• Operacións de preparación de medios técnicos, aparellos e cosméticos. Pautas de hixiene e mantemento.

• Actitudes e aptitudes do persoal profesional. Habilidades necesarias para a profesión. Capacidades e competencias previas.

• Imaxe persoal do persoal profesional (vestimenta, calzado, hixiene corporal, peiteado, mans e complementos).

• Medidas de preparación do persoal profesional no salón de peiteado e na clínica capilar. Protección do persoal e da clientela. Hixiene postural e ergonomía.

• Normas básicas de comportamento no posto de traballo. Comunicación verbal e non verbal. Comunicación interpersoal.

• Métodos de limpeza, desinfección e/ou esterilización e precintaxe: clasificación, criterios de selección e pautas de aplicación.

BC2. Deseño de propostas de coidados capilares.

• Clasificación de tratamentos estéticos capilares: tipos, efectos, indicacións e contraindicacións.

• Fases de protocolos de atención, acomodación e preparación da clientela. Técnicas de comunicación: entrevista. Análise de demandas e expectativas da clientela.

• Criterios de selección de técnicas de diagnóstico capilar.

• Deseño de protocolos personalizados de tratamento segundo o diagnóstico. Proposta de tratamento.

• Alteracións capilares obxecto de intervención por parte de diferentes profesionais.

• Elaboración e formalización da ficha técnica e do consentimento informado.

• Informes para a derivación a diferentes profesionais.

BC3. Aplicación de técnicas previas.

• Técnicas de preparación e acondicionamento do cabelo para o tratamento posterior.

– Técnicas de hixiene do cabelo nos tratamentos capilares. Criterios de selección de cosméticos de hixiene capilar. Proceso de hixiene capilar.

– Criterios de selección de cosméticos de acondicionamento. Proceso de acondicionamento capilar.

– Exfoliación: características e tipos. Criterios de selección de cosméticos e equipamentos. Proceso de exfoliación.

• Outras técnicas de preparación: aplicación de vapor, radiacións infravermellas, láser, luz pulsada, luz LED, masaxes mecánicas, correntes de alta frecuencia etc. Características da aplicación.

BC4. Realización de masaxes capilares manuais e mecánicas.

• Masaxe e drenaxe estética capilar: concepto. Zonas e rexións anatómicas de aplicación. Efectos, indicacións e contraindicacións.

• Clasificación das manobras da masaxe e a drenaxe estética capilar: efectos, indicacións e contraindicacións; criterios de selección.

• Parámetros para a realización da masaxe e da drenaxe: intensidade, dirección, ritmo etc. Criterios de selección.

• Zonas de influencia: normas e aspectos para a realización da masaxe e da drenaxe estética capilar.

• Criterios de selección de técnicas de masaxe e drenaxe estética capilar segundo os seus efectos, o tipo de tratamento etc.

• Adaptación do protocolo de aplicación de masaxe e a drenaxe estética ao diagnóstico, e tratamento que se vaia seguir. Técnicas de masaxe e drenaxe estética capilar: pautas de aplicación e secuencia. Masaxe mecánica.

BC5. Aplicación de tratamentos capilares personalizados.

• Información técnica á clientela sobre o proceso.

• Organización da execución de tratamentos personalizados. Particularidades do protocolo personalizado: secuencia de técnicas, regulación de parámetros e temporalización.

• Criterios de selección de materiais, aparellos, técnicas manuais e cosméticos. Pautas de preparación e manipulación. Métodos de aplicación.

• Criterios de integración dos medios técnicos, manuais e cosmetolóxicos: efectos sumativos e efectos antagónicos.

• Procesos de execución de tratamentos capilares estéticos: procedemento, fases, precaucións e pautas de aplicación.

• Tratamentos e técnicas específicas en coidados estéticos posmedicina e cirurxía capilar. Procesos de execución.

• Xestión de residuos.

BC6. Realización de técnicas de finalización e asesoramento do tratamento capilar

• Técnicas de finalización do tratamento: técnicas de secado e peiteado. Criterios de selección de cosméticos acondicionadores ou protectores do cabelo e produtos de acabamento para facilitar o peiteado.

• Técnicas de información e asesoramento técnico.

• Cosméticos e coidados no domicilio.

• Automasaxe.

BC7. Avaliación da calidade do servizo.

• Parámetros que definen a calidade nos procesos de tratamentos capilares.

• Análise dos resultados.

• Métodos para detectar o grao de satisfacción da clientela.

• Medidas para corrixir as posibles desviacións nos procesos de tratamentos capilares.

• Técnicas de resolución de queixas e reclamacións.

1.4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de aplicación de tratamentos capilares.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Recepción e atención á clientela.

– Identificación de alteracións do cabelo e do coiro cabeludo.

– Proposta de tratamentos capilares personalizados.

– Selección e aplicación de técnicas manuais, cosmetolóxicas e electroestéticas.

– Aplicación de normas de hixiene, desinfección e esterilización.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de execución de deseño de protocolos personalizados.

– Procesos de execución de técnicas de masaxe capilar.

– Procesos de execución de tratamentos capilares.

A formación do módulo contribúe a lograr os obxectivos xerais f), l), n), p), u) e w) do ciclo formativo e as competencias f), k), m), ñ), r) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo relaciónanse con:

– Protocolos de atención á clientela.

– Execución de técnicas de diagnóstico.

– Deseño de protocolos personalizados de tratamentos capilares.

– Coordinación de técnicas manuais, cosmetolóxicas e electroestéticas.

– Información e organización do asesoramento postratamento.

1.5. Módulo profesional: Procedementos e técnicas de peiteado.

• Equivalencia en créditos ECTS: 16.

• Código: MP1067.

• Duración: 293 horas.

1.5.1 Unidade formativa 1: Cambios de forma temporal e permanente

• Código: MP1067_13.

• Duración: 93 horas.

1.5.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Elabora protocolos técnicos de cambio de forma permanente do cabelo establecendo os procedementos de actuación e control do proceso.

– CA1.1. Estableceuse o protocolo de atención e recepción da clientela.

– CA1.2. Recoñecéronse as fases de protocolos de procesos técnicos de peiteado.

– CA1.3. Identificáronse as fontes documentais do protocolo.

– CA1.4. Determináronse os parámetros de cambio de forma permanente.

– CA1.5. Establecéronse as indicacións e contraindicacións na realización do cambio de forma permanente.

– CA1.6. Realizouse un manual técnico de protocolos.

– CA1.7. Recoñecéronse as partes do manual.

– CA1.8. Diferenciáronse os tipos de cambios de forma permanente: alisadura e rizadura.

– CA1.9. Describíronse as técnicas de colocación de moldes e de aplicación dos cosméticos.

– CA1.10. Establecéronse as medidas de seguridade e hixiene nos procesos de cambios de forma permanente.

– CA1.11. Deseñáronse protocolos de hixiene e desinfección de equipamentos e utensilios aplicados aos cambios de forma permanente.

– CA1.12. Realizouse o estudo da clientela analizando as súas demandas e necesidades.

– CA1.13. Rexistráronse os datos obtidos na ficha técnica.

– CA1.14. Determináronse as fases de execución: preparación da clientela, selección de técnicas e cosméticos segundo o estado do cabelo (natural, tinguido ou descolorado) e o procedemento.

– CA1.15. Determináronse as fases de finalización e asesoramento.

– CA1.16. Establecéronse os factores que afectan o resultado da ondulación permanente.

– CA1.17. Realizáronse simulacións de cambios de forma permanente do cabelo seguindo o protocolo.

– CA1.18. Executouse o proceso de cambio de forma permanente en casos prácticos reais.

– CA1.19. Finalizouse o procedemento aplicando técnicas de acabamento.

– CA1.20. Avaliáronse o proceso de cambio de forma permanente e os resultados obtidos, e establecéronse medidas correctoras de non ser os previstos.

– CA1.21. Aplicáronse procedementos de hixiene, desinfección e/ou esterilización de utensilios e equipamentos.

– CA1.22. Realizouse a xestión para o control de residuos no proceso de cambio permanente consonte a normativa.

• RA2. Elabora protocolos de técnicas de cambio de forma temporal do cabelo establecendo a secuencia de actuación e identificando os recursos que se vaian empregar.

– CA2.1. Diferenciáronse as tendencias de técnicas de cambio de forma temporal.

– CA2.2. Relacionáronse as indicacións e as contraindicacións dos cambios de forma temporais.

– CA2.3. Deseñáronse protocolos de hixiene e desinfección aplicados aos cambios de forma temporal.

– CA2.4. Caracterizáronse os equipamentos, os aparellos e os utensilios para o cambio de forma temporal.

– CA2.5. Adaptáronse a temperatura e a dirección da mecha no secado.

– CA2.6. Diferenciáronse os procedementos de cambio de forma temporal.

– CA2.7. Realizouse unha secuencia do proceso de cambio de forma temporal.

– CA2.8. Especificáronse os recursos que se vaian empregar na técnica.

– CA2.9. Nomeáronse os factores que afectan o resultado da ondulación temporal.

– CA2.10. Executouse un protocolo de cambio de forma temporal do cabelo.

– CA2.11. Finalizouse o procedemento aplicando técnicas de acabamento.

– CA2.12. Avaliáronse o proceso de cambio de forma permanente e os resultados obtidos, e establecéronse medidas correctoras de non ser os previstos.

– CA2.13. Realizouse a xestión para o control de residuos no proceso de cambio permanente consonte a normativa.

1.5.1.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de protocolos técnicos de cambio de forma permanente.

• Protocolo: definición e fases para a súa elaboración.

• Fase de planificación: fontes documentais. Fundamento científico dos cambios de forma permanentes. Fundamento técnico: descrición e características dos medios e dos equipamentos, descrición e procedemento de execución das técnicas de aplicación do redutor, técnicas de enrolamento ou estiramento, técnicas de saturación e técnicas de neutralizado.

• Técnicas de hixiene, desinfección e esterilización.

• Fase de recepción da clientela. Técnicas de atención á clientela.

• Fase de execución:

– Fase de análise de demandas e necesidades: estudo da clientela; ficha técnica.

– Fase de preparación e selección de técnicas e cosméticos: vantaxes e inconvenientes.

– Fase ou núcleo do procedemento.

– Fase de finalización.

– Fase de asesoramento.

• Fase de avaliación e control. Factores mecánicos, químicos e térmicos que afectan o resultado na ondulación permanente.

• Manual técnico de protocolos de procesos de peiteado.

• Sistemas de arquivamento de manuais técnicos dos protocolos de procesos de peiteado.

• Xestión de residuos.

BC2. Elaboración de protocolos de técnicas de cambio de forma temporal.

• Protocolo: definición e fases para a súa elaboración.

• Fase de planificación. Fontes documentais. Fundamento científico dos cambios de forma temporais. Fundamento técnico: descrición e características dos medios e dos equipamentos. Descrición, tipos e procedemento de execución das técnicas de cambio de forma por calor, técnica de cambio de forma por humidade, técnica de cambio de forma mediante moldes e técnicas auxiliares e asociadas ao peiteado.

• Técnicas de hixiene, desinfección e esterilización.

• Fase de recepción da clientela. Técnicas de atención á clientela.

• Fase de execución:

– Fase de análise de demandas e necesidades: estudo da clientela; ficha técnica.

– Fase de preparación e selección de técnicas e cosméticos: vantaxes e inconvenientes.

– Fase ou núcleo do procedemento.

– Fase de finalización.

– Fase de asesoramento.

• Fase de avaliación e control. Factores mecánicos, químicos e térmicos que afectan o resultado na ondulación temporal. Análise das desviacións producidas no proceso. Factores que modifican a duración do cambio de forma temporal.

• Sistemas de elaboración do manual técnico dos protocolos de cambios de forma temporal.

• Xestión de residuos.

1.5.2. Unidade formativa 2: Cambios de cor.

• Código: MP1067_23.

• Duración: 100 horas.

1.5.2.1 Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

• RA1. Elabora protocolos técnicos de coloración capilar establecendo a secuencia de actuación e identificando os recursos que se vaian empregar.

– CA1.1. Relacionáronse tons naturais de cabelo coa teoría de cor.

– CA1.2. Identificáronse a escala de tons naturais, os reflexos, os fondos descolorados, matices e outros con influencia nos cambios de cor.

– CA1.3. Determinouse a necesidade de aplicar técnicas previas aos cambios de cor (mordentado e decapaxe).

– CA1.4. Caracterizáronse os tipos de coloración capilar (temporal, semipermanente e permanente).

– CA1.5. Tivéronse en conta os efectos dos colorantes na fibra capilar.

– CA1.6. Analizouse a influencia do oxidante e a súa concentración nos cambios de cor.

– CA1.7. Deseñáronse protocolos de hixiene e desinfección aplicados aos cambios de cor.

– CA1.8. Marcáronse as pautas de uso dos utensilios e dos produtos cosméticos.

– CA1.9. Determináronse as pautas para a recepción da clientela.

– CA1.10. Seguíronse os criterios para a elección dos cosméticos de cor.

– CA1.11. Asociáronse as técnicas auxiliares á coloración.

– CA1.12. Aplicáronse as precaucións de preparación e selección de medios e técnicas.

– CA1.13. Valoráronse as tendencias de cambio de cor.

– CA1.14. Seleccionáronse os recursos para a fase de asesoramento.

– CA1.15. Determináronse os factores que afectan o resultado dos cambios de coloración.

– CA1.16. Elaborouse un protocolo de cambio de coloración capilar.

– CA1.17. Elaborouse a ficha persoal e técnica para o cambio de coloración capilar.

– CA1.18. Executouse o procedemento de cambio de cor do cabelo en diferentes casos prácticos reais.

– CA1.19. Finalizouse o procedemento aplicando técnicas de acabamento.

– CA1.20. Avaliáronse o proceso de cambio de cor e os resultados obtidos, e establecéronse medidas correctoras de non ser os previstos.

– CA1.21. Establecéronse pautas para o control de residuos no proceso de cambios de cor.

• RA2. Aplica técnicas previas aos procedementos relacionándoas cos procesos de peiteado e establecendo a secuencia das accións necesarias.

– CA2.1. Valoráronse os datos obtidos da análise capilar.

– CA2.2. Realizouse a proba de sensibilidade cutánea.

– CA2.3. Establecéronse os protocolos de hixiene capilar e acondicionamento previos aos cambios de forma e de cor.

– CA2.4. Seleccionáronse as técnicas previas segundo o proceso de peiteado que haxa que efectuar (cambios de forma temporal e permanente e cambios de cor).

– CA2.5. Seleccionáronse os cosméticos para os procesos técnicos de peiteado.

– CA2.6. Estableceuse a secuencia de actuación na aplicación das técnicas previas seleccionadas.

– CA2.7. Diferenciáronse as particións do cabelo segundo a técnica posterior.

– CA2.8. Preparáronse as mesturas de cosméticos.

– CA2.9. Establecéronse as medidas de seguridade e hixiene na aplicación de técnicas previas.

1.5.2.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de protocolos de coloración.

• Protocolo: definición e fases para a súa elaboración.

• Fase de planificación. Fontes documentais.

• Fundamento científico dos cambios de coloración temporal, semipermanente e permanente. Teoría: fundamentos e leis. Escala de tons e reflexos. Estudo do cabelo; influencia dos colorantes e dos oxidantes na fibra capilar.

• Fundamento técnico:

– Descrición e características dos medios e dos equipamentos.

– Descrición, tipos e procedemento de execución das técnicas de cambio de cor temporal e semipermanente; técnica de cambio de cor permanente total e parcial; técnica de descoloración total e parcial do cabelo.

– Técnicas auxiliares e asociadas ao peiteado.

– Vantaxes e inconvenientes dos tipos de cambios de cor.

• Fase de recepción da clientela. Técnicas de atención á clientela.

• Fase de execución:

– Fase de análise de demandas e necesidades.

– Estudo da clientela: ficha técnica.

– Fase de preparación e selección.

– Fase de finalización. Fase de asesoramento.

• Fase de avaliación e control. Parámetros que definen a calidade nos procesos de coloración.

• Sistemas de elaboración do manual técnico dos protocolos de cambios de coloración capilar.

BC2. Aplicación de técnicas previas aos procedementos.

• Interpretación das características e condicións do cabelo.

• Test epicutáneo. Procedemento para a realización da proba de sensibilidade.

• Hixiene capilar e acondicionamento:

– Técnicas de lavado: fundamentos, fases e pautas.

– Masaxe capilar: técnica.

– Acondicionamento de cabelo. Factores que determinan a selección de cosméticos, utensilios e equipamentos.

• Técnicas previas ao proceso de cambio de forma temporal: pautas de manipulación.

• Técnicas previas ao proceso de cambio de forma permanente: particións e separacións do cabelo en función da técnica. Preparación do redutor e do neutralizante.

• Preparación do proceso de cambio de cor: criterios de selección.

– Selección dos aparellos en función da técnica que se vaia aplicar: infravermellos, emisores de vapor e calor.

– Oxidante. Dilución do oxidante e outros compoñentes químicos da mestura.

• Técnicas de prepigmentación, mordentado e decapaxe:

– Bases científicas.

– Preparación da prepigmentación, do mordente e da decapaxe.

1.5.3. Unidade formativa 3: Procesos técnicos combinados (cambios de forma e de cor).

• Código: MP1067_33.

• Duración: 100 horas.

1.5.3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza os procesos técnicos de peiteado coordinando as operacións de cambio de forma e cor do cabelo.

– CA1.1. Realizouse o estudo da imaxe e identificáronse as demandas e as necesidades.

– CA1.2. Realizouse a proposta de cambio de forma e/ou cor personalizada.

– CA1.3. Xustificouse o procedemento de aplicación dos procesos coordinados de cambio de forma e cor do cabelo.

– CA1.4. Determinouse a secuencia do proceso coordinado de cambio de cor e cambio de forma temporal.

– CA1.5. Seleccionáronse os materiais e os cosméticos.

– CA1.6. Seleccionáronse os equipamentos necesarios.

– CA1.7. Estableceuse o procedemento de aplicación das operacións de cambio de forma permanente e cor do cabelo.

– CA1.8. Referíronse as medidas de protección e hixiene na aplicación destas técnicas.

– CA1.9. Aplicáronse operacións de cambio de cor con diversas técnicas de cambios de forma.

• RA2. Controla o resultado final atendendo aos requisitos de calidade do proceso e aplicando técnicas de finalización.

– CA2.1. Establecéronse os parámetros que definen a calidade nos procesos de coloración.

– CA2.2. Relacionáronse as técnicas de acabamento coas necesidades do cabelo.

– CA2.3. Relacionáronse as técnicas de acabamento co proceso realizado.

– CA2.4. Describíronse os factores que modifican a duración do peiteado.

– CA2.5. Especificáronse os coidados dos cabelos descolorados.

– CA2.6. Propuxéronse as medidas para o mantemento do rizo.

– CA2.7. Relacionouse o tipo de acabamento co cosmético e o seu efecto visual.

1.5.3.2. Contidos básicos.

BC1. Realización de procesos técnicos coordinados.

• Estudo da imaxe. Análise de demandas e necesidades. Proposta de cambios de imaxe.

• Procesos e asociación de técnicas.

• Técnicas coordinadas: criterios de coordinación. Técnicas de cambios de cor coordinadas con cambio de forma do cabelo:

– Combinacións: cambios de cor parcial e cambios de forma permanente; cambios de cor total temporal e cambios de forma permanente etc.

– Precaucións e pautas na aplicación de combinación de técnicas de cambios de forma permanente e cambios de cor.

– Criterios para a selección de técnicas, cosméticos e equipamentos.

– Técnicas de finalización do proceso.

• Aplicación procedemental de protocolos normalizados de procesos técnicos coordinados. Procedemento e secuencia. Técnicas de aplicación.

• Medidas de protección da persoa usuaria e do persoal profesional: previas e posteriores á aplicación de coloración capilar ou de descoloración total ou parcial e ao cambio de forma permanente e temporal.

• Medidas para previr reaccións adversas.

BC2. Control do resultado final.

• Control de resultados. Calidade no servizo. Calidade no proceso. Factores que potencian a calidade. Grao de satisfacción da clientela.

• Técnicas de acabamento e mantemento do cabelo: relación entre estas técnicas e os procesos técnicos de cambio de cor e forma. Mantemento da cor e a descoloración. Mantemento do rizo estrutural de cabelo permanente ou temporal. Mantemento da alisadura permanente do cabelo. Tipos de acabamentos de forma temporal do cabelo.

• Asesoramento profesional de mantemento.

1.5.4 Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións que corresponden á aplicación de procesos técnicos de peiteado, incluíndo a combinación de técnicas.

A función de aplicar técnicas de procesos de peiteado abrangue aspectos como:

– Elaboración de protocolos de cambio de forma permanente e temporal do cabelo.

– Elaboración de protocolos de técnicas de coloración capilar.

– Aplicación técnica dos procesos anteriores.

– Caracterización do posto de traballo.

– Síntese dermotricolóxica.

– Definición e execución das operacións previas ao proceso.

– Realización destes procesos coordinando as técnicas.

– Aplicación de técnicas de finalización e de control de calidade.

– Mantemento dunha actitude deontolóxica correcta durante todo o proceso.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Centros de peiteado.

– Salóns de tratamentos e coidados especiais do cabelo.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais c), h), n), p), q) e w) do ciclo formativo e as competencias c), h), m), ñ), o) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Organización dos procesos de peiteado.

– Interpretación da documentación técnica.

– Preparación dos recursos.

– Organización dos protocolos de aplicación de técnicas de procesos de peiteado.

– Avaliación dos riscos na aplicación das técnicas.

– Execución técnica dos procesos que compoñen o módulo.

Coa finalidade de aplicar unha secuencia lóxica das ensinanzas, recoméndase iniciar o módulo pola unidade formativa 1 (Cambios de forma temporal e permanente) e continuar coa unidade formativa 2 (Cambios de cor) e/ou coa unidade formativa 3 (Procesos técnicos combinados) (cambios de forma e de cor).

1.6. Módulo profesional: Peiteados para producións audiovisuais e de moda.

• Equivalencia en créditos ECTS: 8.

• Código: MP1068.

• Duración: 123 horas.

1.6.1 Unidade formativa 1: Peiteado en producións audiovisuais e moda.

• Código: MP1068_12.

• Duración: 90 horas.

1.6.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza os peiteados ao longo da historia analizando os seus elementos, a súa simboloxía e as técnicas de realización.

– CA1.1. Identificáronse os peiteados por épocas, culturas e civilizacións.

– CA1.2. Relacionáronse as tendencias do peiteado co contexto socioeconómico e cultural.

– CA1.3. Identificáronse utensilios, obxectos e cosméticos de cada época.

– CA1.4. Comparáronse as escolas de peiteado.

– CA1.5. Relacionáronse os peiteados e os recollidos coas técnicas de realización.

– CA1.6. Relacionáronse os peiteados co momento e co requisito da aplicación.

– CA1.7. Relacionáronse os peiteados coas tradicións e as culturas.

– CA1.8. Recoñeceuse o peiteado como xeito de diferenciación sexual, social e estética.

– CA1.9. Identificouse a simboloxía do peiteado.

• RA2. Organiza o lugar de traballo seleccionando os medios segundo especificacións da proposta.

– CA2.1. Caracterizáronse os espazos de traballo en medios audiovisuais.

– CA2.2. Caracterizáronse os espazos de traballo en empresas de peiteado.

– CA2.3. Establecéronse medidas de hixiene e mantemento do posto de traballo.

– CA2.4. Seleccionáronse utensilios, cosméticos e complementos necesarios no proceso.

– CA2.5. Preparáronse o posto de traballo, os utensilios, os cosméticos e os complementos segundo os criterios establecidos.

– CA2.6. Identificáronse as actitudes e as aptitudes do persoal profesional.

– CA2.7. Mantívose unha actitude profesional ao longo do proceso.

– CA2.8. Aplicáronse as medidas de protección do persoal profesional e as pautas indicadas de hixiene postural.

– CA2.9. Responsabilizouse da aplicación de normas de atención á clientela.

– CA2.10. Establecéronse pautas de recepción, acomodación e preparación da clientela.

– CA2.11. Realizáronse simulacros de recepción, atención, acomodación e preparación da clientela.

• RA3. Realiza peiteados e recollidos para actos sociais, producións audiovisuais e moda utilizando as técnicas de elaboración seleccionadas.

– CA3.1. Identificáronse a tipoloxía e as características dos actos sociais.

– CA3.2. Determináronse os elementos que inflúen no deseño do peiteado dos actos sociais.

– CA3.3. Deseñouse o peiteado segundo os requisitos.

– CA3.4. Establecéronse operacións previas de preparación do peiteado.

– CA3.5. Determináronse as técnicas de hixiene e acondicionamento do cabelo.

– CA3.6. Seleccionáronse os cosméticos e os utensilios necesarios.

– CA3.7. Preparouse o cabelo seguindo as pautas establecidas.

– CA3.8. Realizáronse as particións.

– CA3.9. Seleccionáronse as técnicas asociadas en función da lonxitude do cabelo, a forma, a textura, o corte etc.

– CA3.10. Realizáronse as técnicas de crepaxe, batedura, puimento etc.

– CA3.11. Aplicáronse técnicas e materiais para a ancoraxe de postizos, adornos etc.

– CA3.12. Realizáronse técnicas de creación de formas (trenzados, enrolados e cocas, bucles e aros, retorcidos, cruzados, ataduras e torcidos, rizaduras plumadas etc.), e combináronse entre elas.

– CA3.13. Aplicáronse técnicas de aplicación de recheos e de soporte para peiteados e recollidos.

– CA3.14. Establecéronse parámetros para a realización de acabamentos.

– CA3.15. Corrixíronse imprevistos e realizáronse modificacións e retoques durante o directo ou as rodaxes.

– CA3.16. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización segundo as pautas establecidas.

• RA4. Aplica próteses capilares para peiteados sociais e de medios audiovisuais, seleccionando as técnicas de aplicación e os materiais.

– CA4.1. Clasificáronse as próteses capilares (postizos, perrucas etc.).

– CA4.2. Especificáronse as características das próteses capilares.

– CA4.3. Caracterizáronse os materiais empregados.

– CA4.4. Seleccionouse a prótese capilar en función do proceso.

– CA4.5. Deseñáronse e realizáronse apliques capilares.

– CA4.6. Determináronse técnicas de colocación de bases de próteses parciais.

– CA4.7. Preparáronse a prótese parcial e a zona que se vai cubrir.

– CA4.8. Establecéronse parámetros para a colocación de próteses parciais.

– CA4.9. Identificáronse as técnicas de suxeición.

– CA4.10. Aplicouse e suxeitouse o postizo e realizáronse técnicas de acabamento.

– CA4.11. Aplicáronse técnicas complementarias segundo as necesidades: cambio de forma, cor etc.

– CA4.12. Aplicáronse técnicas de colocación de próteses totais.

– CA4.13. Preparáronse a perruca e a zona que se vai cubrir.

– CA4.14. Establecéronse parámetros para a colocación de próteses totais.

– CA4.15. Identificáronse as técnicas de suxeición.

– CA4.16. Aplicáronse e suxeitáronse as próteses totais e realizáronse técnicas de acabamento.

– CA4.17. Aplicáronse técnicas complementarias segundo as necesidades (cambio de forma, cor etc.).

– CA4.18. Realizáronse técnicas de acabamento e camuflaxe co resto do cabelo.

– CA4.19. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización segundo as pautas establecidas.

• RA5. Realiza peiteados rexionais e étnicos analizando os deseños e os elementos para a súa montaxe.

– CA5.1. Caracterizáronse os peiteados rexionais e étnicos.

– CA5.2. Estableceuse a secuencia das fases para elaborar un peiteado rexional ou étnico.

– CA5.3. Identificáronse os elementos que inflúen no seu deseño.

– CA5.4. Aplicáronse técnicas de documentación.

– CA5.5. Aplicáronse as operacións de preparación do peiteado.

– CA5.6. Aplicáronse técnicas asociadas.

– CA5.7. Caracterizáronse adornos e accesorios para peiteado étnico e rexional.

– CA5.8. Establecéronse pautas para o deseño e a adaptación de adornos e accesorios.

– CA5.9. Identificáronse as características e os tipos de extensións capilares.

– CA5.10. Seleccionáronse o cabelo e os materiais en función da técnica e dos resultados desexados.

– CA5.11. Colocáronse extensións con distintas técnicas de fixación seguindo as pautas establecidas e tendo en conta as indicacións e as contraindicacións.

– CA5.12. Realizáronse e colocáronse rastas, cordóns etc.

– CA5.13. Realizáronse procedementos de eliminación de extensións.

– CA5.14. Aplicáronse os métodos de hixiene, desinfección e esterilización segundo as pautas establecidas.

1.6.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización dos peiteados ao longo da historia.

• Peiteados e recollidos ao longo da historia: tipos e características. Utensilios, obxectos de ornamentación e cosméticos de cada época. Escolas de peiteado.

• Clasificación dos peiteados e recollidos:

– Pola técnica de realización.

– Pola adecuación do momento: sociolaborais, de rúa, para eventos, caracterización de personaxes, para medios escénicos e históricos, futurista, fantasía etc.

– Por tradicións e culturas, entre outros: peiteados rexionais e étnicos.

• Peiteado como forma de diferenciación social e choque de culturas. Factores funcionais, sociais e estéticos.

• Simboloxía do peiteado.

BC2. Organización do lugar de traballo.

• Espazo de traballo nos medios audiovisuais: descrición e características. Medidas de instalación, preparación e transporte do equipamento.

• Espazo de traballo en empresas de peiteado: descrición e características.

• Medidas de hixiene e mantemento do posto de traballo: criterios de selección; pautas de aplicación.

• Utensilios e medios técnicos: criterios de selección.

• Criterios de selección de cosméticos para peiteados en producións audiovisuais e de moda: xeitos de aplicación.

• Complementos: descrición e clasificación; tipos (recheos, crepe, estruturas e armazóns, adornos, prendedores, toucados, diademas, panos, veos, mantillas etc.).

• Preparación do profesional e medios persoais.

– Imaxe profesional.

– Actitudes e aptitudes. Habilidades e destrezas necesarias. Capacidades e competencias previas.

– Medidas de protección. Hixiene postural.

• Acomodación e preparación da clientela. Técnicas de atención e recepción.

BC3. Realización de peiteados e recollidos para actos sociais, producións audiovisuais e moda.

• Características dos actos sociais que inflúen no deseño do peiteado.

– Lugar, hora e época do ano.

– Parámetros que cómpre considerar en peiteados para actos sociais. Etiqueta social para peiteados.

– Relación coa ornamentación, o vestiario e a maquillaxe.

• Determinación do deseño.

• Técnicas previas.

– Hixiene e acondicionamento do cabelo.

– Pautas para a preparación do peiteado.

– Dirección e movemento do cabelo.

– Liñas, particións e proxeccións.

– Cosméticos e utensilios asociados.

• Técnicas asociadas: en función da lonxitude do cabelo, do corte, da textura e da forma do cabelo.

• Técnica de crepaxe e batedura: xeitos de realización.

• Técnica de puimento: materiais e técnicas empregadas.

• Técnicas de ancoraxe: materiais, puntos de ancoraxe e técnicas empregadas.

• Técnica de creación de formas: descrición, características e xeito de realización. Trenzados, enrolados e cocas, bucles e aros, retorcidos, cruzados, ataduras e torceduras, rizaduras plumadas etc.

• Técnicas de soporte. Técnica de aplicación de recheos, crepes, bases ou estruturas, armazóns etc.

• Técnicas de acabamento: parámetros de realización. Aplicación de retoques. Modificacións e corrección de imprevistos no transcurso do directo e en rodaxes.

• Métodos de limpeza, desinfección e esterilización: clasificación, criterios de selección e pautas de aplicación.

BC4. Aplicación de próteses capilares para peiteados sociais e de medios audiovisuais.

• Tipos de próteses capilares: descrición e clasificación.

• Tipos de materiais: convencionais e non convencionais. Criterios de selección.

• Selección de próteses adaptadas ao proceso.

• Técnicas de realización de apliques capilares. Deseño do aplique. Fases e pautas de realización. Produtos de endurecemento.

• Técnicas de colocación de base de próteses parciais.

– Preparación da zona que se vaia cubrir.

– Técnicas de suxeición.

– Parámetros para a colocación. Pautas para a estabilidade na colocación.

– Técnicas de acabamento. Camuflaxe co resto do cabelo.

– Aplicación de técnicas asociadas: cambio de cor, forma etc.

• Técnicas de colocación de próteses totais.

– Técnicas previas.

– Axuste ao cranio.

– Técnicas de suxeición.

– Técnicas de acabamento. Camuflaxe co resto de cabelo.

– Aplicación de técnicas asociadas: cambios de cor, forma etc.

• Métodos de limpeza, desinfección e esterilización aplicadas ao proceso.

BC5. Realización de peiteados rexionais e étnicos.

• Clasificación dos peiteados rexionais e étnicos.

• Planificación do proceso de realización do peiteado rexional e étnico: fases, secuencia, materiais e técnicas empregadas.

• Análise do deseño:

– Realización de bosquexos e deseños.

– Técnicas de adaptación do deseño ás características da persoa usuaria e a indumentaria.

– Elementos que inflúen na realización dun peiteado étnico.

– Técnicas de estudo e documentación (históricos, artísticos etc.).

• Procedementos previos. Pautas para a preparación do peiteado.

– Análise da implantación do cabelo: nacementos, remuíños, dirección etc.

– Hixiene e acondicionamento do cabelo.

– Pautas para a preparación do peiteado. Liñas, particións e proxeccións.

– Cosméticos e utensilios asociados.

• Aplicación de técnicas asociadas. Técnicas de realización.

• Adornos e accesorios étnicos: clasificación. Técnicas de ancoraxe; altura e zona de colocación.

• Técnicas de aplicación de extensións.

– Características e tipos.

– Utensilios, materiais e tipos de cabelo (naturais e sintéticos).

– Indicacións e contraindicacións.

– Procedemento de aplicación.

– Técnicas alternativas (rastas, cordóns etc.).

– Técnicas de eliminación de extensións.

– Métodos de limpeza, desinfección e esterilización adaptadas ao proceso.

1.6.2. Unidade formativa 2: Proxecto artístico.

• Código: MP1068_22.

• Duración: 33 horas.

1.6.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Realiza o estudo dun proxecto artístico analizando os requisitos escénicos.

– CA1.1. Establecéronse técnicas para a análise do proxecto artístico.

– CA1.2. Analizáronse as fontes documentais do proxecto artístico.

– CA1.3. Establecéronse técnicas para o estudo dos personaxes.

– CA1.4. Establecéronse técnicas para o estudo da persoa intérprete.

– CA1.5. Determináronse os parámetros de observación para a análise da pel e o cabelo.

– CA1.6. Identificáronse alteracións do cabelo e a pel.

– CA1.7. Aplicáronse técnicas de visaxismo para peiteados e recollidos.

– CA1.8. Identificáronse a tipoloxía e as características dos medios audiovisuais, escénicos e de moda.

– CA1.9. Identificáronse os elementos que inflúen no deseño do peiteado en medios audiovisuais: de personaxe, de intérprete e de medios audiovisuais.

– CA1.10. Deseñáronse peiteados para supostos de proxecto artístico tendo en conta todos os elementos que poden influír.

• RA2. Elabora a proposta técnica de peiteado interpretando documentación e aplicando ferramentas informáticas.

– CA2.1. Identificáronse os obxectivos e as características que definen o proxecto.

– CA2.2. Estableceuse a estrutura xeral do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as necesidades e as demandas da clientela.

– CA2.4. Identificáronse os traballos técnicos necesarios para a elaboración do personaxe.

– CA2.5. Caracterizouse a documentación técnica do proxecto.

– CA2.6. Deseñáronse modelos de ficha técnica e artística do personaxe, con determinación dos datos que cumpra consignar.

– CA2.7. Determináronse medios, espazos, recursos humanos e materiais necesarios.

– CA2.8. Planificouse a posta en marcha do proxecto.

– CA2.9. Realizáronse a previsión de necesidades e un orzamento para varios supostos de proxecto.

– CA2.10. Seleccionáronse formas de presentación do orzamento e do proxecto audiovisual.

– CA2.11. Realizouse a presentación da proposta aplicando técnicas de comunicación.

1.6.2.2. Contidos básicos.

BC1. Realización do estudo do proxecto artístico.

• Técnicas para a análise dun proxecto artístico.

– Identificación do contexto histórico. Fontes documentais.

– Técnicas para o estudo dos personaxes. Relación dos peiteados coa ornamentación, o vestiario e a maquillaxe.

• Análise das características da persoa intérprete ou modelo:

– Aplicación dos métodos de observación para a análise do coiro cabeludo e do pelo.

– Análise morfolóxica facial e corporal. Visaxismo para peiteados e recollidos.

• Medios audiovisuais, escénicos e de moda: clasificación. Tipos de xéneros: fotografía, vídeo, cine, en vivo, desfile de moda, teatro etc.

• Características dos medios audiovisuais, escénicos e de moda.

– Luz, tipo de iluminación, cor e tipos de planos.

– Tipos de escenarios.

– Características do lugar da exhibición.

– Distancia do espectador.

BC2. Elaboración da proposta técnica de peiteado.

• Definición do proxecto: obxectivos, características e viabilidade.

• Estrutura xeral dun proxecto.

– Informe técnico.

– Descrición das necesidades e demandas.

– Identificación dos traballos técnicos de peiteado necesarios para elaborar o personaxe (cambios de cor, forma, lonxitude e postizos): criterios de selección.

• Documentación técnica: tipos e características.

– Deseños gráficos. Bosquexos. Fichas da clientela, informe de presentación de propostas de cambios de imaxe, orde de traballo etc.

– Medios, espazos e recursos humanos e materiais necesarios para levar a cabo o proxecto. Provedores e outros profesionais.

– Planificación de accións: calendario de actuación.

• Documentación económica: orzamento; previsión de necesidades.

• Aplicación de técnicas de comunicación para a presentación do proxecto.

– Comunicación co equipo técnico: dirección técnica e artística, responsable de produción etc.

– Procedemento para a coordinación de equipos, implementación, secuencia, verificación e control de procesos.

1.6.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de peitear e realizar recollidos étnicos e nos ámbitos sociolaboral, audiovisual e de moda.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Caracterización dos peiteados.

– Realización do estudo do proxecto artístico.

– Elaboración da proposta técnica de peiteado e o seu orzamento.

– Organización do lugar de traballo.

– Realización de peiteados e recollidos para producións audiovisuais.

– Realización de peiteados e recollidos para actos sociais.

– Aplicación de próteses capilares para peiteados sociais e audiovisuais.

– Realización de peiteados rexionais e étnicos.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Producións audiovisuais: pasarelas e publicacións de moda, fotografía, teatro, televisión, cine etc.

– Proxectos de asesoría de imaxe e beleza.

– Peiteados clásicos ou avanzados.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), f), g), k), q) e t) do ciclo formativo e as competencias d), f), g), j), o) e q).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Caracterización dos peiteados.

– Realización do estudo do proxecto artístico.

– Elaboración da proposta técnica de peiteado e orzamento.

– Organización do lugar de traballo.

– Realización de peiteados e recollidos para producións audiovisuais.

– Realización de peiteados e recollidos para actos sociais.

– Aplicación de próteses capilares para peiteados sociais e audiovisuais.

– Realización de peiteados rexionais e étnicos.

1.7. Módulo profesional: Estilismo en peiteado.

• Equivalencia en créditos ECTS: 9.

• Código: MP1069.

• Duración: 175 horas.

1.7.1. Unidade formativa 1: Presentación e realización de estilismos.

• Código: MP1069_12.

• Duración: 140 horas.

1.7.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Caracteriza os estilos de imaxe asociados aos cambios do cabelo analizando os elementos que o conforman.

– CA1.1. Diferenciáronse os conceptos de estilo, moda e tendencias.

– CA1.2. Caracterizáronse os elementos que definen o estilo en peiteado.

– CA1.3. Determináronse as características e a harmonía da cor.

– CA1.4. Caracterizáronse as liñas, as formas e os volumes que configuran un estilo.

– CA1.5. Identificáronse os tipos de complementos para estilismos de imaxe, asociados aos cambios do cabelo.

– CA1.6. Identificáronse os estilos de imaxe asociados aos cambios do cabelo.

– CA1.7. Elaboráronse pautas para a elaboración de manuais e books de estilos, con distintas linguaxes (fotográfica, cor, ilustración etc.).

– CA1.8. Establecéronse criterios de clasificación e arquivamento da documentación sobre patróns estéticos.

• RA2. Adapta os estilos á imaxe persoal tendo en conta a súa relación coa análise das características persoais, sociais e laborais e coa moda.

– CA2.1. Aplicáronse técnicas de atención e recepción da clientela.

– CA2.2. Elaborouse a documentación técnica necesaria para o estudo da imaxe da clientela.

– CA2.3. Determináronse pautas para a análise das características físicas e morfolóxicas da persoa usuaria.

– CA2.4. Identificáronse alteracións estéticas na zona.

– CA2.5. Aplicáronse técnicas de psicomorfoloxía e visaxismo.

– CA2.6. Identificouse o patrón estético de peiteado, maquillaxe, complementos e vestiario da persoa usuaria.

– CA2.7. Estableceuse o procedemento para detectar as necesidades persoais, sociolaborais ou artísticas na creación da imaxe personalizada.

– CA2.8. Diferenciouse o tipo de cambio (puntual ou definitivo) segundo o ámbito de aplicación.

– CA2.9. Establecéronse criterios para potenciar, neutralizar ou modificar a imaxe a través de estilos de peiteado.

– CA2.10. Personalizouse o estilo no cabelo en función das necesidades da clientela.

• RA3. Elabora e presenta propostas de cambio de imaxe a través do peiteado utilizando documentación de apoio e aplicacións informáticas.

– CA3.1. Determinouse a estrutura da proposta personalizada, segundo demandas e/ou necesidades, para o tipo de acontecemento, acto ou evento.

– CA3.2. Realizáronse propostas de peiteado.

– CA3.3. Especificáronse características da documentación técnica anexa á proposta.

– CA3.4. Determináronse pautas para a elaboración do orzamento.

– CA3.5. Estableceuse a secuencia dos procesos para o cambio de imaxe.

– CA3.6. Aplicáronse ferramentas manuais, gráficas e informáticas para a elaboración de deseños.

– CA3.7. Aplicáronse técnicas de comunicación para a presentación da proposta.

– CA3.8. Utilizáronse sistemas de arquivamento da documentación.

• RA4. Realiza cambios de estilos aplicando técnicas de corte do cabelo.

– CA4.1. Aplicáronse técnicas de atención e recepción da clientela.

– CA4.2. Establecéronse as medidas de seguridade e hixiene do persoal profesional e da clientela.

– CA4.3. Seleccionáronse os medios técnicos, as ferramentas e os utensilios necesarios para o corte de cabelo.

– CA4.4. Determinouse a necesidade de material dun só uso.

– CA4.5. Aplicáronse pautas para a utilización, o mantemento, a hixiene, a desinfección e/ou a esterilización dos materiais e dos utensilios cortantes.

– CA4.6. Establecéronse as pautas de hixiene capilar.

– CA4.7. Caracterizáronse os estilos de corte e a súa influencia na imaxe persoal.

– CA4.8. Relacionouse o estilo de corte coas características persoais e do cabelo.

– CA4.9. Identificáronse estilos de corte en función da súa configuración ou da súa xeometría.

– CA4.10. Relacionouse a forma de realización cos efectos conseguidos.

– CA4.11. Establecéronse os parámetros que inflúen na realización do corte de cabelo.

– CA4.12. Xustificouse a elección da técnica de corte.

– CA4.13. Establecéronse os criterios de integración e secuencia das técnicas de peiteado (cor e forma) co corte.

– CA4.14. Aplicáronse medidas e proporcións para a configuración do corte.

– CA4.15. Realizáronse diferentes estilos de corte de cabelo empregando as técnicas segundo o protocolo establecido.

– CA4.16. Avaliouse o resultado final.

• RA5. Realiza estilismos masculinos aplicando técnicas de deseño e configuración de barba, bigote e patillas.

– CA5.1. Aplicáronse técnicas de atención e recepción da clientela.

– CA5.2. Establecéronse as medidas de seguridade e hixiene do persoal profesional e da clientela.

– CA5.3. Seleccionáronse medios técnicos, ferramentas e utensilios necesarios para o estilismo masculino.

– CA5.4. Determinouse a necesidade de material dun só uso.

– CA5.5. Aplicáronse pautas para utilización, mantemento, hixiene, desinfección e/ou esterilización dos materiais e dos utensilios cortantes.

– CA5.6. Aplicáronse técnicas previas e cosmética para rasurado e acabamento.

– CA5.7. Aplicáronse técnicas de masaxe facial.

– CA5.8. Determináronse estilos de barba, bigote e patillas.

– CA5.9. Aplicáronse técnicas de visaxismo para o estudo do rostro.

– CA5.10. Recoñeceuse como elemento diferenciador masculino o estilismo da barba, do bigote e das patillas.

– CA5.11. Determináronse as correccións das desproporcións estéticas no rostro a través da barba, o bigote e as patillas.

– CA5.12. Deseñáronse bosquexos con estilismos de barba, bigote e patillas.

– CA5.13. Propuxéronse cambios de imaxe do rostro masculino mediante a transformación de barba, bigote e patillas.

– CA5.14. Aplicáronse técnicas para descarga e delimitación do contorno da barba, o bigote e as patillas.

– CA5.15. Deseñáronse estilismos masculinos innovadores.

– CA5.16. Elimináronse adecuadamente os residuos xerados.

• RA6. Avalía o resultado final aplicando medidas que permitan corrixir as desviacións.

– CA6.1. Aplicáronse medidas correctoras a posibles desviacións do obxectivo.

– CA6.2. Identificáronse os indicadores de calidade nos procesos de estilismo.

– CA6.3. Utilizouse a linguaxe técnica adecuada ao nivel e ao persoal.

– CA6.4. Verificouse o grao de cumprimento dos protocolos establecidos.

– CA6.5. Avaliouse o grao de satisfacción da clientela.

– CA6.6. Resolvéronse os problemas presentados no desenvolvemento da actividade.

– CA6.7. Formuláronse medidas de actuación en caso de emerxencias por irritacións, alerxias ou cortes.

• RA7. Elabora programas de mantemento da nova imaxe establecendo pautas de actuación.

– CA7.1. Especificáronse a secuencia e a temporalización para o mantemento persoal do traballo técnico realizado.

– CA7.2. Identificáronse pautas de hixiene e mantemento persoal do cabelo.

– CA7.3. Aplicáronse criterios de selección e utilización de cosmética de mantemento.

– CA7.4. Aplicáronse pautas de mantemento e transformación do peiteado.

– CA7.5. Estableceuse pautas de asesoramento sobre tratamentos asociados.

– CA7.6. Establecéronse pautas para colaboración e coordinación con diferentes profesionais.

– CA7.7. Establecéronse medidas de adecuación da nova imaxe á evolución persoal e/ou profesional.

1.7.1.2. Contidos básicos.

BC1. Caracterización dos estilos de imaxe asociados aos cambios do cabelo.

• Concepto de estilo, modas e tendencias. Definicións segundo a autoría. Contextualización e antecedentes.

• Elementos que definen o estilo de imaxe asociados aos cambios do cabelo:

– A cor: características e harmonía. Clasificación: gama (cálidas e frías), luminosidade (claras, medias e escuras), ton (monocolor, bicolor e multicolor) e intensidade (baixa ou pálida, media e forte). Test de cor.

– Liñas, formas e volumes: características. Clasificación e configuración de liñas (rectas, onduladas e curvas), volumes e formas (estáticas ou dinámicas).

– Complementos de peiteado na creación de estilos.

• Clasificación de estilos de imaxe: estilismo creativo e dirixido.

• Manual de estilos. Pautas para a elaboración dun book de estilos. Linguaxes para o manual de estilos: fotográfica, ilustración, tipográfica, cor etc.

• Base de información de patróns estéticos. Clasificación e arquivos dos datos.

BC2. Adaptación dos estilos á imaxe persoal.

• Atención e recepción da clientela.

• Documentación técnica para o estudo da imaxe. Ficha técnica.

• Análise das características persoais.

• Análise da pel e o cabelo. Características e condicións do cabelo.

• Análise morfolóxica facial e corporal. Identificación de trazos físicos. Puntos antropométricos de referencia.

• Análise de patróns habituais de peiteado, maquillaxe, complementos, vestiario, movemento e expresión.

• Determinación das necesidades sociolaborais, persoais, artísticas etc.

• Identificación e proxección da imaxe. Ámbito de aplicación. Cambio puntual, para evento, definitivo, empresarial, artístico e social.

• Creación de identidade de imaxe personalizada. Calidades da imaxe. Pautas para potenciar, neutralizar e modificar a imaxe persoal. Nivel de concreción de estilo no cabelo.

BC3. Elaboración e presentación de propostas de cambio de imaxe a través do peiteado.

• Proposta personalizada: definición e estrutura. Tipos de propostas segundo as necesidades: cotiás, en actos, eventos etc. Documentación técnica anexa. Orzamentos. Planificación de accións: calendario de actuación.

• Deseños gráficos e audiovisuais. Aplicación de ferramentas manuais, gráficas e informáticas. Editor de textos e de imaxes dixitais, navegador web, diagramas e editor de presentacións.

• Presentación da proposta: aplicación de técnicas de comunicación para a presentación da proposta. Procesamento e arquivamento da información: documentación dixital e impresa.

BC4. Realización de cambios de estilos a través do corte de cabelo.

• Atención e recepción da clientela.

• Normas de seguridade e hixiene. Ergonomía e hixiene postural. Lenzaría e utensilios auxiliares para o corte.

• Medios técnicos, utensilios e ferramentas para o corte de cabelo.

• Hixiene e acondicionamento capilar.

• Influencia do estilo de corte na imaxe persoal segundo a idade, a raza, o sexo, a profesión e o estilo persoal.

• Clasificación dos estilos de corte: pola súa configuración ou xeometría, pola técnica empregada, polos efectos conseguidos, por épocas ou evolución histórica, por correntes urbanas etc.

• Parámetros para a realización do corte de cabelo: seccións, posición da cabeza e dos dedos, liñas e mecha guía. Patrón de lonxitude, dirección e tipo da mecha ou mechas guía (fixa ou móbil). Ángulo de proxección ou inclinación. Contornos.

• Técnica de corte. Procedemento, fases e pautas de aplicación.

– Segundo a ferramenta empregada: con tesoiras, con navallas, con máquinas de afeitar e combinadas.

– Segundo a técnica empregada: corte compacto, en capas, corte universal etc.

– Técnicas de acabamento en seco.

• Configuración do corte para o cambio de estilo. Coordinación con técnicas asociadas: corte e cor; precorte, forma e cor; corte, forma e cor. Selección da técnica para a realización: utensilios, orde e formas de execución. Vantaxes e inconvenientes dos métodos e das técnicas. Criterios de selección. Control do proceso. Secuencia.

BC5. Realización de estilismos masculinos.

• Atención e recepción da clientela.

• Normas de seguridade e hixiene. Ergonomía e hixiene postural. Lenzaría e utensilios auxiliares.

• Medios técnicos, utensilios e ferramentas para estilismos masculinos.

• Hixiene e acondicionamento capilar e/ou facial.

• Masaxe facial asociada ao estilismo masculino.

• Clasificación dos estilos de barba, bigote e patillas: descrición e características.

• Evolución do canon de beleza masculino. Influencia da barba, o bigote e as patillas na imaxe persoal.

• Deseño da barba, o bigote e as patillas. Aplicación de técnicas de visaxismo e psicomorforloxía do rostro. Corrección estética. Deseño de estilos a través de bosquexos.

• Técnica de descarga e delimitación do contorno da barba, o bigote e as patillas. Pautas para a realización (corte, rasurado e depilación). Acabamentos de fantasía e innovadores, a través de patróns, de barba, patillas e cellas. Procedemento de execución.

• Xestión de residuos.

BC6. Avaliación do resultado final.

• Medidas de corrección de desviacións nos resultados obtidos.

• Calidade nos servizos de estilismo. Avaliación e control de calidade.

• Desviacións na prestación dos servizos. Resolución de queixas.

• Medidas de actuación en caso de emerxencias por irritacións, alerxias ou cortes.

BC7. Elaboración de programas de mantemento da nova imaxe.

• Pautas para a elaboración dos programas de mantemento e o plan de actuación. Criterios de selección e utilización cosmética de mantemento. Pautas de mantemento e transformación do peiteado.

• Asesoramento sobre outros tratamentos. Pautas para a colaboración e coordinación con diferentes profesionais.

• Medidas de adecuación da nova imaxe coa evolución persoal e/ou profesional.

1.7.2. Unidade formativa 2: Creación de novos estilos de imaxe.

• Código: MP1069_22.

• Duración: 35 horas.

1.7.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Crea estilos de imaxe a través de técnicas de peiteado describindo as fases para a elaboración do novo deseño.

– CA1.1. Caracterizáronse procedementos e metodoloxía para a creación de estilos de peiteado.

– CA1.2. Establecéronse pautas de planificación e secuencia do proceso.

– CA1.3. Interpretáronse patróns de moda e publicacións.

– CA1.4. Identificáronse como elementos do novo estilo os símbolos, as cores, as liñas, as formas e os volumes.

– CA1.5. Realizáronse esbozos ou bosquexos da creación.

– CA1.6. Avaliouse a viabilidade do proxecto.

– CA1.7. Determináronse as características técnicas da creación do novo estilo.

– CA1.8. Identificáronse pautas para a realización do estudo artístico.

– CA1.9. Determináronse os elementos que forman parte do estudo técnico.

– CA1.10. Determináronse pautas para a selección de modelos, realización de castings, arquivos e utilización de datos.

– CA1.11. Establecéronse modos e lugares de presentación e difusión do prototipo de novo estilo.

1.7.2.2. Contidos básicos.

BC1. Crea estilos de imaxe a través de técnicas de peiteado describindo as fases para a elaboración do novo deseño.

• Procedemento de creación de novos estilos de peiteado. Creatividade, intuición e reflexión: a súa interrelación. Idea, concepto e proceso creativo.

• Metodoloxías de creación. Creación en paneis de inspiración ou mood boards. Planificación e secuencia. Investigación como base da inspiración e da realización. Interpretación de patróns de moda e publicacións. Esbozos ou bosquexos da creación. Avaliación da viabilidade.

• Características técnicas da creación. Estudo artístico: contextualización e antecedentes, características do novo estilo e calidades que hai que transmitir. Estudo técnico: determinación de procesos e materiais; complementos ao deseño.

• Presentación da colección de deseños. Creación do manual do novo deseño. Lugares de presentación (pasarelas, feiras, casas comerciais, revistas, obradoiros, showrooms e outros eventos de moda). Selección de modelos. Pautas para a realización de castings. Arquivos e utilización de datos.

• Modos de difusión do prototipo. Técnicas de márketing para estilismo (páxinas web, publicacións, layouts creativos etc.).

1.7.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de estilista de peiteado.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Caracterización dos estilos en peiteado.

– Creación e presentación de novos estilos de peiteado.

– Adaptación dos estilos ás características persoais, sociais e laborais.

– Elaboración e presentación de propostas personalizadas de peiteado.

– Realización de cambios de estilos.

– Realización de estilismos masculinos.

– Avaliación do resultado final.

– Elaboración de programas de mantemento da nova imaxe.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Asesoría de peiteado.

– Dirección técnica ou artística de peiteado.

– Dirección e coordinación de peiteado clásico ou avanzado.

– Estilismo de peiteado en producións audiovisuais.

– Centros de formación.

– Asesoresa/as e comerciais de peiteado.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais d), f), g), h), i), n), p), q), t) e w) do ciclo formativo e as competencias d), f), g), h), m), ñ), o), q) e s).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Caracterización de estilos de peiteado.

– Creación e presentación de novos estilos de peiteado.

– Adaptación dos estilos.

– Elaboración e presentación de propostas.

– Realización de cambios de estilos.

– Realización de estilismos masculinos.

– Avaliación do resultado.

– Elaboración de programas de mantemento da imaxe.

1.8. Módulo profesional: Estudo da imaxe.

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP1070.

• Duración: 87 horas.

1.8.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Xestiona a documentación gráfica de estilos de imaxe organizando e arquivando a información en soporte impreso e informático.

– CA1.1. Recoñecéronse as fontes documentais para a obtención de datos.

– CA1.2. Determináronse as estratexias para a obtención de información gráfica.

– CA1.3. Establecéronse os criterios de selección da información.

– CA1.4. Clasificouse a información tematicamente.

– CA1.5. Estableceuse o almacenamento da información en diferentes formatos.

– CA1.6. Diferenciáronse os tipos de documentación técnica.

– CA1.7. Determináronse a estrutura e as partes dos documentos.

– CA1.8. Recoñecéronse as pautas de elaboración de documentación gráfica e audiovisual.

– CA1.9. Realizouse un manual de estilos mediante o emprego de ferramentas fotográficas e audiovisuais.

– CA1.10. Recoñeceuse a lexislación referente á propiedade intelectual.

• RA2. Realiza o estudo da morfoloxía externa do corpo humano identificando as proporcións corporais.

– CA2.1. Recoñecéronse as proporcións ideais do canon da figura humana.

– CA2.2. Seleccionáronse aparellos e equipamentos para a análise da estrutura corporal.

– CA2.3. Realizáronse medidas corporais.

– CA2.4. Distinguíronse as tipoloxías corporais do corpo humano.

– CA2.5. Especificáronse trazos diferenciais entre as siluetas masculina e feminina.

– CA2.6. Relacionáronse a tipoloxía corporal e os procesos de peiteado.

– CA2.7. Establecéronse os procesos e as técnicas de peiteado que inflúen na percepción da imaxe.

– CA2.8. Relacionáronse a cor, a forma, a lonxitude do cabelo e o peiteado coa imaxe global.

• RA3. Realiza o estudo do rostro analizando os trazos faciais e empregando ferramentas de deseño.

– CA3.1. Identificáronse os tipos de rostro.

– CA3.2. Identificáronse as liñas e os puntos de referencia do rostro.

– CA3.3. Determinouse a forma xeométrica do rostro.

– CA3.4. Caracterizáronse os elementos que conforman o rostro.

– CA3.5. Relacionouse a expresividade do rostro cos músculos cutáneos faciais.

– CA3.6. Caracterizáronse os tipos de faccións e a súa relación co peiteado.

– CA3.7. Relacionáronse os tipos de rostros e os seus elementos coas correccións, mediante técnicas de peiteado e barbaría.

– CA3.8. Realizáronse representacións gráficas de rostros e as súas correccións a través do peiteado.

• RA4. Determina os elementos iconolóxicos da imaxe persoal seguindo pautas establecidas.

– CA4.1. Establecéronse os niveis de percepción que conforman a imaxe persoal.

– CA4.2. Relacionáronse os códigos co seu significado.

– CA4.3. Identificáronse os elementos que conforman a imaxe.

– CA4.4. Establecéronse as pautas de realización do test da cor persoal cabelo-rostro.

– CA4.5. Determinouse a influencia da cor, as liñas e o volume do cabelo na imaxe.

– CA4.6. Recoñecéronse as características estéticas das tribos urbanas.

– CA4.7. Identificáronse as tendencias en relación coa imaxe persoal.

– CA4.8. Diferenciáronse as técnicas de análise e avaliación da imaxe persoal integral.

• RA5. Analiza o peiteado, a maquillaxe e o vestiario en relación cos requisitos dos actos sociolaborais.

– CA5.1. Relacionáronse os tipos de actividades sociais e laborais cos requisitos sobre a imaxe persoal.

– CA5.2. Avaliáronse os requisitos de peiteado na vida sociolaboral.

– CA5.3. Relacionáronse os tipos de maquillaxe social coas súas características.

– CA5.4. Identificáronse a vestimenta e os seus complementos para diferentes actos sociais.

– CA5.5. Analizáronse outros aspectos que cómpre considerar na selección do peiteado, a maquillaxe e a vestimenta para diversos actos sociais.

– CA5.6. Recoñecéronse os tipos de estilo e as súas características.

• RA6. Elabora o informe do estudo da imaxe utilizando documentación de apoio e aplicacións informáticas.

– CA6.1. Determináronse os métodos para detectar as necesidades, as demandas e as expectativas da clientela.

– CA6.2. Consideráronse os criterios estéticos para a elaboración dunha proposta de imaxe.

– CA6.3. Documentouse tecnicamente a proposta.

– CA6.4. Recoñeceuse a estrutura dunha proposta de imaxe.

– CA6.5. Identificáronse os programas de tratamento de imaxe e deseño gráfico.

– CA6.6. Diferenciáronse os procesos para o uso de programas de deseño.

– CA6.7. Recoñecéronse as ferramentas virtuais de deseño e traballo.

– CA6.8. Analizáronse os modelos de peiteados para a aplicación á imaxe.

– CA6.9. Identificáronse as técnicas informáticas para retocar, cortar, cambiar de cor, introducir mechas etc. nos modelos de peiteados.

– CA6.10. Recoñecéronse os procesos para arquivamento, visionamento e comparación de imaxes dixitais.

– CA6.11. Presentáronse e argumentáronse as propostas da nova imaxe.

1.8.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión da documentación gráfica de estilos de imaxe.

• Fontes documentais de estilos. Tipos: escrita, gráfica e audiovisual. Características. Tipos de imaxes: fotografía e ilustracións. Bancos de imaxes. Métodos de obtención da información: estratexias de procura. Criterios de selección da información. Sistemas de captura de imaxes: escáner, cámaras dixitais e ferramentas informáticas. Métodos de organización e integración dos resultados da procura. Procesamento e análise da información. Clasificación da información.

• Procedementos de arquivamento: formatos ou soportes de arquivo. Enfoques xerais para a organización de arquivos. Sistemas de manexo de arquivos.

• Creación de documentación escrita. Tipos de documentos escritos: fichas, cuestionarios, formularios etc. Elaboración: planificación e redacción. Estrutura e partes dos documentos. Elementos para elaborar un documento. Pautas de elaboración de documentación gráfica e audiovisual: planificación e composición.

• Creación de documentación gráfica e audiovisual. Pautas de elaboración: planificación e composición.

• Elaboración dun manual de estilos. Ferramentas fotográficas e audiovisuais. Características.

• Lexislación sobre propiedade intelectual: dereitos de autoría.

BC2. Realización do estudo da morfoloxía externa do corpo humano.

• Canon da figura humana: proporción ideal dos elementos que a compoñen. Representación gráfica da cabeza humana: rostro e cranio. Tipoloxías corporais.

• Estudo das medidas do corpo humano. Aparellos e equipamentos para a súa análise. Estudo antropométrico.

• Técnicas de observación aplicadas ao estudo da imaxe.

• Silueta masculina e feminina: trazos diferenciais entre home e muller.

• Relación entre a tipoloxía corporal e os procesos de peiteado. Procesos e técnicas de peiteado que inflúen na percepción da imaxe: cor, forma, lonxitude do cabelo e peiteado na imaxe global.

BC3. Realización do estudo do rostro.

• Anatomía da cabeza. Ósos. Músculos cutáneos faciais: tipos, características, inserción e orixe. Relación coa configuración do rostro e a expresión.

• Tipos de rostro. Características. Teoría da verticalidade e a horizontalidade. Liñas e puntos de referencia. Estudo das medidas do rostro sobre o plano horizontal. Relación entre a verticalidade e as asimetrías. Xeometría do rostro: clasificación dos tipos de óvalos. Estudo das medidas do rostro sobre o plano vertical.

• Estudo e análise dos elementos do rostro: cellas, ollos, nariz, boca, pómulos, queixo, fronte etc.

• Estudo da expresividade do rostro a través das faccións. Características dos tipos de faccións e a súa relación co peiteado.

• Técnicas de expresión gráfica para a realización de bosquexos. Representación de estilos de peiteados.

• Características físicas e a súa relación coa imaxe persoal. Correccións do rostro a través de técnicas de peiteado e barbaría.

BC4. Determinación dos elementos da iconoloxía da imaxe.

• Iconoloxía aplicada á imaxe persoal. Niveis de percepción: características físicas obxectivas, calidades subxectivas e personalidade. Códigos da imaxe e o seu significado.

• Elementos que conforman a imaxe. Cores e as súas características: a cor no peiteado como elemento iconolóxico. Liñas e formas: características, direccionalidade, movemento e angulosidade. Volumes: influencia do tamaño, o peso e a densidade. Expresividade corporal e elementos sensoriais.

• Test da cor persoal cabelo-rostro. Técnica de realización: aplicación de mostraxes de cores.

• Características estéticas das tribos urbanas: trazos estéticos diferenciais.

• Técnicas de análise e avaliación da imaxe persoal: técnicas de observación e entrevistas, cuestionarios, táboas-grella, medidas, gravacións etc. Rexistro e control da información.

BC5. Análise do peiteado, a maquillaxe e o vestiario.

• Actividades sociais e profesionais e o seu requisito sobre a imaxe persoal. Tipos de actos sociais privados e a súa relación co peiteado, a maquillaxe e a vestimenta. Tipos de actos públicos e a súa relación coa imaxe persoal: oficiais e non oficiais. Imaxe empresarial e profesional.

• Requisitos de peiteado na vida sociolaboral.

• Tipos e estilos de maquillaxe.

• Pautas xerais de vestiario e as súas características. Relación do vestiario e o peiteado. Características corporais de influencia na indumentaria e os complementos. Características persoais e sociolaborais que condicionan a indumentaria e os complementos. Características fundamentais da indumentaria segundo a estación do ano, a hora do día e o acto.

• Outros aspectos que cómpre considerar na selección do peiteado, a maquillaxe e a vestimenta.

• Relación entre o peiteado e outros elementos que crean estilo.

BC6. Elaboración do informe do estudo da imaxe.

• Métodos para detectar as necesidades, as demandas e as expectativas da clientela.

• Conclusións do estudo da imaxe e da análise de necesidades e demandas.

• Ferramentas de presentación do informe do estudo da imaxe.

• Documentación técnica: tipos e pautas de elaboración.

• Estruturación dunha proposta de imaxe: introdución, identificación da persoa, plan de traballo, profesionais colaboradores, calendario de actuación, orzamento etc.

• Programas de tratamento da imaxe e deseño gráfico.

• Tratamento da imaxe mediante aplicacións informáticas. Bosquexo e fotografía. Iniciación ao tratamento de fotografías e gráficos. Ferramentas virtuais de deseño e traballo. Almacenamento de arquivos.

• Presentación e argumentación da proposta da nova imaxe. Conclusións.

• Resolución de dúbidas, acordos e autorización do proceso.

1.8.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de estudo da imaxe integral.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Estratexias de procura de información sobre estilos de imaxe.

– Canon da figura humana e as súas proporcións.

– Estudo das medidas do rostro e do corpo humano.

– Técnicas de expresión gráfica para a realización de bosquexos.

– Análise de peiteados, maquillaxes e vestiario en relación con actividades sociolaborais.

– Manexo de programas informáticos para o cambio de imaxe e deseño gráfico.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Procesos de elaboración do manual de estilos.

– Procesos de elaboración de deseños gráficos.

– Procesos de elaboración de propostas de imaxe mediante ferramentas informáticas.

A formación do módulo contribúe a lograr os obxectivos xerais d), g), p), q) e r) do ciclo formativo e as competencias d), g), ñ) e p).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo relaciónanse con:

– Creación de documentación escrita, gráfica e audiovisual de estilos.

– Análise da morfoloxía externa do corpo humano e trazos faciais.

– Aplicación de ferramentas de deseño.

– Selección de peiteados, maquillaxe e vestiario adaptados aos tipos de actos sociolaborais.

– Tratamento da imaxe mediante aplicacións informáticas.

1.9. Módulo profesional: Dirección e comercialización.

• Equivalencia en créditos ECTS: 6.

• Código: MP1071.

• Duración: 87 horas.

1.9.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Aplica técnicas de organización do establecemento de imaxe persoal determinando infraestruturas e recursos.

– CA1.1. Identificáronse os tipos de empresas de imaxe persoal.

– CA1.2. Establecéronse as condicións xerais das instalacións e equipamentos asociados.

– CA1.3. Valoráronse as variables que inflúen no deseño de espazos e equipamentos.

– CA1.4. Identificáronse e distribuíronse as zonas e os anexos.

– CA1.5. Seleccionáronse as instalacións complementarias necesarias.

– CA1.6. Identificáronse instalacións, equipamentos e recursos adecuados a cada zona.

– CA1.7. Aplicáronse os parámetros que identifican a imaxe da empresa.

• RA2. Aplica técnicas de organización e coordinación de profesionais determinando os postos de traballo e as súas funcións.

– CA2.1. Describíronse os principios de organización dunha empresa e os posibles modelos organizativos.

– CA2.2. Especificouse o organigrama do establecemento de imaxe persoal.

– CA2.3. Describíronse os postos de traballo e as funcións e responsabilidades de cada un deles.

– CA2.4. Identificáronse a competencia profesional e os requisitos necesarios para desempeñar os postos de traballo.

– CA2.5. Establecéronse os sistemas de planificación do cadro de persoal.

– CA2.6. Relacionáronse os criterios de selección de persoal coa política empresarial.

– CA2.7. Aplicáronse técnicas de selección de persoal en casos prácticos realizando simulacións de situacións.

– CA2.8. Deseñáronse o plan e o manual de acollemento da empresa en casos prácticos.

– CA2.9. Identificáronse pautas para a motivación do persoal e a promoción dentro da empresa.

– CA2.10. Establecéronse os criterios de asignación dos horarios de traballo do persoal.

– CA2.11. Planificouse a distribución do traballo entre o equipo técnico en casos prácticos.

– CA2.12. Establecéronse pautas para a coordinación entre profesionais en empresas de imaxe persoal.

• RA3. Deseña normas de atención e comunicación interpersoais analizando os seus elementos e aplicando normas deontolóxicas.

– CA3.1. Establecéronse as diferenzas entre comunicación externa e interna na empresa.

– CA3.2. Describíronse os tipos de comunicación

– CA3.3. Aplicáronse estratexias de comunicación eficaz.

– CA3.4. Elaboráronse protocolos de comunicación externa con clientela e provedores.

– CA3.5. Elaboráronse protocolos de comunicación interna da empresa.

– CA3.6. Realizáronse protocolos de comunicación en diversos medios e soportes (prensa, radio, televisión, internet etc.).

– CA3.7. Establecéronse pautas e normas para a atención e a comunicación coa clientela.

– CA3.8. Establecéronse os pasos que se van seguir para resolver conflitos.

– CA3.9. Establecéronse as normas deontolóxicas aplicadas ás actividades de imaxe persoal.

– CA3.10. Establecéronse as leis básicas da dirección de equipos e os estilos de liderado.

– CA3.11. Establecéronse pautas para a organización de reunións de traballo.

• RA4. Deseña plans de formación e información establecendo o procedemento de traballo.

– CA4.1. Determináronse os elementos dos plans de formación.

– CA4.2. Recoñecéronse os obxectivos do plan de formación.

– CA4.3. Establecéronse os instrumentos de análise para detectar necesidades formativas.

– CA4.4. Establecéronse as pautas para deseñar as accións formativas.

– CA4.5. Identificáronse os tipos de accións formativas.

– CA4.6. Realizáronse casos prácticos de organización de accións formativas diferenciando as fases operativa e loxística.

– CA4.7. Comparáronse os instrumentos de comunicación para presentar a proposta de formación.

– CA4.8. Establecéronse os criterios para realizar o seguimento das accións formativas.

– CA4.9. Establecéronse os elementos para realizar o proceso de avaliación.

• RA5. Realiza operacións de xestión técnica do establecemento interpretando documentación e aplicando ferramentas informáticas.

– CA5.1. Identificouse a documentación que se manexa nos procesos de xestión dun establecemento de imaxe persoal.

– CA5.2. Determináronse os sistemas para arquivar a documentación.

– CA5.3. Identificáronse as aplicacións informáticas empregadas en empresas de imaxe persoal.

– CA5.4. Configurouse a aplicación informática de xestión que se vai utilizar.

– CA5.5. Verificouse o funcionamento da aplicación.

– CA5.6. Aplicouse a lexislación sobre protección de datos.

– CA5.7. Identificáronse os sistemas de protección, seguridade e acceso á información da aplicación empregada.

– CA5.8. Establecéronse os criterios para asignar as persoas usuarias ao programa de xestión.

– CA5.9. Introducíronse os datos referidos á xestión canto a clientela, produtos, servizos e persoal.

• RA6. Elabora o plan de comercialización deseñando estratexias e accións.

– CA6.1. Describiuse o concepto de márketing e identificáronse os tipos.

– CA6.2. Establecéronse os obxectivos do plan de comercialización.

– CA6.3. Determinouse a imaxe que se quere proxectar da empresa.

– CA6.4. Identificáronse os tipos de clientela e os mecanismos de fidelización.

– CA6.5. Deseñouse a oferta dos produtos e servizos de imaxe persoal.

– CA6.6. Determinouse en casos prácticos a imaxe da empresa que se quere proxectar.

– CA6.7. Describíronse as características específicas da asesoría de vendas de produtos e servizos de imaxe persoal.

– CA6.8. Aplicáronse técnicas de venda a un servizo ou produto de imaxe persoal.

– CA6.9. Establecéronse estratexias de intervención en reclamacións ou queixas.

– CA6.10. Establecéronse os obxectivos e os instrumentos empregados nunha campaña promocional.

– CA6.11. Aplicáronse técnicas de promoción dun produto ou servizo de imaxe persoal.

• RA7. Organiza a aplicación de técnicas de publicidade e merchandising analizando o seu impacto no proceso de comercialización de produtos e servizos.

– CA7.1. Establecéronse os obxectivos do plan de publicidade e merchandising.

– CA7.2. Deseñáronse as estratexias para realizar o plan de publicidade e merchandising.

– CA7.3. Identificáronse a publicidade e o merchandising como ferramentas do proceso de venda de produtos e servizos.

– CA7.4. Analizáronse os factores que interveñen na publicidade.

– CA7.5. Aplicáronse técnicas de publicidade a un produto ou servizo de imaxe persoal.

– CA7.6. Relacionáronse a ambientación e a organización dos espazos co proceso de venda.

– CA7.7. Realizáronse escaparates promocionais.

– CA7.8. Realizouse a publicidade dos produtos no lugar de venda (PLV).

• RA8. Establece criterios de calidade dos procesos de imaxe persoal, avaliando a dinámica global, e propón medidas correctoras.

– CA8.1. Identificáronse os indicadores de calidade.

– CA8.2. Caracterizouse a figura do persoal consultor-avaliador nos establecementos de imaxe persoal.

– CA8.3. Organizouse un plan de avaliación para a detección de desviacións na empresa.

– CA8.4. Establecéronse os parámetros para avaliar os procesos.

– CA8.5. Propuxéronse medidas para optimizar a prestación do servizo e corrixir erros.

– CA8.6. Deseñáronse accións para resolver deficiencias que afectan a calidade do servizo.

– CA8.7. Establecéronse sistemas de avaliación do grao de satisfacción da clientela.

1.9.2. Contidos básicos.

BC1. Aplicación de técnicas de organización do establecemento de imaxe persoal.

• Modelos organizativos de empresas de imaxe persoal:

– As empresas tradicionais de imaxe persoal.

– Novas tendencias empresariais.

– Franquías.

• Instalacións xerais dos establecementos de imaxe persoal: deseño e distribución.

– Recepción e zona administrativa.

– Instalacións para realizar os servizos.

– Áreas para profesionais.

– Áreas e instalacións complementarias.

• Recursos técnicos. Organización de equipamentos, ferramentas, cosméticos e utensilios.

• Imaxe empresarial. Elementos que a conforman.

BC2. Aplicación de técnicas de organización e coordinación de profesionais.

• Organización da empresa. Principios da organización. Modelos organizativos.

• Organigrama do centro. Estrutura xerárquica.

– Postos de traballo, funcións e responsabilidades.

– Necesidades de persoal segundo o tipo e estrutura da empresa.

• Cualificación de profesionais:

– Competencia profesional.

– Niveis de competencia.

– Requisitos xerais e específicos segundo o posto de traballo.

• Planificación do cadro de persoal: proceso de selección de persoal.

– Deseño da oferta de traballo.

– Técnicas de selección.

– Proceso de selección de aspirantes.

• Deseño do plan de acollemento na empresa.

• Xestión de recursos humanos. Motivación de profesionais. Promoción dentro da empresa.

• Organización e coordinación do horario de traballo do persoal.

– Horarios da empresa segundo tipos e necesidades.

– Quendas, vacacións e substitucións. Bolsa de traballo.

• Organización e coordinación do equipo de traballo e dos medios materiais:

– Distribución do traballo ao longo da xornada laboral.

– Axenda de traballo. Coordinación entre profesionais.

BC3. Deseño de normas de atención e comunicación interpersoais.

• Comunicación. Comunicación externa e interna na empresa: tipos, características e diferenzas.

• Técnicas de comunicación eficaz:

– Escoita activa: elementos que facilitan a escoita e elementos que se deben evitar.

– Feedback, claridade, concreción, asertividade, empatía etc.

• Claves para unha comunicación efectiva nun equipo de traballo.

• Comunicación externa con clientela e provedores:

– Comunicación persoal: atención á clientela, equipos de vendas e márketing directo.

– Comunicación non persoal ou masiva: publicidade, relacións públicas e promoción de vendas.

– Comunicación en diferentes medios: prensa, radio, televisión, internet etc.

– Normas de atención á clientela. Protocolo de comunicación coa clientela.

• Problemas na comunicación externa: tipos e técnicas para resolver situacións de crise.

• Comunicación interna na empresa:

– Comunicación interna vertical: ascendente e descendente.

– Comunicación interna horizontal.

– Técnicas para transmitir a información aos equipos de traballo.

• Técnicas de resolución de conflitos.

• Deontoloxía profesional:

– Normas deontolóxicas aplicadas á imaxe persoal.

– Segredo profesional.

– Lei de protección de datos.

• Liderado. Leis básicas da dirección de equipos.

• Outros tipos de comunicación ou comunicación mixta: reunións de traballo e briefing. Tipos e fases dunha reunión. Pautas para a organización de reunións.

BC4. Deseño de plans de formación e información.

• Plan de formación e información: concepto e finalidade. Identificación da política de formación.

• Obxectivos do plan de formación da empresa de imaxe persoal.

• Fase de análise: detección de necesidades formativas.

• Deseño das accións formativas: estrutura, características e planificación.

– Tipos de accións formativas: cursos, relatorios, conferencias, demostracións profesionais, xornadas, feiras, congresos etc.

– Planificación operativa: contidos, actividades e métodos.

– Planificación loxística: persoal de formación, organización, secuencia, temporalización, orzamento e recursos.

• Comunicación e convocatoria do plan: contidos, proposta de formación e instrumentos de comunicación.

• Fase de desenvolvemento e aplicación: características, secuencia e documentación.

• Fase de seguimento e avaliación. Instrumentos de avaliación.

BC5. Realización de operacións de xestión técnica.

• Documentación: tipos de documentación técnica e comercial.

• Sistemas e métodos de arquivamento da documentación:

– Arquivamento en papel e en soportes informáticos.

– Normas de seguridade e acceso aos arquivos.

– Organización do arquivo.

• Aplicacións informáticas específicas do sector: tipos, características e utilidades.

• Configuración da aplicación: asistencia técnica.

• Protección de datos: lexislación, sistemas de seguridade, protección e confidencialidade da información.

• Persoas usuarias do programa de xestión: criterios de asignación.

• Creación da base de datos e tratamento da información:

– Xestión de servizos, produtos, clientela e persoal.

– Mantemento e seguridade.

BC6. Elaboración do plan de comercialización.

• Definición e conceptos básicos de márketing. Utilidade práctica do márketing: para as empresas, a poboación consumidora e a sociedade.

• Márketing estratéxico e márketing operativo.

• Plan de comercialización da empresa: obxectivos. A imaxe da empresa.

• Clientela:

– Tipos de clientela. Comportamento.

– Relacións coa clientela: servizos, atención e fidelización.

• Produtos e servizos en imaxe persoal. Deseño de ofertas de produtos e servizos. Desenvolvemento e lanzamento de novos produtos e/ou servizos.

• Técnicas de venda. Fases do proceso da venda.

• Persoal asesor de vendas: calidades, aptitudes, actitudes e habilidades.

• Tratamento e resolución de queixas e reclamacións.

• Promocións: concepto e clasificación.

• Campaña promocional. Deseño dunha campaña promocional en imaxe persoal.

BC7. Organización de técnicas de publicidade e merchandising.

• Plan de publicidade e merchandising: concepto e obxectivos do plan.

• Publicidade: concepto; obxectivos.

• Elementos que conforman a publicidade como técnica de venda. Medios de comunicación para a publicidade. Estratexias.

• Publicidade dos produtos e servizos en imaxe persoal.

• Merchandising nunha empresa de imaxe persoal: concepto. Elementos do merchandising. Ambientación xeral, puntos de venda, elementos exteriores do establecemento e publicidade no lugar de venda (PLV).

BC8. Establecemento dos criterios de calidade dos procesos de imaxe persoal.

• Calidade: indicadores.

• Figura do persoal consultor-avaliador.

• Plan de avaliación do proxecto empresarial.

• Obxectivos da avaliación.

• Métodos de análise.

• Avaliación de recursos técnicos e humanos e de instalacións.

• Avaliación da xestión técnica e comercial.

• Avaliación da imaxe corporativa.

• Avaliación da comercialización de produtos e servizos.

• Avaliación da comunicación integral da empresa.

• Avaliación dos procesos técnicos e dos protocolos de traballo.

• Avaliación do contorno da empresa.

• Plan de intervención para a corrección das desviacións.

• Valoración das expectativas da clientela e grao de satisfacción.

1.9.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar as funcións de dirección de empresas de imaxe persoal e comercialización dos produtos e servizos asociados.

A definición destas funcións abrangue aspectos como:

– Organización das instalacións e os recursos técnicos.

– Coordinación e organización do equipo profesional.

– Aplicación de técnicas de comunicación.

– Elaboración de propostas de formación para o persoal da empresa.

– Utilización de aplicacións informáticas para realizar a xestión da empresa.

– Elaboración do plan de comercialización e organización da publicidade e o merchandising.

– Establecemento dos criterios de calidade dos servizos de peiteado.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:

– Establecemento de estruturas organizativas.

– Definición dos procesos e servizos da empresa.

– Control e avaliación da dinámica global de todos os procesos e servizos.

– Xestión técnica e comercial.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), m), n), p), q), r), s), t), v), w) e y) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), e), l), m), ñ), o), p), q), s) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Organización das instalacións e dos recursos técnicos e profesionais.

– Deseño de protocolos de atención e comunicación coa clientela e o persoal da empresa.

– Elaboración de propostas de formación e información para persoas colaboradoras da entidade.

– Utilización de medios informáticos para poder levar a cabo a xestión do establecemento.

– Elaboración do plan de comercialización, publicidade e merchandising do establecemento.

– Control de calidade dos servizos.

1.10. Módulo profesional: Peiteado en coidados especiais.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1072.

• Duración: 80 horas.

1.10.1. Unidade formativa 1: Elaboración de próteses capilares.

• Código: MP1072_12.

• Duración: 50 horas.

1.10.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Elabora próteses capilares totais e parciais aplicando procedementos de confección e técnicas asociadas.

– CA1.1. Clasificáronse e caracterizáronse os tipos de perrucas e próteses capilares parciais.

– CA1.2. Identificáronse as técnicas previas á elaboración de próteses.

– CA1.3. Identificáronse os tipos, o xeito de realización e as utilidades da armadura.

– CA1.4. Establecéronse protocolos para a toma de medidas.

– CA1.5. Identificáronse os tipos de montura e os materiais para a súa realización.

– CA1.6. Determináronse criterios de selección de materias primas para a realización de perrucas.

– CA1.7. Seleccionáronse os materiais e as ferramentas para a elaboración de perrucas e postizos en función da técnica e do resultado desexado.

– CA1.8. Identificáronse as técnicas de elaboración de perrucas e próteses capilares parciais (tecedura, picadura e cosedura).

– CA1.9. Diferenciáronse as formas de realización de nós e os efectos conseguidos.

– CA1.10. Aplicáronse as técnicas para a elaboración de perrucas e próteses capilares parciais.

– CA1.11. Determináronse as pautas e as secuencias para a cosedura das perrucas.

– CA1.12. Seleccionáronse técnicas de coloración, cambios de forma temporal e permanente e lonxitude para as perrucas e próteses capilares parciais.

– CA1.13. Establecéronse criterios de selección de cosméticos para as técnicas asociadas, a secuencia e as pautas de execución dos procesos.

1.10.1.2. Contidos básicos.

BC1. Elaboración de próteses capilares totais e parciais.

• Perrucas e próteses capilares parciais: tipos e características; criterios de selección.

• Técnicas previas.

– Armadura ou molde de cabeza: descrición, tipos e medidas.

– Toma de medidas: materiais, patrón, calco, pasos ou secuencia e ficha de medidas.

– Elaboración da montura: tipos de monturas, secuencia de traballo, materiais, proceso de realización e adaptación.

– Criterios de selección e técnicas de preparación das materias primas.

• Técnicas de elaboración:

– Técnica de tecedura ou malla. Materiais. Tipos de nó: pasada de comezo, M simple, M dobre e pasada final. Aplicacións.

– Técnica da picadura. Materiais e técnicas de elaboración de nós.

– Técnica da cosedura: descrición, pautas e secuencia.

• Técnicas asociadas: criterios de selección de cosméticos, utensilios e protocolos de execución.

– Técnicas de cambios de cor en perrucas e próteses capilares parciais.

– Técnicas de cambios de forma temporal e permanente en perrucas e próteses capilares parciais.

• Técnicas de cambios de lonxitude en perrucas e próteses capilares parciais.

1.10.2 Unidade formativa 2: Asesoría e coidados en necesidades estéticas especiais.

• Código: MP1072_22.

• Duración: 30 horas.

1.10.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Organiza o cambio ou mantemento da imaxe de persoas usuarias con necesidades estéticas especiais analizando as súas necesidades e aplicando técnicas de atención específicas.

– CA1.1. Determináronse técnicas de identificación das demandas, as expectativas e as necesidades da clientela.

– CA1.2. Caracterizouse o perfil do persoal profesional especialista: aptitudes e actitudes en coidados estéticos especiais.

– CA1.3. Seguíronse as normas sobre a hixiene, indumentaria e imaxe persoal do persoal profesional.

– CA1.4. Establecéronse as normas de actuación interpersoal.

– CA1.5. Aplicáronse técnicas de relación coa persoa usuaria.

– CA1.6. Preparouse o contorno onde se desenvolve o proceso.

– CA1.7. Aplicáronse medidas de hixiene, desinfección e/ou esterilización e precintaxe específicas.

– CA1.8. Establecéronse medidas de acomodación e recepción.

– CA1.9. Identificáronse as posicións anatómicas adecuadas e as medidas de protección do persoal profesional e da clientela.

– CA1.10. Aplicáronse técnicas de análise dermotricolóxica.

– CA1.11. Clasificáronse e establecéronse criterios de selección de coidados reparadores específicos, próteses capilares e complementos.

– CA1.12. Deseñáronse propostas de cambio de imaxe.

– CA1.13. Presentáronselle á clientela as propostas de cambio usando medios manuais e/ou informáticos.

– CA1.14. Planificáronse as accións que se van seguir para o cambio ou o mantemento da imaxe.

– CA1.15. Aplicáronse programas informáticos para realizar propostas técnicas de cambio de imaxe.

– CA1.16. Procedeuse á recollida de datos e imaxes para a ficha da clientela.

• RA2. Aplica coidados reparadores específicos determinando as técnicas de realización.

– CA2.1. Establecéronse criterios de selección de tratamentos e cosméticos de hixiene e mantemento específicos para o cabelo e coiro cabeludo en coidados especiais.

– CA2.2. Establecéronse criterios de selección de procesos de cambios de cor, forma e lonxitude do cabelo en coidados especiais.

– CA2.3. Determináronse a secuencia, a temporalización e as pautas de aplicación de cosméticos especiais.

– CA2.4. Aplicáronse coidados reparadores específicos segundo os protocolos establecidos.

– CA2.5. Deseñáronse simulacións de cellas.

– CA2.6. Seleccionáronse a técnica e a cor adecuadas para realizar a corrección de cellas e pestanas e o perfilado da liña de ollos en función das necesidades da clientela.

– CA2.7. Realizouse a corrección de cellas e pestanas.

– CA2.8. Aplicáronse técnicas de perfilado da liña de ollo.

– CA2.9. Seleccionáronse as técnicas e os cosméticos de coidados de mans adecuados ás necesidades da clientela.

– CA2.10. Aplicáronse coidados específicos de mans.

– CA2.11. Valoráronse as indicacións, as contraindicacións e o momento de aplicación dos coidados reparadores específicos.

• RA3. Coloca perrucas e próteses capilares parciais e realiza operacións de adaptación, suxeición e axuste.

– CA3.1. Determináronse as técnicas previas á colocación de perrucas e postizos.

– CA3.2. Seleccionáronse os cosméticos que se van empregar para preparar e acondicionar o coiro cabeludo e/ou o cabelo en función das necesidades da clientela.

– CA3.3. Realizáronse técnicas de hixiene e acondicionamento do cabelo ou do coiro cabeludo.

– CA3.4. Establecéronse as precaucións para o rasurado previo á colocación da perruca.

– CA3.5. Identificáronse, seleccionáronse e preparáronse os cosméticos e os utensilios necesarios para realizar o rasurado.

– CA3.6. Realizouse a técnica de rasurado seguindo o protocolo establecido e nun tempo adecuado.

– CA3.7. Detalláronse e simuláronse as pautas básicas de atención, información e asesoramento da clientela durante a selección da perruca ou prótese capilar.

– CA3.8. Realizouse a toma de medidas craniais e de mostras da cor do cabelo.

– CA3.9. Describíronse, seleccionáronse e aplicáronse as técnicas de colocación e axuste de perrucas e próteses capilares parciais, así como dos accesorios de suxeición (clip, banda etc.).

– CA3.10. Establecéronse pautas para a realización de acabamentos de perrucas.

– CA3.11. Establecéronse e aplicáronse pautas para a conservación, a limpeza e a hixiene de próteses capilares en función do tipo de pelo.

• RA4. Determina alternativas ás próteses capilares seleccionando complementos téxtiles e accesorios.

– CA4.1. Describíronse os complementos e os accesorios para persoas con necesidades especiais.

– CA4.2. Identificáronse tipos, formas e deseños de complementos téxtiles e accesorios.

– CA4.3. Combináronse complementos téxtiles e capilares.

– CA4.4. Establecéronse as características e os criterios de selección de materiais.

– CA4.5. Establecéronse parámetros para a selección do complemento: tamaño, harmonía de cores e coordinación coas características persoais da clientela.

– CA4.6. Colocáronse complementos con criterios establecidos.

– CA4.7. Determináronse as pautas para a hixiene e o mantemento dos complementos téxtiles e accesorios.

• RA5. Aplica técnicas de asesoramento sobre coidados persoais establecendo as fases do proceso.

– CA5.1. Determináronse as pautas básicas de atención, asesoramento e adestramento no coidado persoal da clientela antes, durante e despois do tratamento.

– CA5.2. Establecéronse pautas de hixiene e mantemento persoal da pel, o pelo e as uñas.

– CA5.3. Identificáronse contraindicacións cosméticas.

– CA5.4. Establecéronse criterios de selección e utilización de filtros solares e cosmética personalizada.

– CA5.5. Proporcionáronselle á persoa usuaria pautas de automaquillaxe para paliar cambios estéticos en cellas e pestanas.

– CA5.6. Proporcionóuselle información á clientela para lle facilitar a colocación, a hixiene e o mantemento de próteses capilares e complementos.

– CA5.7. Asesorouse sobre os tratamentos estéticos e coidados persoais que pode realizar e os non recomendados ou contraindicados.

1.10.2.2. Contidos básicos.

BC1. Organización do cambio ou mantemento da imaxe da persoa usuaria con necesidades estéticas especiais.

• Atención a persoas con necesidades especiais.

• Actitudes e aptitudes do persoal profesional: habilidades psicosociais e profesionais necesarias.

• Imaxe persoal do persoal profesional: vestimenta, calzado, hixiene corporal, peiteado e complementos.

• Preparación do contorno de traballo. Aplicación de medidas de seguridade e hixiene nestes procesos.

• Recepción, atención e acomodación da clientela. Técnicas de comunicación: entrevista. Análise de demandas, necesidades e expectativas da clientela.

• Medidas de preparación e protección do persoal profesional e da clientela. Hixiene postural e ergonomía.

• Métodos de limpeza, desinfección e/ou esterilización e precintaxe: clasificación, criterios de selección e pautas de aplicación.

• Aplicación de técnicas para a análise dermotricolóxica. Toma de imaxes.

• Procedementos para o cambio de imaxe en persoas usuarias con necesidades especiais: coidados reparadores, próteses capilares e complementos. Clasificación e descrición. Criterios de selección.

• Proposta de cambio de imaxe. Deseño da proposta a través de medios manuais e informáticos. Técnicas de presentación da proposta.

• Elaboración e formalización da ficha técnica e do consentimento informado.

BC2. Aplicación de coidados reparadores específicos.

• Clasificación dos coidados capilares e estéticos antes, durante e despois dos tratamentos médicos.

• Coidados específicos para o cabelo e o coiro cabeludo: protocolos, cosméticos e pautas de aplicación, e precaucións.

– Tratamentos de hixiene e mantemento.

– Cambios de cor, forma e lonxitude.

• Corrección de cellas e pestanas: deseño e medidas; elección da técnica e da cor: técnicas de realización.

• Perfilado da liña de ollo: técnicas de realización.

• Coidados específicos para mans: técnicas, cosméticos e utensilios; criterios de selección; pautas de aplicación.

• Indicacións e contraindicacións en coidados reparadores específicos para persoas usuarias con necesidades especiais.

BC3. Colocación de perrucas e próteses capilares parciais.

• Técnicas previas:

– Hixiene e acondicionamento do cabelo e do coiro cabeludo.

– Corte ou rasurado do cabelo.

– Utensilios, cosméticos e pautas de realización de técnicas previas. Medidas de precaución en persoas usuarias con necesidades estéticas especiais.

• Técnicas de atención á clientela.

• Personalización: criterios de selección de perrucas e próteses capilares parciais; toma de medidas e de mostras de cor.

• Técnica de preparación da base para as próteses capilares.

• Técnicas de colocación de perrucas e próteses capilares parciais.

• Técnicas de axuste e suxeición: clip, banda etc.

• Técnicas de conservación, hixiene, acondicionamento e acabamento en próteses capilares de pelo natural ou sintético.

BC4. Determinación de alternativas ás próteses capilares.

• Complementos téxtiles e accesorios: características; tipos, variantes, formas e deseños; criterios de selección.

• Combinación de complementos téxtiles e capilares como tiras tecidas, extensións, rastas etc.

• Características dos materiais empregados nos complementos téxtiles: criterios de selección.

• Técnicas previas: selección dos talles de sombreiros e gorros. Elección e harmonía de cores. Coordinación co estilo e a roupa.

• Técnica de colocación de complementos téxtiles e accesorios.

• Hixiene e mantemento de complementos téxtiles e accesorios.

BC5. Aplicación de técnicas de asesoramento sobre coidados persoais.

• Atención e asesoramento sobre coidados antes do tratamento.

• Asesoramento sobre coidados durante o tratamento.

– Pautas de hixiene e mantemento persoal de pel, pelo e uñas.

– Cosméticos: contraindicacións. Criterios de selección e utilización de filtros solares e cosmética personalizada.

• Pautas de automaquillaxe de cellas e pestanas.

• Asesoramento sobre coidados despois do tratamento.

– Tratamentos estéticos adaptados.

– Coidados persoais. Técnicas e tratamentos non recomendados e/ou contraindicados.

• Técnicas de adestramento para a colocación, a hixiene e o mantemento de próteses capilares e complementos.

1.10.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar coidados en persoas usuarias con necesidades especiais.

A definición desta función abrangue aspectos como:

– Organización do cambio ou o mantemento da imaxe da persoa usuaria con necesidades estéticas especiais.

– Aplicación de coidados reparadores específicos.

– Realización de operacións de elaboración de perrucas e postizos.

– Colocación de perrucas e próteses capilares.

– Determinación de alternativas ás próteses capilares.

– Aplicación de técnicas de adestramento no coidado persoal.

As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en establecementos e centros de atención a persoas usuarias con necesidades especiais.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais a), b), c), d), e), f), g), i) e n) do ciclo formativo e as competencias a), b), c), d), e), f ), g) e j).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Organización do cambio ou mantemento da imaxe da persoa usuaria con necesidades estéticas especiais.

– Aplicación de coidados reparadores específicos.

– Realización de operacións de elaboración de perrucas e postizos.

– Colocación de perrucas e próteses capilares.

– Determinación de alternativas ás próteses capilares.

– Aplicación de técnicas de adestramento no coidado persoal.

1.11. Módulo profesional: Proxecto de estilismo e dirección de peiteado.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1073.

• Duración: 26 horas.

1.11.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica necesidades do sector produtivo en relación con proxectos tipo que as poidan satisfacer.

– CA1.1. Clasificáronse as empresas do sector polas súas características organizativas e o tipo de produto ou servizo que ofrecen.

– CA1.2. Caracterizáronse as empresas tipo e indicáronse a súa estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

– CA1.3. Identificáronse as necesidades máis demandadas ás empresas.

– CA1.4. Valoráronse as oportunidades de negocio previsibles no sector.

– CA1.5. Identificouse o tipo de proxecto requirido para dar resposta ás demandas previstas.

– CA1.6. Determináronse as características específicas requiridas ao proxecto.

– CA1.7. Determináronse as obrigas fiscais, laborais e de prevención de riscos, e as súas condicións de aplicación.

– CA1.8. Identificáronse as axudas e as subvencións para a incorporación de novas tecnoloxías de produción ou de servizo que se propoñan.

– CA1.9. Elaborouse o guión de traballo para seguir na elaboración do proxecto.

• RA2. Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, onde inclúe e desenvolve as fases que o compoñen.

– CA2.1. Compilouse información relativa aos aspectos que se van tratar no proxecto.

– CA2.2. Realizouse o estudo da viabilidade técnica do proxecto.

– CA2.3. Identificáronse as fases ou as partes que compoñen o proxecto e o seu contido.

– CA2.4. Establecéronse os obxectivos procurados e identificouse o seu alcance.

– CA2.5. Prevíronse os recursos materiais e persoais necesarios para realizar o proxecto.

– CA2.6. Realizouse o orzamento correspondente.

– CA2.7. Identificáronse as necesidades de financiamento para a posta en marcha do proxecto.

– CA2.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para o seu deseño.

– CA2.9. Identificáronse os aspectos que se deben controlar para garantir a calidade do proxecto.

• RA3. Planifica a posta en práctica ou a execución do proxecto, para o que determina o plan de intervención e a documentación asociada.

– CA3.1. Estableceuse a secuencia de actividades ordenadas en función das necesidades de posta en práctica.

– CA3.2. Determináronse os recursos e a loxística necesarios para cada actividade.

– CA3.3. Identificáronse as necesidades de permisos e autorizacións para levar a cabo as actividades.

– CA3.4. Determináronse os procedementos de actuación ou execución das actividades.

– CA3.5. Identificáronse os riscos inherentes á posta en práctica e definiuse o plan de prevención de riscos, así como os medios e os equipamentos necesarios.

– CA3.6. Planificáronse a asignación de recursos materiais e humanos e os tempos de execución.

– CA3.7. Fíxose a valoración económica que dea resposta ás condicións da posta en práctica.

– CA3.8. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a posta en práctica ou execución.

• RA4. Define os procedementos para o seguimento e o control na execución do proxecto e xustifica a selección das variables e dos instrumentos empregados.

– CA4.1. Definiuse o procedemento de avaliación das actividades ou intervencións.

– CA4.2. Definíronse os indicadores de calidade para realizar a avaliación.

– CA4.3. Definiuse o procedemento para a avaliación das incidencias que se poidan presentar durante a realización das actividades, así como a súa solución e o seu rexistro.

– CA4.4. Definiuse o procedemento para xestionar os cambios nos recursos e nas actividades, incluíndo o sistema para o seu rexistro.

– CA4.5. Definiuse e elaborouse a documentación necesaria para a avaliación das actividades e do proxecto.

– CA4.6. Estableceuse o procedemento para a participación na avaliación das persoas usuarias ou da clientela e elaboráronse os documentos específicos.

– CA4.7. Estableceuse un sistema para garantir o cumprimento do prego de condicións do proxecto cando este exista.

• RA5. Elabora e expón o informe do proxecto realizado e xustifica o procedemento seguido.

– CA5.1. Enunciáronse os obxectivos do proxecto.

– CA5.2. Describiuse o proceso seguido para a identificación das necesidades das empresas do sector.

– CA5.3. Describiuse a solución adoptada a partir da documentación xerada no proceso de deseño.

– CA5.4. Describíronse as actividades en que se divide a execución do proxecto.

– CA5.5. Xustificáronse as decisións tomadas de planificación da execución do proxecto.

– CA5.6. Xustificáronse as decisións tomadas de seguimento e control na execución do proxecto.

– CA5.7. Formuláronse as conclusións do traballo realizado en relación coas necesidades do sector produtivo.

– CA5.8. Formuláronse, de ser o caso, propostas de mellora.

– CA5.9. Realizáronse, de ser o caso, as aclaracións solicitadas na exposición.

– CA5.10. Empregáronse ferramentas informáticas para a presentación dos resultados.

1.11.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional complementa a formación establecida para o resto dos módulos profesionais que integran o título nas funcións de análise do contexto, deseño do proxecto e organización da execución.

A función de análise do contexto inclúe as subfuncións de compilación de información, identificación de necesidades e estudo de viabilidade.

A función de deseño do proxecto ten como obxectivo establecer as liñas xerais para dar resposta ás necesidades presentadas, concretando os aspectos salientables para a súa realización. Inclúe as subfuncións de definición do proxecto, planificación da intervención e elaboración da documentación.

A función de organización da execución inclúe as subfuncións de programación de actividades, xestión de recursos e supervisión da intervención.

As actividades profesionais asociadas a estas funcións desenvólvense no sector do estilismo e dirección de peiteado.

Fomentarase e valorarase a creatividade, o espírito crítico e a capacidade de innovación nos procesos realizados, así como a adaptación da formación recibida en supostos laborais e en novas situacións.

O equipo docente exercerá a titoría das seguintes fases de realización do traballo, que se realizarán fundamentalmente de xeito non presencial: estudo das necesidades do sector produtivo, deseño, planificación e seguimento da execución do proxecto.

A exposición do informe, que realizará todo o alumnado, é parte esencial do proceso de avaliación e defenderase ante o equipo docente.

Polas súas propias características, a formación do módulo relaciónase con todos os obxectivos xerais do ciclo e con todas as competencias profesionais, persoais e sociais, bardante no relativo á posta en práctica de diversos aspectos da intervención deseñada.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo están relacionadas con:

– Execución de traballos en equipo.

– Responsabilidade e autoavaliación do traballo realizado.

– Autonomía e iniciativa persoal.

– Uso das TIC.

1.12. Módulo profesional: Formación e orientación laboral.

• Equivalencia en créditos ECTS: 5.

• Código: MP1074.

• Duración: 107 horas.

1.12.1. Unidade formativa 1: Prevención de riscos laborais.

• Código: MP1074_12.

• Duración: 45 horas.

1.12.1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Recoñece os dereitos e as obrigas das persoas traballadoras e empresarias relacionados coa seguridade e a saúde laboral.

– CA1.1. Relacionáronse as condicións laborais coa saúde da persoa traballadora.

– CA1.2. Distinguíronse os principios da acción preventiva que garanten o dereito á seguridade e á saúde das persoas traballadoras.

– CA1.3. Apreciouse a importancia da información e da formación como medio para a eliminación ou a redución dos riscos laborais.

– CA1.4. Comprendéronse as actuacións axeitadas ante situacións de emerxencia e risco laboral grave e inminente.

– CA1.5. Valoráronse as medidas de protección específicas de persoas traballadoras sensibles a determinados riscos, así como as de protección da maternidade e a lactación e de menores.

– CA1.6. Analizáronse os dereitos á vixilancia e protección da saúde no sector do estilismo e do peiteado.

– CA1.7. Asumiuse a necesidade de cumprir as obrigas das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos laborais.

• RA2. Avalía as situacións de risco derivadas da súa actividade profesional analizando as condicións de traballo e os factores de risco máis habituais do sector do estilismo e do peiteado.

– CA2.1. Determináronse as condicións de traballo con significación para a prevención nos contornos de traballo relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA2.2. Clasificáronse os factores de risco na actividade e os danos derivados deles.

– CA2.3. Clasificáronse e describíronse os tipos de danos profesionais, con especial referencia a accidentes de traballo e doenzas profesionais, relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA2.4. Identificáronse as situacións de risco más habituais nos contornos de traballo das persoas coa titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA2.5. Levouse a cabo a avaliación de riscos nun contorno de traballo, real ou simulado, relacionado co sector de actividade.

• RA3. Participa na elaboración dun plan de prevención de riscos e identifica as responsabilidades de todos os axentes implicados.

– CA3.1. Valorouse a importancia dos hábitos preventivos en todos os ámbitos e en todas as actividades da empresa.

– CA3.2. Clasificáronse os xeitos de organización da prevención na empresa en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais.

– CA3.3. Determináronse os xeitos de representación das persoas traballadoras na empresa en materia de prevención de riscos.

– CA3.4. Identificáronse os organismos públicos relacionados coa prevención de riscos laborais.

– CA3.5. Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia.

– CA3.6. Estableceuse o ámbito dunha prevención integrada nas actividades da empresa e determináronse as responsabilidades e as funcións de cadaquén.

– CA3.7. Definiuse o contido do plan de prevención nun centro de traballo relacionado co sector profesional da titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA3.8. Proxectouse un plan de emerxencia e evacuación para unha pequena ou mediana empresa do sector de actividade do título.

• RA4. Determina as medidas de prevención e protección no contorno laboral da titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA4.1. Definíronse as técnicas e as medidas de prevención e de protección que se deben aplicar para evitar ou diminuír os factores de risco, ou para reducir as súas consecuencias no caso de materializarse.

– CA4.2. Analizáronse o significado e o alcance da sinalización de seguridade de diversos tipos.

– CA4.3. Seleccionáronse os equipamentos de protección individual (EPI) axeitados ás situacións de risco atopadas.

– CA4.4. Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

– CA4.5. Identificáronse as técnicas de clasificación de persoas feridas en caso de emerxencia onde existan vítimas de diversa gravidade.

– CA4.6. Identificáronse as técnicas básicas de primeiros auxilios que se deben aplicar no lugar do accidente ante danos de diversos tipos, así como a composición e o uso da caixa de urxencias.

1.12.1.2. Contidos básicos.

BC1. Dereitos e obrigas en seguridade e saúde laboral.

• Relación entre traballo e saúde. Influencia das condicións de traballo sobre a saúde.

• Conceptos básicos de seguridade e saúde laboral.

• Análise dos dereitos e das obrigas das persoas traballadoras e empresarias en prevención de riscos laborais.

• Actuación responsable no desenvolvemento do traballo para evitar as situacións de risco no seu contorno laboral.

• Protección de persoas traballadoras especialmente sensibles a determinados riscos.

BC2. Avaliación de riscos profesionais.

• Análise de factores de risco ligados a condicións de seguridade, ambientais, ergonómicas e psicosociais.

• Determinación dos danos á saúde da persoa traballadora que se poden derivar das condicións de traballo e dos factores de risco detectados.

• Riscos específicos no sector do estilismo e do peiteado en función das probables consecuencias, do tempo de exposición e dos factores de risco implicados.

• Avaliación dos riscos atopados en situacións potenciais de traballo no sector do estilismo e do peiteado.

BC3. Planificación da prevención de riscos na empresa.

• Xestión da prevención na empresa: funcións e responsabilidades.

• Órganos de representación e participación das persoas traballadoras en prevención de riscos laborais.

• Organismos estatais e autonómicos relacionados coa prevención de riscos.

• Planificación da prevención na empresa.

• Plans de emerxencia e de evacuación en ámbitos de traballo.

• Elaboración dun plan de emerxencia nunha empresa do sector.

• Participación na planificación e na posta en práctica dos plans de prevención.

BC4. Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.

• Medidas de prevención e protección individual e colectiva.

• Protocolo de actuación ante unha situación de emerxencia.

• Aplicación das técnicas de primeiros auxilios.

• Actuación responsable en situacións de emerxencia e primeiros auxilios.

1.12.2. Unidade formativa 2: Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

• Código: MP1074_22.

• Duración: 62 horas.

1.12.2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Participa responsablemente en equipos de traballo eficientes que contribúan á consecución dos obxectivos da organización.

– CA1.1. Identificáronse os equipos de traballo en situacións de traballo relacionadas co perfil de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado, e valoráronse as súas vantaxes sobre o traballo individual.

– CA1.2. Determináronse as características do equipo de traballo eficaz fronte ás dos equipos ineficaces.

– CA1.3. Adoptáronse responsablemente os papeis asignados para a eficiencia e a eficacia do equipo de traballo.

– CA1.4. Empregáronse axeitadamente as técnicas de comunicación no equipo de traballo para recibir e transmitir instrucións e coordinar as tarefas.

– CA1.5. Determináronse procedementos para a resolución dos conflitos identificados no seo do equipo de traballo.

– CA1.6. Aceptáronse de forma responsable as decisións adoptadas no seo do equipo de traballo.

– CA1.7. Analizáronse os obxectivos alcanzados polo equipo de traballo en relación cos obxectivos establecidos e coa participación responsable e activa dos seus membros.

• RA2. Identifica os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e recoñéceos en diferentes situacións de traballo.

– CA2.1. Identificáronse o ámbito de aplicación, as fontes e os principios de aplicación do dereito do traballo.

– CA2.2. Distinguíronse os principais organismos que interveñen nas relacións laborais.

– CA2.3. Identificáronse os elementos esenciais dun contrato de traballo.

– CA2.4. Analizáronse as principais modalidades de contratación e identificáronse as medidas de fomento da contratación para determinados colectivos.

– CA2.5. Valoráronse os dereitos e as obrigas que se recollen na normativa laboral.

– CA2.6. Determináronse as condicións de traballo pactadas no convenio colectivo aplicable ou, en ausencia deste, as condicións habituais no sector profesional relacionado co título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA2.7. Valoráronse as medidas establecidas pola lexislación para a conciliación da vida laboral e familiar, e para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

– CA2.8. Analizouse o recibo de salarios e identificáronse os principais elementos que o integran.

– CA2.9. Identificáronse as causas e os efectos da modificación, a suspensión e a extinción da relación laboral.

– CA2.10. Identificáronse os órganos de representación das persoas traballadoras na empresa.

– CA2.11. Analizáronse os conflitos colectivos na empresa e os procedementos de solución.

– CA2.12. Identificáronse as características definitorias dos novos contornos de organización do traballo.

• RA3. Determina a acción protectora do sistema da Seguridade Social ante as continxencias cubertas e identifica as clases de prestacións.

– CA3.1. Valorouse o papel da Seguridade Social como piar esencial do estado social e para a mellora da calidade de vida da cidadanía.

– CA3.2. Delimitouse o funcionamento e a estrutura do sistema de Seguridade Social.

– CA3.3. Identificáronse, nun suposto sinxelo, as bases de cotización dunha persoa traballadora e as cotas correspondentes a ela e á empresa.

– CA3.4. Determináronse as principais prestacións contributivas de Seguridade Social, os seus requisitos e a súa duración, e realizouse o cálculo da súa contía nalgúns supostos prácticos.

– CA3.5. Determináronse as posibles situacións legais de desemprego en supostos prácticos sinxelos e realizouse o cálculo da duración e da contía dunha prestación por desemprego de nivel contributivo básico.

• RA4. Planifica o seu itinerario profesional seleccionando alternativas de formación e oportunidades de emprego ao longo da vida.

– CA4.1. Valoráronse as propias aspiracións, motivacións, actitudes e capacidades que permitan a toma de decisións profesionais.

– CA4.2. Tomouse conciencia da importancia da formación permanente como factor clave para a empregabilidade e a adaptación ás exixencias do proceso produtivo.

– CA4.3. Valoráronse as oportunidades de formación e emprego noutros estados da Unión Europea.

– CA4.4. Valorouse o principio de non discriminación e de igualdade de oportunidades no acceso ao emprego e nas condicións de traballo.

– CA4.5. Deseñáronse os itinerarios formativos profesionais relacionados co perfil profesional de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA4.6. Determináronse as competencias e as capacidades requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título e seleccionouse a formación precisa para as mellorar e permitir unha axeitada inserción laboral.

– CA4.7. Identificáronse as principais fontes de emprego e de inserción laboral para as persoas coa titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

– CA4.8. Empregáronse adecuadamente as técnicas e os instrumentos de procura de emprego.

– CA4.9. Prevíronse as alternativas de autoemprego nos sectores profesionais relacionados co título.

1.12.2.2. Contidos básicos.

BC1. Xestión do conflito e equipos de traballo.

• Diferenciación entre grupo e equipo de traballo.

• Valoración das vantaxes e os inconvenientes do traballo de equipo para a eficacia da organización.

• Equipos no sector do estilismo e do peiteado segundo as funcións que desempeñen.

• Dinámicas de grupo.

• Equipos de traballo eficaces e eficientes.

• Participación no equipo de traballo: desempeño de papeis, comunicación e responsabilidade.

• Conflito: características, tipos, causas e etapas.

• Técnicas para a resolución ou a superación do conflito.

BC2. Contrato de traballo.

• Dereito do traballo.

• Organismos públicos (administrativos e xudiciais) que interveñen nas relacións laborais.

• Análise da relación laboral individual.

• Dereitos e deberes derivados da relación laboral.

• Análise dun convenio colectivo aplicable ao ámbito profesional da titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

• Modalidades de contrato de traballo e medidas de fomento da contratación.

• Análise das principais condicións de traballo: clasificación e promoción profesional, tempo de traballo, retribución etc.

• Modificación, suspensión e extinción do contrato de traballo.

• Sindicatos e asociacións empresariais.

• Representación das persoas traballadoras na empresa.

• Conflitos colectivos.

• Novos contornos de organización do traballo.

BC3. Seguridade Social, emprego e desemprego.

• A Seguridade Social como piar do estado social.

• Estrutura do sistema de Seguridade Social.

• Determinación das principais obrigas das persoas empresarias e das traballadoras en materia de seguridade social.

• Protección por desemprego.

• Prestacións contributivas da Seguridade Social.

BC4. Procura activa de emprego.

• Coñecemento dos propios intereses e das propias capacidades formativo-profesionais.

• Importancia da formación permanente para a traxectoria laboral e profesional das persoas coa titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

• Oportunidades de aprendizaxe e emprego en Europa.

• Itinerarios formativos relacionados coa titulación de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

• Definición e análise do sector profesional do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado.

• Proceso de toma de decisións.

• Proceso de procura de emprego no sector de actividade.

• Técnicas e instrumentos de procura de emprego.

1.12.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para que o alumnado se poida inserir laboralmente e desenvolver a súa carreira profesional no sector do estilismo e do peiteado.

A formación do módulo contribúe a alcanzar os obxectivos xerais p), q), r), u) e y) do ciclo formativo e as competencias ñ), o), p), q), r) e u).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información para a elaboración de itinerarios formativo-profesionalizadores, en especial no referente ao sector do estilismo e do peiteado.

– Posta en práctica de técnicas activas de procura de emprego:

– Realización de probas de orientación e dinámicas sobre as propias aspiracións, competencias e capacidades.

– Manexo de fontes de información, incluídos os recursos de internet para a procura de emprego.

– Preparación e realización de cartas de presentación e currículos (potenciarase o emprego doutros idiomas oficiais na Unión Europea no manexo de información e elaboración do currículo Europass).

– Familiarización coas probas de selección de persoal, en particular a entrevista de traballo.

– Identificación de ofertas de emprego público ás que se pode acceder en función da titulación, e resposta á súa convocatoria.

– Formación de equipos na aula para a realización de actividades mediante o emprego de técnicas de traballo en equipo.

– Estudo das condicións de traballo do sector do estilismo e do peiteado a través do manexo da normativa laboral, dos contratos máis comunmente utilizados e do convenio colectivo de aplicación no sector do estilismo e do peiteado.

– Superación de calquera forma de discriminación no acceso ao emprego e no desenvolvemento profesional.

– Análise da normativa de prevención de riscos laborais que lle permita a avaliación dos riscos derivados das actividades desenvolvidas no sector produtivo, así como a colaboración na definición dun plan de prevención para a empresa e das medidas necesarias para a súa posta en práctica.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo semanais sexan consecutivas.

1.13. Módulo profesional: Empresa e iniciativa emprendedora.

• Equivalencia en créditos ECTS: 4.

• Código: MP1075.

• Duración: 53 horas.

1.13.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Desenvolve o seu espírito emprendedor identificando as capacidades asociadas a el e definindo ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación e a creatividade.

– CA1.1. Identificouse o concepto de innovación e a súa relación co progreso da sociedade e o aumento no benestar dos individuos.

– CA1.2. Analizouse o concepto de cultura emprendedora e a súa importancia como dinamizador do mercado laboral e fonte de benestar social.

– CA1.3. Valorouse a importancia da iniciativa individual, a creatividade, a formación, a responsabilidade e a colaboración como requisitos indispensables para ter éxito na actividade emprendedora.

– CA1.4. Analizáronse as características das actividades emprendedoras no sector do estilismo e do peiteado.

– CA1.5. Valorouse o concepto de risco como elemento inevitable de toda actividade emprendedora.

– CA1.6. Valoráronse ideas emprendedoras caracterizadas pola innovación, pola creatividade e pola súa factibilidade.

– CA1.7. Decidiuse a partir das ideas emprendedoras unha determinada idea de negocio do ámbito do estilismo e do peiteado, que ha servir de punto de partida para a elaboración do proxecto empresarial.

– CA1.8. Analizouse a estrutura dun proxecto empresarial e valorouse a súa importancia como paso previo á creación dunha pequena empresa.

• RA2. Decide a oportunidade de creación dunha pequena empresa para o desenvolvemento da idea emprendedora, logo da análise da relación entre a empresa e o contorno, do proceso produtivo, da organización dos recursos humanos e dos valores culturais e éticos.

– CA2.1. Valorouse a importancia das pequenas e medianas empresas no tecido empresarial galego.

– CA2.2. Analizáronse o impacto ambiental da actividade empresarial e a necesidade de introducir criterios de sustentabilidade nos principios de actuación das empresas.

– CA2.3. Identificáronse os principais compoñentes do contorno xeral que rodea a empresa e, en especial, nos aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

– CA2.4. Apreciouse a influencia na actividade empresarial das relacións coa clientela, con provedores, coas administracións públicas, coas entidades financeiras e coa competencia como principais integrantes do contorno específico.

– CA2.5. Determináronse os elementos do contorno xeral e específico dunha pequena ou mediana empresa de estilismo e peiteado en función da súa posible localización.

– CA2.6. Analizouse o fenómeno da responsabilidade social das empresas e a súa importancia como un elemento da estratexia empresarial.

– CA2.7. Valorouse a importancia do balance social dunha empresa relacionada co estilismo e co peiteado e describíronse os principais custos sociais en que incorren estas empresas, así como os beneficios sociais que producen.

– CA2.8. Identificáronse, en empresas de estilismo e peiteado, prácticas que incorporen valores éticos e sociais.

– CA2.9. Definíronse os obxectivos empresariais incorporando valores éticos e sociais.

– CA2.10. Analizáronse os conceptos de cultura empresarial e de comunicación e imaxe corporativas, así como a súa relación cos obxectivos empresariais.

– CA2.11. Describíronse as actividades e os procesos básicos que se realizan nunha empresa de estilismo e peiteado, e delimitáronse as relacións de coordinación e dependencia dentro do sistema empresarial.

– CA2.12. Elaborouse un plan de empresa que inclúa a idea de negocio, a localización, a organización do proceso produtivo e dos recursos necesarios, a responsabilidade social e o plan de márketing.

• RA3. Selecciona a forma xurídica tendo en conta as implicacións legais asociadas e o proceso para a súa constitución e posta en marcha.

– CA3.1. Analizouse o concepto de persoa empresaria, así como os requisitos que cómpren para desenvolver a actividade empresarial.

– CA3.2. Analizáronse as formas xurídicas da empresa e determináronse as vantaxes e as desvantaxes de cada unha en relación coa súa idea de negocio.

– CA3.3. Valorouse a importancia das empresas de economía social no sector do estilismo e do peiteado.

– CA3.4. Especificouse o grao de responsabilidade legal das persoas propietarias da empresa en función da forma xurídica elixida.

– CA3.5. Diferenciouse o tratamento fiscal establecido para cada forma xurídica de empresa.

– CA3.6. Identificáronse os trámites exixidos pola lexislación para a constitución dunha pequena ou mediana empresa en función da súa forma xurídica.

– CA3.7. Identificáronse as vías de asesoramento e xestión administrativa externas á hora de pór en marcha unha pequena ou mediana empresa.

– CA3.8. Analizáronse as axudas e subvencións para a creación e posta en marcha de empresas de estilismo e peiteado tendo en conta a súa localización.

– CA3.9. Incluíuse no plan de empresa información relativa á elección da forma xurídica, os trámites administrativos, as axudas e as subvencións.

• RA4. Realiza actividades de xestión administrativa e financeira básica dunha pequena ou mediana empresa, identifica as principais obrigas contables e fiscais e formaliza a documentación.

– CA4.1. Analizáronse os conceptos básicos de contabilidade, así como as técnicas de rexistro da información contable: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

– CA4.2. Describíronse as técnicas básicas de análise da información contable, en especial no referente ao equilibrio da estrutura financeira e á solvencia, á liquidez e á rendibilidade da empresa.

– CA4.3. Definíronse as obrigas fiscais (declaración censual, IAE, liquidacións trimestrais, resumos anuais etc.) dunha pequena e dunha mediana empresa relacionada co estilismo e co peiteado, e diferenciáronse os tipos de impostos no calendario fiscal (liquidacións trimestrais e liquidacións anuais).

– CA4.4. Formalizouse con corrección, mediante procesos informáticos, a documentación básica de carácter comercial e contable (notas de pedido, albarás, facturas, recibos, cheques, obrigas de pagamento e letras de cambio) para unha pequena e unha mediana empresa de estilismo e peiteado, e describíronse os circuítos que recorre esa documentación na empresa.

– CA4.5. Elaborouse o plan financeiro e analizouse a viabilidade económica e financeira do proxecto empresarial.

1.13.2 Contidos básicos.

BC1. Iniciativa emprendedora.

• Innovación e desenvolvemento económico. Principais características da innovación na actividade de estilismo e peiteado (materiais, tecnoloxía, organización da produción etc.).

• A cultura emprendedora na Unión Europea, en España e en Galicia.

• Factores clave das persoas emprendedoras: iniciativa, creatividade, formación, responsabilidade e colaboración.

• A actuación das persoas emprendedoras no sector do estilismo e do peiteado.

• O risco como factor inherente á actividade emprendedora.

• Valoración do traballo por conta propia como fonte de realización persoal e social.

• Ideas emprendedoras: fontes de ideas, maduración e avaliación destas.

• Proxecto empresarial: importancia e utilidade, estrutura e aplicación no ámbito de estilismo e peiteado.

BC2. A empresa e o seu contorno.

• A empresa como sistema: concepto, funcións e clasificacións.

• Análise do contorno xeral dunha pequena ou mediana empresa de estilismo e peiteado: aspectos tecnolóxico, económico, social, ambiental, demográfico e cultural.

• Análise do contorno específico dunha pequena ou mediana empresa de estilismo e peiteado: clientela, provedores, administracións públicas, entidades financeiras e competencia.

• Localización da empresa.

• A persoa empresaria. Requisitos para o exercicio da actividade empresarial.

• Responsabilidade social da empresa e compromiso co desenvolvemento sustentable.

• Cultura empresarial e comunicación e imaxe corporativas.

• Actividades e procesos básicos na empresa. Organización dos recursos dispoñibles. Externalización de actividades da empresa.

• Descrición dos elementos e estratexias do plan de produción e do plan de márketing.

BC3. Creación e posta en marcha dunha empresa.

• Formas xurídicas das empresas.

• Responsabilidade legal do empresariado.

• A fiscalidade da empresa como variable para a elección da forma xurídica.

• Proceso administrativo de constitución e posta en marcha dunha empresa.

• Vías de asesoramento para a elaboración dun proxecto empresarial e para a posta en marcha da empresa.

• Axudas e subvencións para a creación dunha empresa de estilismo e peiteado.

• Plan de empresa: elección da forma xurídica, trámites administrativos e xestión de axudas e subvencións.

BC4. Función administrativa.

• Análise das necesidades de investimento e das fontes de financiamento dunha pequena e dunha mediana empresa no sector do estilismo e do peiteado.

• Concepto e nocións básicas de contabilidade: activo, pasivo, patrimonio neto, ingresos, gastos e contas anuais.

• Análise da información contable: equilibrio da estrutura financeira e razóns financeiras de solvencia, liquidez e rendibilidade da empresa.

• Plan financeiro: estudo da viabilidade económica e financeira.

• Obrigas fiscais dunha pequena e dunha mediana empresa.

• Ciclo de xestión administrativa nunha empresa de estilismo e peiteado: documentos administrativos e documentos de pagamento.

• Coidado na elaboración da documentación administrativo-financeira.

1.13.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver a propia iniciativa no ámbito empresarial, tanto cara ao autoemprego como cara á asunción de responsabilidades e funcións no emprego por conta allea.

A formación do módulo permite alcanzar os obxectivos xerais p), q), r), s), t) e x) do ciclo formativo e as competencias ñ), o), p), q) e t).

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

– Manexo das fontes de información sobre o sector das empresas de estilismo e peiteado, incluíndo a análise dos procesos de innovación sectorial en marcha.

– Realización de casos e dinámicas de grupo que permitan comprender e valorar as actitudes das persoas emprendedoras e axustar a súa necesidade ao sector do estilismo e do peiteado.

– Utilización de programas de xestión administrativa e financeira para pequenas e medianas empresas do sector.

– Realización dun proxecto empresarial relacionado coa actividade de estilismo e peiteado, composto por un plan de empresa e un plan financeiro e que inclúa todas as facetas de posta en marcha dun negocio.

O plan de empresa incluirá os seguintes aspectos: maduración da idea de negocio, localización, organización da produción e dos recursos, xustificación da súa responsabilidade social, plan de márketing, elección da forma xurídica, trámites administrativos e axudas e subvencións.

O plan financeiro ha incluír o plan de tesouraría, a conta de resultados provisional e o balance previsional, así como a análise da súa viabilidade económica e financeira.

É aconsellable que o proxecto empresarial se vaia realizando conforme se desenvolvan os contidos relacionados nos resultados de aprendizaxe.

O correcto desenvolvemento deste módulo exixe a disposición de medios informáticos con conexión a internet e que, polo menos, dúas sesións de traballo sexan consecutivas.

1.14. Módulo profesional: Formación en centros de traballo.

• Equivalencia en créditos ECTS: 22.

• Código: MP1076.

• Duración: 384 horas.

1.14.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

• RA1. Identifica a estrutura e a organización da empresa en relación co tipo de servizo que presta.

– CA1.1. Identificáronse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

– CA1.2. Comparouse a estrutura da empresa coas organizacións empresariais tipo existentes no sector.

– CA1.3. Relacionáronse as características do servizo e o tipo de clientela co desenvolvemento da actividade empresarial.

– CA1.4. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento da prestación de servizo.

– CA1.5. Valoráronse as competencias necesarias dos recursos humanos para o desenvolvemento óptimo da actividade.

– CA1.6. Valorouse a idoneidade das canles de difusión máis frecuentes nesta actividade.

• RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional de acordo coas características do posto de traballo e cos procedementos establecidos na empresa.

– CA2.1. Recoñecéronse e xustificáronse:

– Dispoñibilidade persoal e temporal necesarias no posto de traballo.

– Actitudes persoais (puntualidade, empatía etc.) e profesionais (orde, limpeza, responsabilidade etc.) necesarias para o posto de traballo.

– Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional.

– Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

– Actitudes relacionais co propio equipo de traballo e coa xerarquía establecida na empresa.

– Actitudes relacionadas coa documentación das actividades realizadas no ámbito laboral.

– Necesidades formativas para a inserción e a reinserción laboral no ámbito científico e técnico do bo facer profesional.

– CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais de aplicación na actividade profesional.

– CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

– CA2.4. Mantívose unha actitude de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas.

– CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

– CA2.6. Responsabilizouse do traballo asignado interpretando e cumprindo as instrucións recibidas.

– CA2.7. Estableceuse unha comunicación eficaz coa persoa responsable en cada situación e cos membros do equipo.

– CA2.8. Coordinouse co resto do equipo comunicando as incidencias salientables que se presenten.

– CA2.9. Valorouse a importancia da súa actividade e a necesidade de adaptación aos cambios de tarefas.

– CA2.10. Responsabilizouse da aplicación das normas e dos procedementos no desenvolvemento do seu traballo.

• RA3. Participa na organización de instalacións e recursos planificando as actividades e colaborando na elaboración de protocolos da empresa.

– CA3.1. Interpretáronse as instrucións recibidas do titor ou da titora na empresa e comunicáronse as desviacións detectadas.

– CA3.2. Valorouse a propia imaxe persoal como imaxe de empresa coidando aspectos como a hixiene persoal, a maquillaxe, o peiteado, a indumentaria etc.

– CA3.3. Manexáronse os tipos de información e documentación utilizadas e xeradas.

– CA3.4. Colaborouse na loxística e no aprovisionamento de produtos e materiais utilizados nos servizos ofrecidos pola empresa.

– CA3.5. Xestionáronse os ficheiros de servizos, persoal empregado, clientela, produtos e provedores.

– CA3.6. Interpretáronse os protocolos de comunicación e atención á clientela en todas as fases do proceso (desde o acollemento e a recepción telefónica ou presencial ata a despedida).

– CA3.7. Organizouse a axenda de xeito manual ou informatizado.

– CA3.8. Colaborouse na elaboración de protocolos técnicos, comerciais, de seguridade e hixiene, de calidade etc.

– CA3.9. Xestionouse o mantemento das instalacións e dos equipamentos utilizados.

– CA3.10. Traballouse en equipo nos plans da empresa amosando iniciativa e interese.

• RA4. Adapta os protocolos de tratamentos capilares e coidados en persoas usuarias especiais colaborando na súa execución e optimizando os recursos dispoñibles.

– CA4.1. Preparáronse as instalacións comprobando que os equipamentos e os accesorios cumpren os requisitos de seguridade exixidos pola normativa.

– CA4.2. Estableceuse o tratamento, logo do diagnóstico dermotricolóxico.

– CA4.3. Seleccionáronse os medios e os produtos en función da técnica que se vaia empregar.

– CA4.4. Aplicáronse as técnicas previas ao tratamento.

– CA4.5. Realizáronse tratamentos capilares, adaptación de perrucas e complementos no tempo e na forma adecuados.

– CA4.6. Aplicáronse as técnicas manuais de masaxe capilar segundo as características da alteración que se deba tratar.

– CA4.7. Realizáronse coidados reparadores en persoas con necesidades especiais.

– CA4.8. Interpretáronse os procedementos de coidados capilares antes e despois de enxertos e implantacións capilares.

– CA4.9. Informouse sobre os coidados, as precaucións e a periodicidade do tratamento, para potenciar o resultado.

– CA4.10. Cubriuse a documentación técnica relativa ás características da clientela, ao diagnóstico e aos procedementos empregados.

• RA5. Realiza a montaxe de peiteados para medios audiovisuais e/ou sociais aplicando técnicas de peiteado e seguindo os procedementos establecidos.

– CA5.1. Deseñáronse peiteados para medios audiovisuais, pasarela e/ou actos sociais.

– CA5.2. Organizáronse as instalacións.

– CA5.3. Recoñecéronse as características do cabelo e do coiro cabeludo.

– CA5.4. Identificáronse as características do acto social ou audiovisual e da pasarela.

– CA5.5. Seleccionáronse os equipamentos, os utensilios e os cosméticos.

– CA5.6. Relacionáronse os trazos morfolóxicos coa selección do peiteado.

– CA5.7. Identificáronse as técnicas de peiteado necesarias para elaborar un personaxe en producións audiovisuais e pasarelas.

– CA5.8. Realizáronse as operacións de acondicionamento e os procedementos de coloración, descoloración, alisadura e ondulación permanente.

– CA5.9. Realizáronse os peiteados e os recollidos.

– CA5.10. Adaptáronse ao peiteado perrucas, complementos e outras próteses capilares.

• RA6. Colabora no deseño e na realización de cambios de estilo no cabelo analizando as características da clientela e aplicando técnicas de corte.

– CA6.1. Identificáronse as necesidades e os trazos morfolóxicos da clientela.

– CA6.2. Resolvéronse os elementos que conforman o estilo persoal da clientela a través da observación, mediante un cuestionario.

– CA6.3. Relacionáronse o peiteado, a maquillaxe e o vestiario co cambio de estilo.

– CA6.4. Establecéronse pautas de información á clientela na presentación da proposta do cambio de estilo persoal.

– CA6.5. Realizouse un orzamento conforme a proposta técnica presentada.

– CA6.6. Planificouse de xeito metódico a realización dos procesos implicados.

– CA6.7. Seleccionáronse medios, técnicas e cosméticos.

– CA6.8. Aplicáronse as técnicas de corte en forma e tempo adecuados.

– CA6.9. Controlouse o proceso e seguíronse as normas de calidade da empresa.

– CA6.10. Aplicáronse as medidas de hixiene e desinfección.

• RA7. Comercializa produtos e servizos desenvolvendo as técnicas de márketing.

– CA7.1. Identificáronse os tipos de produtos e servizos que ofrece a empresa.

– CA7.2. Mantívose coas persoas usuarias un comportamento profesional propio dunha empresa de servizo.

– CA7.3. Analizáronse e seguíronse as técnicas de venda máis habituais na empresa.

– CA7.4. Identificáronse as técnicas de merchandising utilizadas no local para fomentar as compras.

– CA7.5. Estableceuse coa persoa usuaria unha linguaxe técnica para informar e asesorar sobre os hábitos, os produtos e os servizos ofrecidos.

– CA7.6. Puxéronse en marcha os procedementos de resolución de reclamacións e queixas.

1.14.2. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contribúe a completar as competencias do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado e os obxectivos xerais do ciclo, tanto os que se alcanzasen no centro educativo como os de difícil consecución nel.

2. Anexo II

A) Espazos mínimos.

Espazo formativo

Superficie en m2

(30 alumnos/as)

Superficie en m2

(20 alumnos/as)

Grao de utilización

Aula polivalente

60

40

30 %

Aula técnica de peiteado

120

90

60 %

Laboratorio de cosmetoloxía

90

60

10 %

• A consellería con competencias en materia de educación poderá autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos e alumnas, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

• O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas no centro educativo, por un grupo de alumnado, respecto da duración total destas.

• Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos ou alumnas que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

• En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

B) Equipamentos mínimos.

Equipamento

– Moblaxe adecuada para cada espazo.

– Equipamentos audiovisuais. Cámara de vídeo e fotográfica.

– Equipamentos informáticos instalados en rede e con conexión á internet.

– Software de propósito xeral e específico para a xestión do salón de peiteado e para o tratamento da imaxe e o deseño gráfico e dixital.

– Equipamentos para a análise capilar: lupas, luz de Wood, medidor de hidratación, sebómetro, microcámara, microvisor etc.

– Equipamentos para a limpeza e a desinfección de utensilios.

– Esterilizador de bólas de cuarzo.

– Esterilizador por radiacións UVC de calor seca e autoclave.

– Ferramentas para o arranxo da barba.

– Ferramentas e materiais para a confección de perrucas e postizos.

– Infravermellos.

– Lavacabezas con cadeiras de brazos.

– Material de laboratorio de peiteado.

– Destilador de auga (3 l/h).

– Moblaxe específica: tallos de salón de peiteado, lavacabezas (dous servizos), mesas-carro con bandexa e toucadores con espello e luz.

– Recuperador electrónico.

– Secadores fixos.

– Utensilios e materiais de peiteado.

– Vaporal con ozono.

– Aparellos de calor seca: prancha de alisar, prancha de rizar, secadores de man e tenaces con termóstato.

– Cabezas manequín, de madeira e de pórex.

3. Anexo III.

A) Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado.

Módulo profesional

Especialidade do profesorado

Corpo

  • MP0750. Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1064. Dermotricoloxía.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1066. Tratamentos capilares.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1069. Estilismo en peiteado.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1070. Estudo da imaxe.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1071. Dirección e comercialización.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1072. Peiteado en coidados especiais.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1073. Proxecto de estilismo e dirección de peiteado.

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

Perrucaría.

Profesorado técnico de formación profesional.

  • MP1074. Formación e orientación laboral.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

  • MP1075. Empresa e iniciativa emprendedora.

Formación e Orientación Laboral.

Catedráticos/as de ensino secundario.

Profesorado de ensino secundario.

B) Titulacións equivalentes para efectos de docencia.

Corpos

Especialidades

Titulacións

• Profesorado de ensino secundario.

Formación e Orientación Laboral.

  • Diplomado/a en Ciencias Empresariais.
  • Diplomado/a en Relacións Laborais
  • Diplomado/a en Traballo Social.
  • Diplomado/a en Educación Social.
  • Diplomado/a en Xestión e Administración Pública.

• Profesorado técnico de formación profesional.

Perrucaría.

  • Técnico/a superior en Asesoría de Imaxe Persoal.
  • Técnico/a especialista en Perrucaría.

C) Titulacións requiridas para a impartición dos módulos profesionais que conforman o título para os centros de titularidade privada e doutras administracións distintas da educativa, e orientacións para a Administración educativa.

Módulos profesionais

Titulacións

  • MP0750. Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal.
  • MP1064. Dermotricoloxía.
  • MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.
  • MP1070. Estudo da imaxe.
  • MP1071. Dirección e comercialización.
  • MP1074. Formación e orientación laboral.
  • MP1075. Empresa e iniciativa emprendedora.
  • Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes para os efectos de docencia.
  • MP1066. Tratamentos capilares.
  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.
  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.
  • MP1069. Estilismo en peiteado.
  • MP1072. Peiteado en coidados especiais.
  • MP1073. Proxecto de estilismo e dirección de peiteado.
  • Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
  • Diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou arquitecto/a técnico/a ou o título de grao correspondente ou outros títulos equivalentes.
  • Técnico/a superior en Asesoría de Imaxe Persoal.
  • Técnico/a especialista en Perrucaría.

4. Anexo IV

A) Correspondencia das unidades de competencia acreditadas consonte o establecido no artigo 8 da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, cos módulos profesionais para a súa validación.

Unidades de competencia acreditadas

Módulos profesionais validables

  • UC1261_3: realizar o diagnóstico e deseñar tratamentos capilares estéticos.
  • MP1064. Dermotricoloxía.
  • MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.
  • UC1262_3: realizar tratamentos capilares estéticos en condicións de seguridade e hixiene.
  • MP1066. Tratamentos capilares.
  • UC0348_2: realizar cambios de cor totais ou parciais no cabelo.
  • UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.
  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.
  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.
  • UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.
  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.
  • UC0351_2: cortar o cabelo e realizar o arranxo e o rasurado de barba e bigote.
  • UC0793_3: asesorar a clientela sobre a súa imaxe persoal, mediante o coidado e a transformación estética do cabelo e do pelo do rostro.
  • MP1069. Estilismo en peiteado.
  • UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.
  • UC0795_3: dirixir e xestionar as actividades desenvolvidas en empresas de imaxe persoal.
  • MP1071. Dirección e comercialización.

NOTA: as persoas matriculadas no ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado que teñan acreditadas todas as unidades de competencia incluídas no título, de acordo co procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, terán validados os módulos profesionais «MP1072. Peiteado en coidados especiais» e «MP1070. Estudo da imaxe».

B) Correspondencia dos módulos profesionais coas unidades de competencia para a súa acreditación.

Módulos profesionais superados

Unidades de competencia acreditables

  • MP1064. Dermotricoloxía.
  • MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.
  • UC1261_3: realizar o diagnóstico e deseñar tratamentos capilares estéticos.
  • MP1066. Tratamentos capilares.
  • UC1262_3: realizar tratamentos capilares estéticos en condicións de seguridade e hixiene.
  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.
  • UC0348_2: realizar cambios de cor totais ou parciais no cabelo.
  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.
  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.
  • UC0348_2: realizar cambios de cor totais ou parciais no cabelo.
  • UC0794_3: realizar protocolos técnicos e peiteados para salóns de peiteado e producións audiovisuais e escénicas.
  • MP1069. Estilismo en peiteado.
  • UC0351_2: cortar o cabelo e realizar o arranxo e o rasurado de barba e bigote.
  • UC0793_3: asesorar a clientela sobre a súa imaxe persoal, mediante o coidado e a transformación estética do cabelo e do pelo do rostro.
  • MP1071. Dirección e comercialización.
  • UC0352_2: asesorar e vender produtos e servizos para a imaxe persoal.
  • UC0795_3: dirixir e xestionar as actividades desenvolvidas en empresas de imaxe persoal.

5. Anexo V.

Organización dos módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior de Estilismo e Dirección de Peiteado para o réxime ordinario.

Curso

Módulo

Duración

Especialidade do profesorado

MP0750. Procesos fisiolóxicos e de hixiene en imaxe persoal.

133

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

MP1064. Dermotricoloxía.

160

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.

187

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.

293

Perrucaría.

MP1072. Peiteado en coidados especiais.

80

Perrucaría.

MP1074. Formación e orientación laboral.

107

Formación e Orientación Laboral.

Total 1º

(FCE)

960

MP1066. Tratamentos capilares.

105

Perrucaría.

MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.

123

Perrucaría.

MP1069. Estilismo en peiteado.

175

Perrucaría.

MP1070. Estudo da imaxe.

87

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

MP1071. Dirección e comercialización.

87

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

MP1075. Empresa e iniciativa emprendedora.

53

Formación e Orientación Laboral.

Total 2º

(FCE)

630

MP1073. Proxecto de estilismo e dirección de peiteado.

26

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal.

Perrucaría.

MP1076. Formación en centros de traballo.

384

6. Anexo VI.

Organización dos módulos profesionais en unidades formativas de menor duración.

Módulo profesional

Unidades formativas

Duración

  • MP1064. Dermotricoloxía.
  • MP1064_12. Anatomía, fisioloxía e patoloxías básicas do coiro cabeludo e os anexos cutáneos.

60

  • MP1064_22. Análise dermotricolóxica.

100

  • MP1065. Recursos técnicos e cosméticos.
  • MP1065_12. Recursos técnicos.

40

  • MP1065_22. Recursos cosméticos.

147

  • MP1067. Procedementos e técnicas de peiteado.
  • MP1067_13. Cambios de forma temporal e permanente.

93

  • MP1067_23. Cambios de cor.

100

  • MP1067_33. Procesos técnicos combinados (cambios de forma e de cor).

100

  • MP1068. Peiteados para producións audiovisuais e de moda.
  • MP1068_12. Peiteado en producións audiovisuais e moda.

90

  • MP1068_22. Proxecto artístico.

33

  • MP1069. Estilismo en peiteado.
  • MP1069_12. Presentación e realización de estilismos.

140

  • MP1069_22. Creación de novos estilos de imaxe.

35

  • MP1072. Peiteado en coidados especiais.
  • MP1072_12. Elaboración de próteses capilares.

50

  • MP1072_22. Asesoría e coidados en necesidades estéticas especiais.

30

  • MP1074. Formación e orientación laboral.
  • MP1074_12. Prevención de riscos laborais.

45

  • MP1074_22. Equipos de traballo, dereito do traballo e da seguridade social, e procura de emprego.

62