Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2013 Páx. 28483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 30 de maio de 2013, da Área Provincial de Ourense, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución de perda do dereito ao cobramento da subvención para a rehabilitación e renovación da calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia que xa están en posesión da cédula de rehabilitación de calidade (Orde do 18 de febreiro de 2009).

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución do procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 30 de maio de 2013

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: O-CS-0060/09.

Responsable: Francisco Rodríguez Vázquez.

Enderezo: estrada de Madrid, nº 36-4º esq.; 28620 Aldea del Fresno- Madrid.

Resolución que se notifica: perda do dereito ao cobramento da subvención para a rehabilitación e renovación da calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia que xa están en posesión da cédula de rehabilitación de calidade (Orde do 18 de febreiro de 2009).